A Xunta elevará ata 6,6 millóns de euros o orzamento do Plan Corresponsables para chegar a 22 novos concellos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Con esta ampliación de crédito, a convocatoria deste ano sube un 33% con respecto á do 2023
  • Destacan tamén os máis de catro millóns de euros que se destinan ao pago de persoas dos 84 Centros de Información á Muller que dan servizo a 191 concellos
  • Así mesmo, o Executivo autonómico apoia o traballo de 86 entidades sociais e 185 ANPAS en prol da igualdade de xénero, a conciliación, a corresponsabilidade e a atención a mulleres en situación de vulnerabilidade
  • O Goberno galego pon en marcha nos festivais con maior asistencia do verán unha área de igualdade e punto lila arcoiris, obxectivo de que estes eventos de lecer se convertan tamén nun espazo de sensibilización, concienciación e aprendizaxe

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

A Xunta ampliará en case 650.000 euros o orzamento do Plan Corresponsables destinado aos concellos galegos, de tal xeito que a convocatoria deste ano acadará os 6,6 millóns de euros, un 33% máis con respecto a 2023. A directora xeral de Promoción da Igualdade, Maria Quintiana, avanzou esta novidade na súa comparecencia na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia.

María Quintiana explicou que este incremento de fondos permitirá apoiar os programas para o fomento da conciliación e a corresponsabilidade de 22 novos concellos. Así mesmo, sinalou que esta medida obedece ao convencemento de que a igualdade debe ser un obxectivo prioritario de todas as administracións públicas.

Ademais do reforzo do Plan Corresponsables, a directora xeral destacou outras axudas dirixidas tanto aos concellos como ás entidades locais, como a liña de achegas dotada de 500.000 euros para a promoción da igualdade e contra a violencia de xénero ou os máis de catro millóns de euros que se destinan ao pago do persoal dos 84 Centros de Información á Muller que dan servizo a 191 municipios.

Entidades de iniciativa social

Na súa intervención, Maria Quintiana tamén se referiu o importante labor que desenvolven as entidades de iniciativa social no eido da igualdade de xénero. Un traballo que o Executivo autonómico apoia a través de dúas convocatorias de axuda que suman 2,3 millóns de euros e que benefician este ano a 86 entidades.

Estas achegas permiten ás entidades o desenvolvemento de programas de atención especializada de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, así como iniciativas que facilitan a conciliación e a corresponsabilidade das familias con menores a cargo de ata 16 anos.

Así mesmo, a estas subvencións engádense ás axudas con cargo ao 0,7% do IRPF para entidades sen ánimo de lucro, que este ano superarán por primeira vez o millón de euros.

Axudas para as ANPAS

A directora xeral de Promoción da Igualdade abordou tamén as dúas ordes de axuda que desde esta área se poñen á disposición das Asociacións de Nais e Pais (ANPAS). Un total de 185 entidades beneficiáronse este ano destas axudas que suman case un millón de euros.

Maria Quintiana indicou que a súa Dirección Xeral conta este ano cun orzamento de 27 millóns de euros para seguir avanzando na igualdade. Un traballo que, segundo explicou, xira ao redor de tres eixes: o primeiro deles consiste en accións de fomento da igualdade a través de medidas específicas en favor das mulleres para corrixir a fenda de desigualdade entre mulleres e homes. O segundo é a transversalidade de xénero en toda a acción política da Xunta de Galicia e, o terceiro, o traballo en prol dos dereitos do colectivo LGTBI.

Apoio ao colectivo LGBTI

Na véspera do Día internacional do Orgullo LGBTI, a directora xeral destacou o traballo que se desenvolve para o apoio colectivo LGBTI. Neste sentido, lembrou que Galicia é referente desde o ano 2014 en España por ter unha lei propia que consolida o principio de igualdade para as persoas LGBTI, que en 2024 se duplicou o orzamento para apoiar o movemento asociativo co que se asinan anualmente convenios con diversas entidades e tamén o traballo que se realiza no Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero desde 2018.

Neste ámbito do Observatorio, lembrou que se puxeron en marcha grupos de traballo para facer fincapé en como acabar coa LGBTIfobia en eidos prioritarios como a educación, o deporte e a familia; e avanzou que se está traballando nun Protocolo para a atención nos CIM ás persoas LGBTI que se presentará no próximo pleno deste órgano en novembro.

Para finalizar, recordou tamén a creación do servizo 028 Arco de Vella de atención especializada ao colectivo. Ademais da posta en marcha nos festivais de música con maior asistencia do verán, coa colaboración de Turismo de Galicia, dunha área de Igualdade e punto lila e arcoiris.

O obxectivo é que estes eventos de lecer se convertan tamén nun espazo de sensibilización, concienciación e aprendizaxe en clave de igualdade, ao mesmo tempo que ofrecen atención e asesoramento ás posibles vítimas por violencia de xénero, agresións sexuais e LGBTIfóbicas. Será cun equipo especializado no Portamerica, Festival de Ortigueira, Atlantic Fest, Morriña Fest, Río Verbena e Caudal Fest.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291142 {"title":"A Xunta elevará ata 6,6 millóns de euros o orzamento do Plan Corresponsables para chegar a 22 novos concellos","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100148-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291142"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291142-xunta-elevara-ata-6-6-millons-euros-orzamento-do-plan-corresponsables-chegar-22-novos-concellos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.