Medio Rural aposta pola formación e a remuda xeracional no agro coa oferta de máis prazas e novos ciclos de FP dual nos seus centros específicos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería seguirá promovendo axudas de incorporación ao campo e iniciativas novas como o Banco de Explotacións ou o Plan de formación, asesoramento e titorización recentemente anunciado
  • Gómez salientou a importancia de orientar os coñecementos teóricos e prácticos en base ás necesidades reais do sector

Boqueixón (A Coruña), 20 de xuño de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou hoxe na clausura do acto de graduación do alumnado dos ciclos formativos dos Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA). Gómez fixo referencia aos máis de 500 alumnos que reciben formación nos CFEA de Becerreá, Pedro Murias, Guísamo, Lourizán e Sergude e destacou o aumento de 36 prazas para o próximo curso (ata as 364), ademais da implantación de novos ciclos en modalidade dual intensiva, concretamente o de grao medio en Produción Agroecolóxica no Pedro Murias e outro de grao superior en Paisaxismo e Medio Rural en Guísamo.

A titular de Medio Rural aludiu tamén ao obxectivo da remuda xeracional que ten a Xunta e ás accións que se levan a cabo nesta liña como as axudas a incorporación ao agro, das que se teñen beneficiado preto de 5.000 mozos e que por primeira vez no 2024 van contar coa presenza dun titor á súa disposición para orientalos  en relación ao mundo laboral.

No marco do propósito de afianzar o futuro do rural galego, mencionou o Banco de Explotacións, unha iniciativa que poñerá en contacto a persoas que queiran iniciar unha actividade no sector con outras que se retiren del, así como o Plan de formación, asesoramento e titorización, anunciado recentemente no Parlamento, e que contempla á mocidade como un dos colectivos prioritarios.

Ademais, salientou a importancia de orientar os coñecementos teóricos e prácticos en base ás necesidades reais do sector e avanzou que esta será unha das prioridades de traballo para os próximos anos nestes centros. "A formación práctica é fundamental, e baixo este obxectivo traballaremos: ofrecendo máis experiencias ao alumnado", destacou.

Os Centros de Formación e Experimentación Agraria

Os Centros de Formación e Experimentación Agraria están adscritos á Axencia Galega da Calidade Alimentaria e levan preto de 50 anos formando profesionais no sector agrario galego, o que permite ofrecer unha formación de calidade, eminentemente práctica e participativa. É salientable, ademais, os numerosos proxectos colaborativos con empresas, universidades e administracións públicas que permiten impartir unha formación integral do alumnado, o que supón altas cifras de inserción laboral e elevados índices de autoemprego.

Entre os ciclos medios ofertados atópanse o de Aproveitamento e Conservación do Medio Rural, Xardinaría e Floraría, Produción Agropecuaria e Produción Agroecolóxica. No eido dos ciclos superiores, impártese o de Xestión Forestal e do Medio Natural, o de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal e o de Paisaxismo e Medio Rural.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278726 {"title":"Medio Rural aposta pola formación e a remuda xeracional no agro coa oferta de máis prazas e novos ciclos de FP dual nos seus centros específicos","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150810\/240620_ConseMR_Graduacion+CFEA+I.jpg","id":"278726"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278726-medio-rural-aposta-pola-formacion-e-remuda-xeracional-agro-coa-oferta-mais-prazas-e-novos-ciclos-fp-dual-nos-seus-centros-especificos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.