A Xunta aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras na noite de San Xoán

  • A Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 reforza o seu persoal ante o incremento do número de chamadas por intoxicacións, accidentes de tráfico ou queimaduras
  • Durante a noite de San Xoán do ano 2023 atendéronse 76 intoxicacións etílicas ou por drogas, seis accidentes de tráfico e nove persoas con queimaduras

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2024

A Xunta aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras para evitar incidentes durante a celebración da noite de San Xoán.

Un ano máis, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, servizo que coordina as urxencias e emerxencias sanitarias na comunidade, reforza o seu persoal na franxa horaria en que ten lugar esta celebración ante o incremento da demanda sanitaria.

Así, as intoxicacións etílicas ou por drogas, os accidentes de tráfico ou as queimaduras  producidas no ámbito das cacharelas constitúen a causa principal das chamadas de consulta e asistencia sanitaria.

Por iso, ante a celebración da tradicional festividade das fogueiras de Xan Xoán é importante seguir os seguintes consellos:

En primeiro lugar, as fogueiras supoñen un compoñente de perigo, tanto polo lume como polo fume producido nas mesmas. Por iso, é importante elixir o sitio onde facer as cacharelas. Non debe ser en lugares pechados, evitando a proximidade de cables de alta tensión, e sempre vixiando a altura e a distancia do lume a estes.

Para prender as fogueiras non deben utilizarse líquidos inflamables e non se debe arroxar ao lume envases herméticos, sprays, pilas, nin manipular petardos cerca do mesmo. É recomendable ter sempre a man extintores ou auga por se fose necesario. Unha vez prendido o lume, débese evitar que os nenos se acheguen ás fogueiras e extremar as precaucións.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 aconsella situarse de costas á dirección do vento, especialmente se a persoa sofre dalgunha patoloxía respiratoria, para evitar que as chamas e o fume se dirixan cara a ela, e así evitar lesións por lume ou pola inhalación de fumes.

Á hora de saltar as cacharelas débense evitar as pezas de roupa sintéticas e utilizar preferiblemente as de algodón. No caso de que a roupa prenda lume, non corra. Só conseguirá avivar as lapas e dificultar que as apaguen. Tírese ao chan e móvase ou quede quedo mentres as apagan.

Se algunha persoa sofre algún tipo de queimaduras, é importante alertar ao 061 inmediatamente. Mentres chega a axuda, o médico da Central de Coordinación daralle os consellos necesarios. Como norma xeral, é útil lavar con abundante auga a zona afectada se a queimadura é de pouca extensión. No caso de que sexa extensa, non utilice auga fría por risco de hipotermia.

Tamén é importante non realizar desprazamentos en automóbil no caso de consumir alcohol ou drogas, xa que o consumo destes pode propiciar somnolencia e falta de reflexos, condicións que favorecen os accidentes de tráfico.

San Xoán 2023

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na noite de San Xoán do ano pasado 76 intoxicacións etílicas ou por drogas, seis accidentes de tráfico, con sete persoas implicadas e nove persoas con queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado foi desde as 21,00 horas do venres 23 de xuño  ata as 09,00 horas do sábado 24 de xuño.

Pontevedra, con 38 intoxicacións etílicas ou por drogas, foi a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida da Coruña con 30, Lugo con seis e Ourense con dúas persoas atendidas. 53 persoas foron asistidas no punto e non requiriron traslado e 23 foron trasladadas a centros sanitarios.

As queimaduras atendidas polo 061 na noite de San Xoán foron nove. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu cinco persoas na Coruña e catro en Pontevedra. Todos os pacientes necesitaron ser trasladados a un centro hospitalario.

No caso dos accidentes de tráfico foron asistidas sete persoas en seis accidentes de tráfico. A Coruña, Pontevedra e Ourense rexistraron dous accidentes de tráfico respectivamente. Do total de persoas atendidas, cinco foron trasladadas a centros sanitarios e dúas foron asistidas no punto sen necesitar traslado.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
282165 {"title":"A Xunta aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras na noite de San Xoán","published_date":"2024-06-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"282165"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-22/282165-xunta-aconsella-precaucion-co-consumo-alcohol-conducion-e-lume-das-fogueiras-na-noite-san-xoan https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.