A Xunta e o concello de Ponteareas asinan a cesión da parcela para construír o novo centro de saúde

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O terreo está situado no lugar de Barral e dispón de máis de 5.700 m2
  • A construción dun novo centro de saúde en Ponteareas está prevista no Plan de infraestruturas sanitarias de atención primaria de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

A Xunta e o Concello de Ponteareas asinaron a cesión gratuíta dunha parcela situada no lugar de Barral, dun total de 5.713 metros cadrados, para que a Consellería de Sanidade constrúa un novo centro de saúde. A cesión foi asinada ante notario pola alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e pola directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Amparo Pousada.

Esta actuación está prevista no Plan de infraestruturas sanitarias de atención primaria de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta en outubro do ano 2021, debido á antigüidade do actual edificio, de máis de 35 anos, e á imposibilidade de que puidese acoller novos espazos.

Neste sentido, o Plan funcional recollido para o novo centro de saúde ponteareá incidirá na ampliación dos espazos dedicados á asistencia sanitaria.

En concreto, na área de adultos, estará dotado con 9 consultas de medicina de familia (1 consulta máis); 11 de enfermería (1 máis); 2 consultas novas de docencia de MIR -Médico interno residente- e EIR -de enfermería-; 1 consulta de farmacia; unha área de saúde bucodental con 2 consultas (1 máis); despacho de traballador social; área de fisioterapia con consulta e ximnasio; sala de toma de mostras; 4 salas polivalentes (2 novas); 1 nova consulta para paciente infeccioso; zona de radiodiagnóstico; 2 consultas de matrona e sala de educación sanitaria.

A área pediátrica contará con 2 consultas de pediatría, 2 de enfermería pediátrica e unha nova sala para observación e tratamento e outra de paciente respiratorio.

O Concello de Ponteareas conta cun total de 22.957 tarxetas de identificación sanitaria, e o seu Punto de Atención Continuada (PAC) e Servizo de Atención Primaria (SAP) presta cobertura asistencial a 40.991 persoas dos concellos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario e O Covelo.

No futuro punto de atención continuada (PAC) haberá unha sala de reanimación e 2 novas de observación; 3 consultas de medicina (1 máis); 3 de enfermería (1 máis); pasará de contar con 5 dormitorios a 8 e 2 novos vestiarios. Ademais, o centro de saúde de Ponteareas disporá dunha base do 061 composta de 2 dormitorios, unha sala de estar e aseos.

Coa nova construción, o Servizo Galego de Saúde mellorará a unidade de saúde mental dotándoa de 2 consultas de psiquiatría, 1 de psicoloxía clínica, 1 de enfermería, 1 de traballo social, 1 de docencia e unha sala de actividades grupais. Ademais, tamén de nova creación, contarase con 4 consultas médicas especializadas.

Ampliación do cadro de persoal

O novo centro de saúde levará aparellada unha ampliación de persoal, pois este centro de saúde dotarase dun facultativo máis, un odontólogo e senllos profesionais en formación de Medicina de Familia e Comunitaria (MIR), e de Enfermería (EIR).

Así, o seu cadro de profesionais estará composto por 15 médicos, 3 pediatras, 1 farmacéutico, 15 enfermeiros, 3 técnicos en coidados auxiliares de enfermería, 8 prazas de persoal de servizos xerais, 2 odontólogos, 1 MIR, 1 EIR, 3 matronas, 3 fisioterapeutas, 1 traballador social e 2 hixienistas. Ademais, o PAC contará con 9 médicos e 9 profesionais de enfermería.

Deste conxunto profesionais, cómpre apuntar que  1 médico de familia, 1 médico de PAC e un pediatra acadaron a súa praza na convocatoria por concurso de méritos convocada pola Xunta.

A Unidade de Saúde Mental contará con 2 psiquiatras, 1 psicólogo, 1 enfermeira especialista en Saúde Mental, 1 traballador social e 1 persoal de servizos xerais.

A construción do novo centro de saúde permitirá dar unha mellor resposta aos problemas de saúde da poboación galega que reside nesta área sanitaria, ao mellorarse as dotacións e infraestruturas dedicadas á atención asistencial no Concello.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265106 {"title":"A Xunta e o concello de Ponteareas asinan a cesión da parcela para construír o novo centro de saúde","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/20240614+sinatura+cesi%C3%B3n+Sergas+Concello+Ponteareas+2.jpeg","id":"265106"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265106-xunta-e-concello-ponteareas-asinan-cesion-da-parcela-construir-novo-centro-saude https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.