A Xunta inviste máis de 5,2 millóns de euros na procura da excelencia formativa dos futuros profesionais sanitarios

  • O Executivo galego incrementa este ano nun 10 % a partida destinada a optimizar a formación do alumnado das especialidades das Ciencias da Saúde
  • Os acordos subscritos entre o Servizo Galego de Saúde e as tres universidades galegas posibilitan que, desde o 2001, os profesionais do Sergas poidan compatibilizar a súa actividade asistencial coa actividade docente e investigadora
  • Estes acordos tamén posibilitan que os estudantes universitarios poidan acceder ás infraestruturas e ao conxunto de recursos dos que dispón o Servizo Galego de Saúde

O Consello da Xunta autorizou esta mañá unha nova prórroga dos concertos subscritos entre o Servizo Galego de Saúde e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo co obxectivo de acadar a excelencia formativa dos futuros profesionais sanitarios.

En virtude destes acordos, o Executivo galego destinará un orzamento global de 5.289.479 euros para renovar unha colaboración que tamén permite a utilización das institucións sanitarias para finalidades docentes, asistenciais e de investigación.

Estes novos expedientes de cooperación entre o departamento sanitario da Xunta e as universidades galegas estenderanse desde o 1 de xullo do ano 2024 até o primeiro semestre de 2025. A Xunta incrementa este ano nun 10 %, en 516.592 euros, a partida destinada ao conxunto destes concertos.

O Servizo Galego de Saúde e as tres universidades galegas manteñen esta colaboración desde o ano 2001, establecéndose uns acordos que posibilitan que os profesionais do Sergas compatibilicen a súa actividade asistencial coa actividade docente e investigadora.

Así mesmo, mediante estes concertos o departamento sanitario da Xunta ratifica o seu compromiso coa formación do alumnado, ao poñer á disposición do sistema universitario galego todos os recursos dos que dispón o Servizo Galego de Saúde.

O orzamento destes acordos está destinado a financiar todos os custos de persoal derivados da dispoñibilidade para a docencia pregraduada, posgraduada e continuada dos profesionais, así como o cumprimento dos acordos e obxectivos específicos adquiridos coa colaboración, entre os que destacan: a formación do alumnado das especialidades das Ciencias da Saúde e o obxectivo conxunto de acadar uns mellores profesionais sanitarios e a máxima calidade asistencial para a poboación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
272402 {"title":"A Xunta inviste máis de 5,2 millóns de euros na procura da excelencia formativa dos futuros profesionais sanitarios","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"272402"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/272402-xunta-inviste-mais-5-2-millons-euros-na-procura-da-excelencia-formativa-dos-futuros-profesionais-sanitarios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.