A nova ambulancia do 061 con base na Veiga segue a reforzar a cadea de protección cardiopulmonar nas zonas rurais

Imagen del artículo A nova ambulancia do 061 con base na Veiga segue a reforzar a cadea de protección cardiopulmonar nas zonas rurais

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A ambulancia, que comezou a prestar servizo este martes, 18 de xuño ás 00,00 horas, estará operativa as 24 horas do día, os 365 días do ano

A Veiga (Ourense), 20 de xuño de 2024

A nova ambulancia convencional da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 con base no concello da Veiga segue a reforzar a cadea de cardioprotección, impulsada pola Xunta nas zonas rurais.

Esta ambulancia, que comezou a prestar servizo este martes, 18 de xuño ás 00,00 horas, estará operativa as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Durante a mañá de hoxe, o alcalde da Veiga, Juan Anta Rodríguez, acompañado do subdirector de Procesos Asistenciais de Enfermería da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Óscar Estraviz Paz, visitaron as instalacións da base da ambulancia neste concello.

A ambulancia convencional de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 con base e zona de cobertura preferente no municipio da Veiga conta cun desfibrilador externo semiautomático (DESA) e un técnico en emerxencias sanitarias con formación no uso do mesmo. Deste xeito, en caso de emerxencia, acúrtanse os tempos ata a realización da masaxe cardíaca e a desfibrilación temperá.

Este modelo de recurso asistencial comezou a implantarse no ano 2019 noutras zonas do rural, como Pedrafita e Folgoso do Courel, co obxectivo de mellorar a cardioprotección en zonas afastadas e de difícil acceso.

Optimización da cobertura asistencial

O aumento dos recursos asistenciais da rede de transporte sanitario urxente terrestre de Galicia-061 optimiza a cobertura destas zonas de grande extensión e dispersión poboacional, que inflúen na distancia co seu hospital de referencia. Ademais, a incorporación deste recurso permitirá mellorar os tempos de asistencia á poboación e incrementar a calidade asistencial coa atención presencial daqueles pacientes que necesiten coidados sanitarios.

 

A asistencia sanitaria realizada polo persoal do 061 de Galicia, tanto no punto no que se atope o paciente como durante o traslado, está en todo momento coordinada e supervisada en tempo real desde a Central de Coordinación, por médicos coordinadores especialistas na atención da urxencia e a emerxencia extrahospitalaria.

 

Coa incorporación da ambulancia convencional da Veiga, a rede de transporte sanitario urxente terrestre de Galicia-061 dispón de 12 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado medicalizadas, cinco ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado de enfermería, dous helicópteros medicalizados, 107 ambulancias asistenciais de soporte vital básico e tres ambulancias convencionais.

 

Todos estes recursos, mobilizados desde a Central de Coordinación do 061, garanten a asistencia ás urxencias e ás emerxencias extrahospitalarias en Galicia as 24 horas do día, os 365 días do ano.

 

A decisión de incrementar a rede de transporte sanitario urxente terrestre do 061 cunha ambulancia convencional con base no concello da Veiga confirma o compromiso da Xunta por mellorar a atención ás urxencias e as emerxencias neste concello e na súa área de referencia.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278669 {"title":"A nova ambulancia do 061 con base na Veiga segue a reforzar a cadea de protección cardiopulmonar nas zonas rurais","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150810\/20240620+Ambulancia+A+Veiga.jpg","id":"278669"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278669-nova-ambulancia-do-061-base-na-veiga-segue-reforzar-cadea-proteccion-cardiopulmonar-nas-zonas-rurais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.