Gómez Caamaño destaca a calidade do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que en 2023 captou 52 millóns para proxectos innovadores

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro destaca que o 45% dos traballos científicos desenvolvidos no IDIS se enmarcaron en grupos de carácter internacional
  • Caamaño salienta a aposta da Xunta pola investigación, tras a integración no sector público dos tres institutos de investigación sanitaria cos que conta Galicia

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, interveu esta mañá na presentación da Memoria anual de actividades do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). Un acto no que destacou a calidade das investigacións que está a levar a cabo este centro, así como a súa capacidade para captar máis de 52 millóns de euros en 2023 para desenvolver proxectos científicos de carácter innovador.

Na compaña do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; e do xerente da área sanitaria de Santiago-Barbanza, Ángel Facio, o titular de Sanidade remarcou o alto nivel dos equipos de investigación do IDIS, e a importancia que posúe contar con centros de referencia para reter o talento na comunidade galega e así garantir o seu relevo xeracional.

"A calidade da investigación sanitaria que desenvolve o IDIS pódese medir polo feito de que o 45% dos seus traballos científicos enmarcáronse en grupos de carácter internacional" precisou.

"Apostar pola investigación sanitaria é apostar polo futuro da nosa sociedade" salientou Caamaño, destacando a integración no sector público autonómico, desde xaneiro de 2024, dos tres institutos de investigación sanitaria cos que conta Galicia.

No peche da súa intervención, o conselleiro agradeceu o labor que desenvolven os máis de 1.300 profesionais cos que conta o IDIS, un capital humano que "é o máis valioso que temos", ao tempo que convidou ao conxunto de profesionais a manter a "excelencia en termos de investigación sanitaria", para acadar uns mellores diagnósticos e tratamentos para o coidado da saúde dos galegos e galegas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
300329 {"title":"Gómez Caamaño destaca a calidade do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que en 2023 captou 52 millóns para proxectos innovadores","published_date":"2024-07-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1146549\/20240702+Campa%C3%B1a+CC+As+Cancelas.jpg","id":"300329"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-02/300329-gomez-caamano-destaca-calidade-do-instituto-investigacion-sanitaria-santiago-2023-captou-52-millons-proxectos-innovadores https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.