A Xunta e a Asociación Galega de Musicoterapia seguirán colaborando no desenvolvemento de programas de voluntariado no Hospital Universitario de Ourense
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Promóvese o son e a música con fins terapéuticos

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a presidenta da Asociación Galega de Musicoterapia (AGAMUS), Montserrat López Merino, veñen de asinar a prórroga ao convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de voluntariado no Hospital Universitario de Ourense.
O convenio que agora vén de prorrogarse por un período de catro anos máis foi asinado en xuño de 2020 e ten por obxecto o emprego do son e a música con fins terapéuticos.
Esta iniciativa na que colaboran o Servizo Galego de Saúde e AGAMUS trata de mellorar a realidade hospitalaria e a súa atención, a través de actividades de dinamización que se realizan na zona "Agora" e nas entradas dos andares de hospitalización, así como de musicoterapia naqueles servizos do hospital que así o soliciten.
Os obxectivos desta iniciativa son, por un lado, reducir a sensación de dor dos pacientes, posto que coa axuda da musicoterapia pódese distraer a atención do doente e diminuír a percepción de dor e, por outro, reducir a ansiedade dos pacientes e familiares.