A Xunta reúne por primeira vez a expertos internacionais nunhas xornadas sobre o control e diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR)

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, participaron na inauguración do evento
  • Ao longo do día, diferentes expertos a nivel autonómico, nacional e europeo ofreceron información arredor das ferramentas regulamentarias e técnicas que se empregan para o seguimento e loita contra a enfermidade
  • Mañá continuarán as xornadas e poñerán o foco no programa oficial de control de Bélxica e o uso das vacinas nos plans de erradicación da IBR

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia reúne por primeira vez a expertos do ámbito internacional nunhas xornadas sobre a rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR) no Edificio Cinc da Cidade de Cultura. O director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, participaron na inauguración do evento.

Durante a súa intervención, Alemparte puxo de relevo estas xornadas, centradas en poñer a disposición do sector un completo monográfico sobre esta enfermidade para "compartir coñecemento e realidades". Ademais, salientou o traballo levado a cabo pola Axencia nesta materia, con programas de investigación específicos que permitiron "mellorar o coñecemento e a distribución da enfermidade en Galicia e afondar nos seus métodos de diagnóstico". 

Pola súa banda, Cerviño destacou a importancia da remuda xeracional no ámbito da veterinaria a prol da sanidade animal. Neste sentido, o director xeral engadiu que "os profesionais do sector temos que mostrar á xente nova que existen saídas no campo, tamén como veterinarios de grandes animais". 

O doutor en Veterinaria e responsable do Laboratorio de Sanidade Animal de Mabegondo, Ignacio Arnaiz, presentou as xornadas e deu a coñecer o programa oficial da IBR en Galicia.  Elena Villacieros, xefa do servizo de epidemioloxía do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, fixo o propio co programa español. 

En referencia ao panorama internacional, profesionais procedentes de Alemaña, Irlanda e Francia, achegaron características do control oficial da IBR nos seus respectivos países, como probas serolóxicas anuais e medidas obrigatorias en caso de brote. Salientáronse ferramentas regulamentarias e técnicas que se levan a cabo nas diferentes rexións para paliar o impacto da enfermidade.

Para finalizar a xornada deste mércores, celebráronse dúas mesas redondas. Unha sobre a situación do programa oficial de control da IBR en España, na que participaron tamén expertos do goberno cántabro e catalán, e outra sobre o diagnóstico laboratorial da IBR, que destacou por reunir a perspectiva nacional e internacional.

O evento continuará mañá poñendo o foco no programa oficial de control desta enfermidade en Bélxica. Antes de clausurar as xornadas, terán lugar tamén dúas mesas redondas, a primeira delas sobre a situación global da IBR en Europa e a outra, referente ao uso de vacinas de IBR nos plans de erradicación, á que asistirán diferentes empresas farmacéuticas. 

Con este foro internacional continúase a liña da xornada técnica sobre o programa nacional de prevención, control e erradicación da IBR que se levou a cabo o pasado ano no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), adscrito á Consellería do Medio Rural. Nesta ocasión, amplíase o enfoque ao panorama europeo, dotando de maior profundidade informativa o carácter das xornadas. 

A rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR)

A rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR) é unha enfermidade infecto contaxiosa do gando vacún causada polo herpesvirus bovino tipo 1 (BoHV-1), caracterizada por producir infeccións latentes e distintos cadros clínicos segundo a vía de entrada do virus e prácticas de manexo ou cría. A enfermidade provoca un amplo rango de manifestacións clínicas e directamente, perdas económicas nas explotacións afectadas, así como limitacións ou restricións no comercio.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
258893 {"title":"A Xunta reúne por primeira vez a expertos internacionais nunhas xornadas sobre o control e diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR)","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278519\/240612_Xornadas+IBR+1.JPG","id":"258893"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/258893-xunta-reune-primeira-vez-expertos-internacionais-nunhas-xornadas-control-e-diagnostico-da-rinotraqueite-infecciosa-bovina-ibr https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.