A Xunta oferta 657 prazas de formación sanitaria especializada, o maior número da historia de Galicia

  • O número de prazas ofertadas increméntase en 19 respecto do exercicio anterior
  • A Administración galega financiará integramente a formación destes profesionais, un obxectivo ao que este ano se dedican 78 millóns
  • Galicia oferta o 100% das prazas acreditadas, un total de 234, nas especialidades de medicina familiar e comunitaria e en pediatría

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

A Xunta ofertará o maior número de prazas de formación sanitaria da historia de Galicia, cun total de 657, destinadas aos profesionais sanitarios con titulación universitaria de grao/licenciatura/diplomatura en Medicina, Farmacia, Enfermería e do ámbito da Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física.

Así se desprende dun informe da Consellería de Sanidade sobre a oferta 2024/2025 de prazas de formación sanitaria especializada en Galicia que hoxe abordou o Executivo galego na súa reunión semanal.

Estas prazas son 19 máis que as ofertadas no exercicio anterior (638). Das 657 prazas ofertadas, 505 son de especialidades médicas e as restantes son 113 de enfermería, 15 de farmacia, 2 de física, 15 de psicoloxía, 4 de química e 3 de bioloxía.

Galicia oferta o 100% das prazas acreditadas, un total de 234, nas especialidades de medicina familiar e comunitaria (207) e de pediatría (27), que son nas que existe unha maior necesidade de profesionais.

No que atinxe á especialidade de medicina familiar e comunitaria, nas cinco últimas convocatorias ofertáronse a totalidade das prazas acreditadas nas que, ademais, se produciu un significativo aumento, pasando das 142 (2020-2021) ás 207 actuais.

Na convocatoria tamén se ofertan o 100% das prazas acreditadas nas especialidades de cirurxía oral e maxilofacial, cirurxía pediátrica, endocrinoloxía e nutrición, xeriatría, inmunoloxía, medicina interna, medicina nuclear, neurocirurxía, neurofisioloxía clínica, neuroloxía, oncoloxía radioterápica, radiodiagnóstico, radiofísica hospitalaria, medicina preventiva, matronas, psiquiatría, psiquiatría infantil e da adolescencia, psicoloxía clínica, enfermería pediátrica e enfermería xeriátrica.

As necesidades das distintas especialidades non son sempre as mesmas polo que, na serie histórica sobre o total das distintas especialidades, ningunha comunidade autónoma, nin a propia Administración Xeral do Estado, convoca nunca o 100% das prazas acreditadas.

Así mesmo, no caso das especialidades relacionadas coa saúde mental prodúcese un incremento do 7,7% no número de prazas respecto do pasado ano, até acadar un total de 56, fronte ás 52 da oferta anterior. En concreto, serán 18 en psiquiatría (1 máis); 2 en psiquiatría infantil e da adolescencia (1 máis); 15 de psicoloxía clínica (1 máis respecto 2023); e 21 de enfermería especializada en saúde mental (1 máis).

Cómpre destacar que a presente  oferta será financiada de xeito íntegro con recursos da Administración autonómica galega, tal e como vén facendo, cun investimento neste ano 2024 de 78 millóns de euros.

Nesta convocatoria obtívose en Galicia a acreditación de 16 novas prazas. En concreto, para a unidade docente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, son 2 de enfermería de saúde mental, 2 de enfermería xeriátrica, 1 de oncoloxía médica, 1 de psicoloxía clínica, 1 de psiquiatría e 1 de psiquiatría infantil e da adolescencia.

Para a unidade docente do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, son de nova acreditación 1 praza de medicina intensiva e 1 de neumoloxía. Para a unidade docente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, 2 de enfermería de saúde mental e 1 de farmacia.

Ademais, son prazas de nova acreditación, 1 de medicina intensiva para o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; 1 de oncoloxía médica para o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e 1 tamén de oncoloxía médica para o Complexo Hospitalario Universitario de Lugo.

Reclamación ao Ministerio de Sanidade

Como se pode desprender destes datos, a Xunta continúa a facer cos seus recursos un esforzo para incrementar a capacidade de formación de especialistas co obxectivo de prestar servizos sanitarios de calidade. Porén, o Goberno galego ten que continuar reclamando do Ministerio de Sanidade que tamén leve a cabo as accións que lle corresponde no marco das súas competencias para, deste xeito, mellorar o sistema de formación sanitaria especializada.

Entre estas medidas que debe realizar o Goberno central está mellorar o sistema de selección para evitar que resulten prazas vacantes despois da resolución da convocatoria, eliminando as rixideces do sistema de elección electrónica e a nota de corte no exame que impida que médicos que aspiran a algunha das prazas convocadas quede sen posibilidade de elección, mentres existan prazas sen cubrir.

Así mesmo, debe modificar o procedemento e os criterios de acreditación de prazas para a súa flexibilización, sobre todo nas especialidades deficitarias. O que se trata é de facilitar o incremento de unidades nas que levar a cabo esta formación.

Xunto ao anterior, a Xunta pídelle ao Ministerio que axilice a creación da especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias, polo seu impacto directo sobre a atención primaria e, ademais, debe o Goberno central incorporar un rexistro de profesionais de todo o Sistema Nacional de Saúde que permita a planificación das convocatorias de xeito global.

A Xunta destaca o labor dos profesionais que colaboran coa docencia: o esforzo de xefes de estudo, titores e colaboradores docentes é imprescindible para que poida manterse a alta calidade na formación de especialistas.

 

PRAZAS OFERTA (FSE) GALICIA

2023-2024

2024-2025

ALERGOLOXÍA

2

2

ANÁLISES CLÍNICAS

5

5

ANATOMÍA PATOLÓXICA

5

5

ANESTESIOLOXÍA E REANIMACIÓN

20

20

ANXIOLOXÍA E CIRURXÍA VASCULAR

5

5

APARELLO DIXESTIVO

7

8

BIOQUÍMICA CLÍNICA

0

0

CARDIOLOXÍA

8

8

CIRURXÍA CARDIOVASCULAR

1

2

CIRURXÍA XRAL. E DO APARELLO DIXESTIVO

13

13

CIRURXÍA ORAL E MAXILOFACIAL

1

1

CIRURXÍA ORTOPÉDICA E TRAUMATOLOXÍA

12

14

CIRURXÍA PEDIÁTRICA

2

2

CIRURXÍA PLÁSTICA ESTÉTICA E REPARADORA

3

2

CIRURXÍA TORÁCICA

1

2

DERMATOLOXÍA MÉDICO-CIRÚRXICA

5

5

ENDOCRINOLOXÍA E NUTRICIÓN

6

6

FARMACIA HOSPITALARIA

9

10

FARMACOLOXÍA CLÍNICA

0

0

XERIATRÍA

4

4

HEMATOLOXÍA E HEMOTERAPIA

8

8

INMUNOLOXÍA

1

1

MEDICINA FÍSICA E REHABILITACIÓN

5

5

MEDICINA INTENSIVA

9

11

MEDICINA INTERNA

19

19

MEDICINA NUCLEAR

1

2

MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA

5

6

NEFROLOXÍA

5

5

PNEUMOLOXÍA

7

8

NEUROCIRURXÍA

3

3

NEUROFISIOLOXÍA CLÍNICA

3

3

NEUROLOXÍA

8

9

OBSTETRICIA E XINECOLOXÍA

10

10

OFTALMOLOXÍA

9

9

ONCOLOXÍA MÉDICA

6

10

ONCOLOXÍA RADIOTERÁPICA

3

3

OTORRINOLARINGOLOXÍA

6

6

PEDIATRÍA E ÁREAS ESPECÍFICAS

27

27

RADIODIAGNÓSTICO

20

20

RADIOFÍSICA HOSPITALARIA

2

2

REUMATOLOXÍA

4

4

UROLOXÍA

7

8

MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA

207

207

ENFERMERÍA FAMILIAR E COMUNITARIA

52

53

MEDICINA PREVENTIVA

5

5

MEDICINA DO TRABALLO

6

4

ENFERMERÍA DO TRABALLO

2

0

MATRONAS

20

20

PSIQUIATRÍA

17

18

PSIQUIATRÍA INFANTIL E DA ADOLESCENCIA

1

2

PSICOLOXÍA CLÍNICA

14

15

ENFERMERÍA SAÚDE MENTAL

20

21

ENFERMERÍA PEDIÁTRICA

15

15

ENFERMERÍA XERIÁTRICA

2

4

TOTAL

638

657

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
272403 {"title":"A Xunta oferta 657 prazas de formación sanitaria especializada, o maior número da historia de Galicia","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"272403"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/272403-xunta-oferta-657-prazas-formacion-sanitaria-especializada-maior-numero-da-historia-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.