O conselleiro de Sanidade avanza que a Xunta licitará este verán a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Noia, que suporá un investimento de 10 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Remarca que, fronte á inacción do Goberno central ante a falta de médicos de familia, a Xunta toma medidas cun plan para garantir a cobertura no verán
  • Subliña que o Concello fixo os seus deberes poñendo a parcela necesaria á disposición do Goberno galego, para que a Xunta constrúa un centro de saúde ben dimensionado, moderno e confortable para pacientes e profesionais
  • Considera primordial facer máis atractivo o traballo nos centros de saúde, polo que a Consellería traballa xa nun plan para desburocratizar a atención primaria

Noia (A Coruña), 18 de xuño de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe que a Xunta licitará este verán a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Noia, que suporá un investimento de preto de dez millóns de euros.

Segundo detallou o titular da carteira sanitaria, a intención do Goberno galego é redactar o proxecto ao longo do vindeiro ano e, xa en 2026, poder contratar e iniciar as obras para que Noia teña canto antes o novo centro de saúde que merece.

Na súa visita ao centro de saúde desta localidade coruñesa, o conselleiro estivo acompañado polo alcalde, Santiago Freire; polo director asistencial da área sanitaria de Santiago, Javier Ventosa; e polo director de atención primaria, Felipe Calle.

Gómez Caamaño subliñou que a Xunta leva tempo traballando, en colaboración co Concello de Noia, para impulsar a construción do novo centro de saúde.

Explicou que o Concello fixo os seus deberes poñendo a parcela necesaria á disposición do Goberno galego, para proceder a construír un centro ben dimensionado, moderno e confortable para pacientes e profesionais.

Porta de acceso da cidadanía

Con esta visita ao centro de saúde de Noia, o conselleiro segue a coñecer de primeira man o valioso traballo que realizan os profesionais de atención primaria, que é a porta de acceso da cidadanía ao sistema sanitario público.

Do seu bo funcionamento, dixo, depende, en gran medida, a calidade da asistencia sanitaria que se lle ofrece ás galegas e aos galegos, de aí a obriga da Consellería de Sanidade "por conceder o espazo prioritario" que se merece este primeiro nivel asistencial.

O conselleiro considera primordial facer máis atractivo o traballo nos centros de saúde e, a tal efecto, a Consellería traballa nun plan para desburocratizar a atención primaria para reducir ao mínimo ese 30% do labor non sanitario que se realiza na actualidade.

Xunto ao anterior, tamén se está a elaborar un plan de recursos humanos que ten intención de aprobar neste ano.

Na súa intervención, Gómez Caamaño tamén se referiu á atención sanitaria no verán, incidindo en que, fronte á inacción do Goberno central ante a falta de médicos de familia, a Xunta está a tomar medidas cun plan para garantir a cobertura destes profesionais na época estival.

Lembrou que onte mesmo o Goberno galego aprobou unha planificación que vai supoñer un investimento de 12,5 millóns de euros para garantir unha asistencia de calidade aos galegos no verán.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274493 {"title":"O conselleiro de Sanidade avanza que a Xunta licitará este verán a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Noia, que suporá un investimento de 10 M€","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/20240618+Visita+cs+Noia1.JPG","id":"274493"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274493-conselleiro-sanidade-avanza-xunta-licitara-veran-redaccion-do-proxecto-do-novo-centro-saude-noia-supora-investimento-10-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.