A Xunta destina preto de 228.000 euros a sufragar os gastos veterinarios e de materiais das ADSG do Deza-Tabeirós

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial visitou as instalacións da ADSG Xundeva, que recibiu unha achega total de 145.400 euros na última convocatoria 
  • Estas axudas permiten fomentar a consolidación das ADSG, entidades que facilitan o cumprimento das normativas e melloran a colaboración entre gandeiros

Lalín (Pontevedra), 21 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a Agrupación de Defensa Sanitaria Ganadeira (ADSG) Xundeva, no concello de Lalín, con motivo das axudas da consellería de Medio Rural para estas agrupacións. 

Alí percorreu as instalacións da ADSG xunto aos seus responsables e interesouse por coñecer as principais necesidades e retos aos que están a facer fronte neste momento.

Cabe destacar que esta agrupación recibiu unha axuda de 145.400 euros na última convocatoria destas achegas, correspondente ao ano 2023, dos cales 4.000 corresponden á liña destinada a adquisición de material funxible, mentres que os 141.400 restantes serán destinados a sufragar os gastos do persoal veterinario. 

Na comarca do Deza-Tabeirós o investimento total da Xunta nesta convocatoria foi de preto de 228.000 euros. 

Reguera aproveitou a visita para agradecer o traballo incansable de todos os gandeiros galegos "que se esforzan cada día nun sector tan duro como este para ofrecer uns produtos de altísima calidade". 

O delegado rematou a visita lembrando que "a finalidade última destas axudas é seguir mellorando o estado sanitario das explotacións gandeiras galegas con programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades".

Estas medidas fomentan a consolidación das ADSG, entidades que facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, ao benestar e á sanidade animal. Mediante estas achegas, preténdese avanzar na integración de gandeiros nas ADSG, establecendo axudas proporcionais ao esforzo económico que realizan estas agrupacións nos devanditos programas. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280891 {"title":"A Xunta destina preto de 228.000 euros a sufragar os gastos veterinarios e de materiais das ADSG do Deza-Tabeirós","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/IMG-20240621-WA0009.jpg","id":"280891"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280891-xunta-destina-preto-228-000-euros-sufragar-os-gastos-veterinarios-e-materiais-das-adsg-do-deza-tabeiros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.