Máis de 600 facultativos están convocados aos exames da categoría de médico de familia do Servizo Galego de Saúde

Imagen del artículo Máis de 600 facultativos están convocados aos exames da categoría de médico de familia do Servizo Galego de Saúde

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Recinto Feiral de Silleda acollerá este domingo, 23 de xuño, as probas do concurso-oposición para o acceso ás 271 prazas ofertadas pola Xunta nesta especialidade

Silleda (Pontevedra), 21 de xuño de 2024

O Recinto Feiral Internacional de Galicia de Silleda acollerá este domingo a realización das probas do concurso-oposición do Servizo Galego de Saúde nas que un total de 606 aspirantes realizarán as probas para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria.

Desde as 9,30 horas da mañá desenvolveranse os exames para acceder ás 271 prazas que oferta a administración sanitaria galega nesta especialidade. En concreto, 126 prazas corresponderán á quenda de acceso libre, 132 á quenda de promoción interna e 13 a de discapacidade xeral.

Do total de aspirantes inscritos, case un 5% teñen a residencia fóra de Galicia e un 76% son mulleres. A media de idade dos/as aspirantes é de 37 anos. Ademais, o 38% deberá realizar a proba de lingua galega, ao non resultar exentos deste exercicio, por non estar en posesión do Celga 4, certificado obrigatorio para estar exento.

As probas selectivas realizaranse no Pavillón número 2 do Recinto Feiral de Silleda. Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) recóllese toda información referida ás distintas portas de acceso ao recinto e a relación dos aspirantes comprendidos en cada unha delas.

Protocolo e medidas organizativas das probas

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde lembra que para acceder ao recinto non se realizará o chamamento dos aspirantes no exterior senón que a acreditación para o acceso efectuarase a través de código QR, que o aspirante poderá obter a través de Fides/expedient-e e que deberá levar impreso o día do exame e conservar ata a finalización das probas.

O código QR conterá información da data, hora, lugar, pavillón, porta de acceso e posto do exame que corresponde a cada aspirante, ademais de incluír indicacións xerais a ter en conta para o acceso dos aspirantes e no desenvolvemento das probas.

Todos os aspirantes presentados ás probas selectivas terán dispoñible, a través de Fides/expedient-e, un certificado de asistencia, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios.

Para facer efectiva a igualdade entre mulleres e homes o Servizo Galego de Saúde permítelle ás mulleres embarazadas que dean a luz ese día ou desen a luz unha semana antes e que estean ingresadas o día do exame, e ás embarazadas que estean en situación de incapacidade temporal e que por razóns derivadas desta situación non se poidan desprazar ao lugar de realización das probas, facer os distintos exercicios da fase de oposición nun centro hospitalario radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Servizo Galego de Saúde tamén dispón de salas de lactación para aquelas mulleres que desexen exercer o seu dereito de lactación durante a realización das probas.

Procesos selectivos de estabilización

A categoría de médico/a de familia é a última en realizar os exercicios da fase de oposición de todas as convocadas no ano 2023 mediante o sistema de concurso-oposición e en execución da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Nesta categoría abriuse de novo o prazo de inscrición no mes de decembro de 2023 engadíndose a esta convocatoria as prazas ofertadas no decreto de oferta dese ano 2023.

No ano 2023 realizáronse os exercicios da fase de oposición das categorías de enfermeiro/a, técnico en coidados auxiliares de enfermería e persoal de servizos xerais con un total de 21.863 aspirantes presentados para 2.541 prazas. Así, nestes intres estase a realizar a fase de concurso destas categorías.

Así mesmo, nos meses de febreiro e marzo de 2024, realizáronse os exercicios da fase de oposición dun total de 52 categorías de persoal sanitario e de xestión e servizos -xa finalizaron a fase de oposición-. Nestes procesos selectivos participaron un total de 16.703 aspirantes para 1.076 prazas ofertadas.

Ao mesmo tempo estanse a resolver os procesos selectivos mediante concurso de méritos por execución da  Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público para un total de 97 categorías de persoal estatutario.

Para o persoal médico de familia, o proceso de concurso de méritos resolveuse, en xaneiro do presente ano, cun total de 42 profesionais que se incorporaron con carácter fixo ao Sistema Público de Saúde de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280840 {"title":"Máis de 600 facultativos están convocados aos exames da categoría de médico de familia do Servizo Galego de Saúde","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/170227+saude+05c.jpg","id":"280840"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280840-mais-600-facultativos-convocados-aos-exames-da-categoria-medico-familia-do-servizo-galego-saude https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.