O conselleiro de Sanidade destaca o investimento de 445.000 euros na reforma do centro de saúde de Salvaterra de Miño como mostra do compromiso da Xunta coa atención primaria

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Sanidade atenderá a demanda da alcaldesa de avaliar a posibilidade de ampliación do equipamento
  • Destaca os traballos xa realizados para a mellora da súa accesibilidade e funcionalidade, así como da eficiencia enerxética
  • Considera necesario facer máis atractivo o traballo nos centros de saúde e, a tal efecto, sinala que xa se traballa nun plan para desburocratizar a atención primaria
  • Remarca que nos vindeiros días se presentará a planificación completa dos recursos humanos no verán, para dispoñer dunha organización máis eficiente ante a inacción do Goberno de España

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 11 de xuño de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou hoxe o investimento da Xunta de máis de 445.000 euros na reforma do centro de saúde de Salvaterra de Miño, que permitiu mellorar os espazos nos que os profesionais atenden aos seus pacientes. Ademais, avanzou que a Consellería de Sanidade atenderá a demanda da alcaldesa de avaliar a posibilidade de ampliación deste equipamento.

Para o titular da carteira sanitaria o compromiso do Executivo galego coa atención primaria maniféstase cun esforzo continuo de renovación e mellora das infraestruturas, como queda reflectido nesta reforma realizada nas instalacións do centro de Salvaterra, que hoxe visitou. No acto de supervisión do resultado das obras, o conselleiro estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e polo xerente da área sanitaria, Javier Puente.

Gómez Caamaño sinalou que o centro de saúde de Salvaterra é o primeiro ao que acode como conselleiro, e, con tal motivo, incidiu no recoñecemento á importancia da atención primaria, amosando o seu agradecemento ao traballo dos seus profesionais e trasladando o compromiso do Goberno galego por traballar para mellorar a situación deste nivel asistencial.

O conselleiro resaltou que a atención primaria é a porta de entrada da cidadanía á sanidade pública e a base que sustenta o edificio do sistema público de saúde, polo tanto, dixo, canto mellor funcione mellor será o servizo sanitario que se presta aos galegos e galegas.

En cando á reforma levada a cabo no centro de saúde de Salvaterra o conselleiro destacou a mellora na súa accesibilidade e da eficiencia enerxética. Así mesmo, para mellorar a funcionalidade, habilitouse unha sala polivalente que se pode empregar para realizar exploracións xinecolóxicas ou cirurxía menor ambulatoria. Tamén se reformou a recepción creando un novo posto para axilizar a atención aos doentes e un mostrador adaptado que facilitará a atención de persoas con discapacidade.

Gómez Caamaño incidiu en que o departamento que dirixe realizará un estudo para avaliar a viabilidade dunha posible ampliación do centro de saúde que hoxe visitou.

Preto de 160 millóns en construción e reforma de centros de saúde

Na súa intervención, o conselleiro resaltou o traballo da Xunta na atención primaria, que se traduce no feito de que, desde o ano 2009, se investiron xa máis de 158 millóns de euros na construción e reforma de distintos centros de saúde.

Gómez Caamaño avogou por levar ese esforzo da Xunta en atención primaria máis aló das infraestruturas e, por iso, resaltou, desde o ano 2020 o Goberno galego incrementou en máis dun 22% o orzamento destinado a este nivel asistencial, con especial énfase nas medidas destinadas ao reforzo de persoal.

Así mesmo, resaltou que a Consellería está a preparar un plan para desburocratizar a atención primaria co propósito de reducir ao mínimo o 30% dese labor non sanitario que se realiza na actualidade. Abundou, ademais, que este mesmo ano, se prevé aprobar un Plan de recursos humanos, no que se está a traballar neste momento.

Gómez Caamaño referiu que, nun contexto caracterizado pola falta de médicos de familia e pediatras no conxunto do Estado, o Executivo autonómico está a facer todo o posible para contar con máis persoal sanitario en primaria. Avanzou que, nos vindeiros días, a Consellería de Sanidade presentará unha planificación completa dos recursos humanos no verán, para dispoñer dunha organización máis eficiente.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
256502 {"title":"O conselleiro de Sanidade destaca o investimento de 445.000 euros na reforma do centro de saúde de Salvaterra de Miño como mostra do compromiso da Xunta coa atención primaria","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278516\/20240611_SALVATERRA_Conselleiro+visita+centro+saude-1.JPG","id":"256502"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/256502-conselleiro-sanidade-destaca-investimento-445-000-euros-na-reforma-do-centro-saude-salvaterra-mino-como-mostra-do-compromiso-da-xunta-coa-atencion-primaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.