Todas las noticias de lingua en Galicia en los últimos 30 días
Más de 100 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Martes 18 Junio 2024
A Xunta e a Deputación convidan a redescubrir a beleza da Vía da Prata ao paso por Ourense a través da ollada de grandes nomes da fotografía clásica e actual
- A Vía da Prata. Aires do Sur reúne un cento de imaxes capturadas por referentes da fotografía do último século e medio, desde Nicolás Muller, Otto Wunderlich ou Jean Laurent a Ana Turbau, Carmenchu Alemán ou Cristina García Rodero
- O conselleiro de Cultura, José López Campos, presenta a mostra como unha oportunidade para gozar "da riqueza paisaxística e monumental da ruta xacobea que une Sevilla con Santiago de Compostela"
- Ourense, as súas vilas, paisaxes e tradicións, ocupan un lugar protagonista na escolma que nos achega a artistas clásicos da provincia, como José Suárez, e contemporáneos, como Tere Fernández, Antón Buciños, Brais Lorenzo ou Miguel Muñiz
- Comisariada por Lucía Laín, poderá visitarse de balde ata o 1 de setembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel
A Xunta celebra a creación dun novo espazo cultural coa restauración do pavillón historicista de San Martiño Pinario
- O proxecto, posto en marcha en 2022 por iniciativa do Goberno galego, forma parte do Plan Director do Mosteiro
- A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude refírese a actuación como "un paso cualitativo" na "posta en valor" deste ben
A Xunta apoia a primeira edición do 'Valadouro Rock', que congregará a nove bandas o sábado en Ferreira do Valadouro
- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa xunto cos promotores do festival, Agustín Claverol e Sergio Rubio
A Xunta apoia unha nova edición da tradicional festa do Becerro ao espeto do barrio da Piringalla
Lugo, 18 de xuño de 2024 A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da XXIII edición do Lumenovo, a auténtica festa do Becerro ao espeto, que se celebrará no barrio da Piringalla este domingo. O acto contou coa participación da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, así como do delegado territorial, Javier Arias, e unha nutrida representación da Asociación de Veciños, co seu presidente, Ricardo Varela, ...
O Congreso Internacional Mundos Digitales volve situar Galicia no epicentro da animación e os efectos visuais co patrocinio da Xunta
- Celébrase na Coruña do 4 ao 6 de xullo co foco posto nas aplicacións da Intelixencia Artificial e na chegada das producións virtuais en tempo real ao sector da radiodifusión
- Presentacións, máster class, proxeccións, o Festival Internacional de Curtametraxes de Animación e a Feira do Emprego son os eixos principais da programación
Lara Meneses destaca o Pasaporte Solidario'como un programa que difunde o compromiso e a implicación social no alumnado
- A directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, entrega os diplomas aos cativos do colexio Carmelitas de Ourense en recoñecemento polo seu traballo nesta iniciativa
- A representante da Xunta de Galicia destacou a importancia de "promover os valores da solidariedade" a través de proxectos coma este
A Xunta colabora coa fundación SGAE na celebración dun Día Europeo da Música con acento galego
- Carolina Rubirosa, Gargantúa, De Vacas, Carlos Ares e o DJ set de Abraham Boba son as propostas escollidas para representar a diversidade musical do país na xornada festivaleira que terá lugar o vindeiro 21 de xuño
- Os concertos de 'Acento. Día da Música' desenvolveranse no adro da sede SGAE, en Santiago de Compostela, con acceso libre para o público
Lunes 17 Junio 2024
López Campos anuncia que a restauración do Templo Votivo do Mar rematará no primeiro semestre de 2025
- Lembra que a Xunta investirá máis de 430.000 euros nas actuacións para resolver as patoloxías causadas polo paso do tempo neste ben de Nigrán
- Pon en valor o traballo previo dos técnicos da Consellería de Cultura, que supervisaron a elaboración dun modelo 3D para concretar as actuacións a aplicar
A Xunta recoñece o traballo de centros de Abegondo, Santiago, Poio e Vigo en prol da igualdade co selo biblioteca escolar solidaria
- A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández entrega o recoñecemento ao Colexio CEIP Plurilingüe Seis do Nadal, de Vigo
- Tamén se premian as experiencias de voluntariado de lectura de 10 centros de Carballo, Muros, Outes, Sober, O Irixo, Bueu, A Estrada, Ponteareas e Vilagarcía
- A Consellería de Educación convoca o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e os Clubs de Lectura para o vindeiro curso
Anxo M. Lorenzo gaba a capacidade do alumnado de Primaria e ESO para achegarse á figura do Picasso coruñés
- O director xeral de Cultura participou na entrega dos premios do IX Concurso de Debuxo Picasso, organizado pola Asociación da Prensa da Coruña co apoio da Xunta
López Campos agradece a "contribución" de Takekazu Asaka coa proxección internacional de Galicia
- O titular de Cultura da Xunta salienta o compromiso de máis de tres décadas do recentemente nomeado académico de honra da Real Academia Galega
- A súa obra traducida ao xaponés supón un nexo de unión entre a cultura e a lingua de ambos países
A Xunta colabora coa Asociación Sagrado Corazón no campamento deportivo que desenvolverá a última semana de xuño
- Está orientado a menores de entre 6 e 14 anos e terá sedes en Lugo, Portomarín e Castro de Rei
A Axencia Galega das Industrias Culturais e a Spain Film Commission abordan liñas de colaboración conxunta
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024 O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o secretario da Spain Film Commission, Juan Manuel Guimeráns, con quen abordou as futuras liñas de colaboración conxunta entre a entidade estatal e a Xunta de Galicia, coa mirada posta na próxima entrada en funcionamento da Galicia Film Commission. Na xuntanza, na que tamén participou ...
O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova cumpre 20 anos de formación e reflexión para o sector co apoio da Xunta
- Organizado pola Fundación Carlos Casares co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais, desenvolverase do 24 ao 28 de xuño en Celanova
- O programa analizará o cinema actual a través dos equipos técnicos de filmes como '+Cuñados', 'As neves' ou 'Tratamos demasiado bien a las mujeres'
- A matrícula para participar permanecerá aberta ata este xoves 20 de xuño
A Cidade da Cultura ofrecerá mochilas vibratorias no Día da Música para achegar esta experiencia a persoas con discapacidade auditiva
- A medida enmárcase nas iniciativas da Xunta para acadar os obxectivos que se recollen na Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia
- O día do concerto de Budiño instalarase un punto onde as persoas interesadas en probar os equipos contarán con asistencia técnica e unha intérprete en lingua de signos
Belén do Campo participa nunha actividade organizada pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia no CEIP Novo Mesoiro
- A delegada territorial destacou que concursos coma este son o mellor exemplo de que a lingua de signos é máis que unha ferramenta de comunicación, é unha porta aberta a un mundo de oportunidades, igualdade e respecto
Domingo 16 Junio 2024
Román Rodríguez felicita ao instituto IES Illa de Ons de Bueu polo musical Os Miserábeis, no que participan máis de 70 persoas
Pontevedra, 16 de xuño de 2024 O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, asistiu, no Pazo de Cultura de Pontevedra, á estrea do musical Os miserábeis realizado polo Instituto IES Illa de Ons. O titular de Educación da Xunta felicitou ás máis de 70 persoas que integran o elenco, entre alumnos, profesorado, persoal non docente e algunhas familias. A excelente representación é froito do traballo en conxunt...
Un total de 645 estudantes de Bacharelato participarán este verán nas estadías lingüísticas no estranxeiro impulsadas pola Xunta
- O Portal Educativo vén de publicar a listaxe de seleccionados, que mellorarán as súas competencias en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña
- O Goberno galego destina preto de 2M€ a esta actividade, de tal xeito que se subvenciona ata o 92% da mesma
- Ademais, 1350 alumnos de 45 centros galegos poderán integrarse no sistema educativo doutros países o vindeiro curso a través do programa EduExchanges
A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2024
- Os galardóns recoñecen o labor creativo e a expansión a novos espazos nos ámbitos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.
- As institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada categoría contan con dous meses de prazo para enviar as súas candidaturas.
Sábado 15 Junio 2024
López Campos enxalza os Premios Antonio Palacios que se celebran por primeira vez no Porriño
- O conselleiro destaca a importancia deste tipo de iniciativas que ademais de recoñecer a figura "dun veciño ilustre" tamén "recoñecen a dedicación e traballo doutras persoas"
López Campos salienta que os premios Losada Diéguez "reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós"
- Pon en valor o prestixio destas distincións que na súa XXXIX edición premian un ensaio de Rafael Otero Janeiro e unha novela de Iria Morgade
O circuíto da Xunta 'Cultura no Camiño' levará este verán 305 actuacións escénicas e musicais a 88 localidades das rutas xacobeas
- O concerto de Paty Lesta & The Hits en Vilagarcía de Arousa, o teatro infantil de Bandullo Azul e as narracións de Cris de Caldas en Barreiros inauguran hoxe a 12ª edición do programa
- A Consellería de Cultura, en colaboración cos concellos participantes, ofrece ata o 31 de agosto as actuacións de máis de 140 artistas, bandas e compañías en moitas citas ao aire libre e ao pé dos distintos Camiños a Santiago
- Os concertos de Rosa Cedrón, Antía Muíños ou Catuxa Salom forman parte dunha ampla oferta que inclúe tamén propostas de circo, maxia, danza e teatro da man de compañías como Barafunda, Ghazafelhos ou Redrum Teatro
Viernes 14 Junio 2024
As tres universidades públicas galegas ofertarán 17.000 prazas de grao e másteres o vindeiro curso
- Autorízanse o Grao Dual en Enxeñaría de Automoción da Universidade de Vigo e sete másteres, catro deles interuniversitarios entre a USC, a UVigo e a UDC
- Román Rodríguez denuncia o retraso da verificación definitiva da oferta por parte do Goberno central, que debería terse aprobado xa
- Tamén se ratificou a proposta de matrículas universitarias gratuítas a partir de setembro, como paso previo para a aprobación no Consello da Xunta
- Reitérase o compromiso da Xunta para garantir a contratación de axudantes doutores por parte das universidades malia a falta de concrecións e crédito do Goberno central
A Xunta súmase á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou no acto conmemorativo organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia
O delegado territorial da Xunta visita o stand da Asociación de Persoas Xordas de Ourense co gallo do 'Día Nacional da Lingua de Signos'
Ourense, 14 de xuño de 2024 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o stand da Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU) co gallo do 'Día Nacional da Lingua de Signos', onde amosou o compromiso do Goberno galego coas persoas xordas e con discapacidade auditiva, e especificamente cun aspecto tan importante para o seu desenvolvemento como a comunicación. ...
Anxo Lorenzo destaca o papel de A Furgoteca no impulso dunha cultura máis inclusiva e accesible
- O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor o impacto deste tipo de proxectos nos hábitos de lectura dos galegos
- Desde a súa posta en marcha, a biblioteca móbil da Xunta recibiu máis de 14.300 visitas e facilitou a creación de preto de 1.400 carnés case 15.000 préstamos
A delegada territorial de Ferrol saúda aos escolares da cidade que participaron no reto TikTok Ilustrado
Ferrol, 14 de xuño de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, saudou esta mañá, na praza de Armas, aos participantes no reto escolar TikTok Ilustrado, unha actividade organizada polo Concello de Ferrol no marco do IV Festival Ilustrado. A cita contou coa implicación dun millar de escolares de varios centros educativos da cidade que escenificaron un minué en formato TikTok co que reforzar así a candidatura "Cidade d...
'Atardecer no Gaiás' programa 16 citas musicais ao aire libre con ritmos urbanos e latinos, 'neo-tradi', pop e electrónica para os seráns de xullo e agosto
- O cartel inclúe sete grupos galegos: De Ninghures, Flow do toxo, A Pedreira, Amoebo, Alana, ALARIDO e Santi Araújo, que demostran a variedade do talento musical do país
- Actuarán tamén artistas estatais e internacionais como o portugués Branko, o combo arxentino-brasileiro Mandale Mecha, o popular rapeiro canario Lucho RK ou as bandas emerxentes Naked Family, Faneka e Bewis de la Rosa, entre outras
- O ciclo de concertos impulsado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura co apoio de Cervezas Alhambra decorrerá os xoves e venres do 4 de xullo ao 30 de agosto
- Todos as actuacións serán na Praza central do Gaiás a partir das 21,00 horas, con entrada de balde
Jueves 13 Junio 2024
López Campos pon en valor a iniciativa de divulgar a colección de arte do Parlamento por toda Galicia
- A retrospectiva, que reúne pezas da colección de arte da Cámara galega, chega á Coruña tras o seu paso por Vigo, Ferrol, Lugo e Pontevedra
- O titular de Cultura da Xunta destaca a importancia de achegar á cidadanía "un patrimonio artístico descoñecido por moita xente"
López Campos agradece o seu nomeamento como valedor da Rosa en Mos
Mos (Pontevedra), 13 de xuño de 2024 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe á Festa da Rosa, na que foi distinguido como valedor da Rosa, e á que tamén asistiron os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Román Rodríguez e María Martínez Allegue. Nesta celebración, o responsable de Cultura da Xunta deu as grazas á vila de Mos po...
A Feira do Libro chega a Redondela con máis dunha trintena de actividades vinculadas á lectura
- Trátase da sexta parada do circuíto cultural impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia
- A Alameda acollerá ata o domingo 16 de xuño unha trintena de actividades que inclúen espectáculos, presentacións, sinaturas de libros e sesións de teatro infantís
O Centro Dramático Galego avanza na súa proxección exterior con 'Na hora dos cans', a nova coprodución do proxecto europeo Nós/Nous
- O Salón Teatro acolle tres funcións gratuítas o venres e o sábado ás 20,00 h. e o domingo ás 19,00 h., con convites dispoñibles cada día no despacho de billetes
- A peza é unha cocreación de Ana Carreira, Nuno M. Cardoso e o equipo integrado por profesionais e alumnado de Galicia, Portugal e Francia
- Este é o terceiro espectáculo que se estrea no marco do programa europeo Erasmus+K2, despois de 'Tartufo' en 2022 e 'Ifixenia' en 2023
A Temporada Lírica da Coruña conta co apoio da Xunta para unha 72ª edición con Puccini como protagonista
- A posta en escena de 'La Bohème' os días 8 e 10 de setembro abrirá a programación de 2024, que terá como eixo central a homenaxe ao gran compositor italiano no centenario do seu pasamento
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribúe con 160.000 euros á organización da carteleira que se estende ata finais de novembro
- A ópera 'L'elisir d'amore', a estrea de 'Pálido punto azul' ou os recitais de Marko Mimica e Hui He son outras das citas destacadas deste ano
O espírito Ribeiro 2024 preséntase na Casa de Galicia en Madrid
Madrid, 13 de xuño de 2024 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación da IV edición do Festival espírito Ribeiro que acollerán as vilas ourensás da Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño, unha marca experiencial que se articula ao redor de tres días de actividades (música, gastronomía, viños) e unha selección de expositores de Artesanía de Galicia nos tres concellos os próximos 28, 29 e 30 xuño...
Miércoles 12 Junio 2024
A Xunta colabora coa organización do 19º congreso estatal de salas de música en vivo, que se celebra en Lugo do 18 ao 20 de xuño
- O delegado territorial, Javier Arias, e o director de Agadic, Jacobo Sutil, participaron hoxe na presentación deste encontro no que participarán máis de 70 responsables de locais de toda España
A Xunta celebra en Lugo a Semana da Administración Aberta cunha mesa redonda sobre as últimas rehabilitacións da catedral
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dará a coñecer o froito das investigacións arqueolóxicas e guiará unha visita ás recentes intervencións no templo e á Domus do Mitreo
O Centro Dramático Galego pon en marcha unha nova edición da Bolsa de Dramaturxia
- O obxectivo desta iniciativa impulsada en colaboración con diferentes colectivos culturais é seleccionar un proxecto de escrita dramática para súa coprodución coa unidade teatral da Xunta de Galicia
- Destínanse 6000 euros para a contratación desta dramaturxia, que deberá realizarse nun máximo de seis meses
O Carné Xove da Xunta posibilita descontos do 90% nos abonos do equipo SD Compostela
- A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, inicia a rolda de contactos con entidades deportivas de Galicia para que se acollan a este programa
Martes 11 Junio 2024
A Xunta iniciará nas vindeiras semanas o procedemento para declarar BIC a Rapa das Bestas de Sabucedo
- Considera que "é de xustiza" recoñecer o valor e interese sobranceiro desta manifestación cultural considerada de valor etnolóxico senlleiro
A Xunta colaborará co concello de Ferrol na celebración do 25 aniversario do pasamento de Torrente Ballester
- O Goberno galego destina 35.000€ ao desenvolvemento de distintas actividades entre obradoiros, publicacións, conferencias e representacións
- López Campos destaca "o compromiso da Administración autonómica con aquelas accións que axuden a promover a cultura galega e preservar a súa memoria"
O Arquivo Histórico Provincial de Lugo presenta dúas fotografías do fondo de Juan José na colección 'Documentos singulares'
- Ademais, celebra unha semana de portas abertas ofrecendo visitas guiadas con motivo do Día Internacional dos Arquivos
O Gaiás oferta espectáculos familiares ao aire libre de música, circo e monicreques os mércores de xullo
- Trátase dun total de catro actividades que se desenvolverán os mércores 3, 10, 17 e 31 de xullo con entrada libre e de balde ata completar capacidade
- Compañías galegas e de outros puntos da península como Valencia ou Portugal desprázanse ao Gaiás para traer os seus espectáculos
- O programa inclúe propostas como 'Karpaty', 'Crassh Xiri', 'Viva o Pop!' ou 'De Vilatriste a Vilalegre', que combinan teatro, música en directo, clown e circo
Lunes 10 Junio 2024
Valentín García agradece o compromiso de Coca-Cola para promover o uso da lingua
- O secretario xeral da Lingua entrega o premio autonómico a Teresa Hang Rigueiro do colexio San José de Lugo
- O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sinalou a importancia de accións como esta que poñen de manifesto "a relevancia do uso da lingua galega entre a mocidade"
O director xeral de Cultura pon en valor o traballo de escrita de guións como xermolo dos éxitos do audiovisual galego
- Anxo M. Lorenzo dá a benvida na Cidade da Cultura aos máis de 50 guionistas e representantes de produtoras e televisións dunha ducia de países que participan na segunda edición do programa European Writers Club
- O encontro, que se desenvolve ata o día 15 en Santiago de Compostela, abriuse tamén aos profesionais galegos nunha sesión inaugural para a que se contou coa música en directo de Xabier Díaz
- A Xunta forma parte desta iniciativa europea, da que é socia fundadora, para promover a colaboración internacional na xeración de contidos para televisión e plataformas
A Sala Ártika programa 42 funcións de 29 compañías escénicas ata final de ano co apoio da Xunta
- O escenario vigués celebra 10 anos de cultura e arte con teatro familiar, espectáculos para público adulto e danza, combinando as propostas das compañías galegas Ibuprofeno, A Panadaría, Redrum, Os Náufragos, De Ste Xeito e a residente Ártika Cía. con montaxes procedentes de fóra de Galicia
- O espazo recibe 75.000 euros como membro da Rede Galega de Salas, integrado polos beneficiarios da liña de axudas ás salas privadas de artes escénicas á que a Consellería de Cultura destina en 2024 un total de 200.000 euros
Valentín García enxalza a orixinalidade na reinterpretación do traxe galego do CIFP Leixa
- O secretario xeral da Lingua participa, xunto coa delegada da Xunta en Ferrol, na entrega de premios do concurso organizado polo centro co apoio de PuntoGal
Manuel Pardo destaca "a natureza excepcional" das montañas de Galicia
- O delegado territorial valorou positivamente esta iniciativa e sinalou que este tipo de actividades "afondan na valorización da riqueza do noso medio natural"
- Organizadas polo concello de A Veiga e o Club de Montañismo Montañas de Trevinca, estas xornadas desenvolveranse os próximos 15 e 16 de xuño coa finalidade por en valor e instituír o día de 'A Montaña Galega'
Ana Ortiz destaca a figura do arquitecto Antonio Palacios na presentación da primeira edición dos premios que recoñecerán ao escritor Iglesias Veiga
- A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este luns programación coa que se celebrará o centenario da Casa Consistorial do Porriño
Domingo 9 Junio 2024
López Campos salienta a "máxima protección" da ofrenda do Antigo Reino de Galicia tras a súa incoación
Lugo, 9 de xuño de 2024 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na catedral de Lugo na Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, onde salientou a "máxima protección" coa que conta este acto institucional e relixioso tras a incoación como Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial publicada o pasado venres no Diario Oficial de Galicia. Neste marco, o responsable de Cultura...
O concurso vigués Talent Show Megaestrelas premia aos mellores artistas emerxentes da cidade
- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou na gala dunha nova edición do certame
- O xurado concedeu o máximo galardón a Ariel Echeverry, o pequeno que destacou pola súa actuación coa batería
A Filmoteca de Galicia abre unha retrospectiva sobre o realizador brasileiro Leon Hirszman
- No mes de xuño continuarán os ciclos sobre o cineasta xaponés Yasujirō Ozu e o profesor e guionista galego Daniel Domínguez
- O venres 14 terá lugar a proxección dos traballos finais filmados polo alumnado do programa 'Cinema en curso'
- 'Diversimacine' ofrecerá unha selección de curtametraxes de ficción e documental con foco na inclusión e a diversidade, da man do Festival DiversidArte da Coruña
Sábado 8 Junio 2024
Valentín García participa en Cambados no acto de recepción de Takekazu Asaka como membro de honra da Real Academia Galega
- O secretario xeral da Lingua salienta a súa contribución á proxección exterior da lingua e da cultura galegas
Centos de persoas corren a Holi Gaiás para festexar a primavera baixo unha divertida poeira de cores
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, celebra o éxito de acollida e enmarca a cita no programa de actividades para abrir os espazos verdes do Gaiás á toda cidadanía
- A rapazada menor de 10 anos de idade súmase por vez primeira a esta xornada de festa ao aire libre en familia participando nunha 'Peque Holi' chea de cor
- A proba, que mestura deporte, natureza e música, conta co patrocinio de Viaqua e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, Coca-Cola e Gadis
López Campos pon en valor a importancia da Orquestra Sinfónica de Galicia para a cultura musical
- O conxunto conta cun completo programa que inclúe 35 concertos, 15 en diferentes localidades de Galicia, así como importantes citas no resto do Estado
- O responsable autonómico de Cultura destaca a "grande oportunidade para a cidadanía que supón gozar destas actuacións"
A Xunta comparte con Asociacións de Camiños de Santiago os seguintes pasos da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
- A directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, participa no municipio lucense do Saviñao nunhas xornadas con estas entidades
Viernes 7 Junio 2024
López Campos agradece a implicación do instituto Rafael Dieste para "comerciar co uso da lingua"
- A cita celebrada na Coruña pon o peche neste curso á campaña de dinamización do galego impulsada polo centro co apoio do Goberno autonómico.
- O representante da Xunta celebra a boa acollida desta iniciativa que conseguiu a implicación de 200 colexios e 50.000 locais comerciais de toda Galicia
- O evento contou coa actuación de grupos como Leria, Lontreira, Boyanka Kostova ou Grande Amore
López Campos inaugura no Arquivo de Galicia unha mostra sobre saúde mental, cultura e inclusión social
- A exposición Mentes no labirinto reúne documentos do Hospital Psquiátrico de Conxo, en Santiago, do antigo de Toén e do de Piñor, ambos en Ourense
- Entre as pezas, 90 documentos e 20 obras, atópanse historias clínicas, escritos, debuxos ou pinturas
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude destaca "o traballo dos profesionais dos arquivos na preservación de materiais para comprender moitos aspectos da vida"
Valentín García convida ao alumnado do Instituto Cañada Blanch de Londres a "coñecer, vivir e aprender da cultura galega"
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024 O secretario xeral da lingua, Valentín García, acompañou hoxe na Cidade da Cultura ao alumnado que estuda galego no Instituto Cañada Blanch de Londres e que está a visitar Galicia no marco do programa Viaxe da Lingua 2024, onde salientou a importancia deste tipo de iniciativas para a cultura e a lingua galega. Nesta xornada, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acompañou ...
O Coro Lugh ofrecerá un concerto este domingo na sede da Xunta en Lugo polo seu 25º aniversario
Lugo, 7 de xuño de 2024 O conxunto vocal Lugh ofrecerá un concerto polo seu 25º aniversario este domingo, 9 de xuño, no edificio administrativo da Xunta na capital lucense. Será no salón de actos a partir das 19,00 horas. O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, e representantes do coro presentaron hoxe a actuación, que estará adicada á cidade de Lugo. A agrupación interpretará 18 pezas do seu repertorio, q...
A Xunta conclúe unha nova campaña arqueolóxica no xacemento do castro do Sarridal, en Cedeira, co achado de restos da época prerromana
- A actuación, que conta cun investimento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de algo máis de 17.000 euros, desenvolveuse nesta ocasión na área posterior da sauna castrexa ou monumento con forno
A Xunta incoa o expediente de declaración BIC da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia
- O Diario Oficial de Galicia publica o inicio dos trámites deste proceso, o que supón a protección inmediata desta tradición con máis de 350 anos de antigüidade que reúne en Lugo a representantes das sete cidades do Antigo Reino de Galicia
- O expediente ten en conta que é unha das poucas manifestacións inmateriais vivas que "evocan a entidade política histórica de Galicia"
- Valórase que a cerimonia ten un valor cultural sobranceiro que se mantén de xeito ininterrrompido durante máis de tres séculos e medio "reflectindo o carácter de unión do pobo galego" o que supón un "feito único"
Jueves 6 Junio 2024
Valentín García destaca a importancia do premio Novela Europea Casino de Santiago no fomento da lectura
- A edición deste ano conta con Bernhard Schlink, Delphine de Vigan, Xabier Quiroga, Jacobo Bergareche e Jonh Banville entre os finalistas
A Xunta reafirma o seu apoio á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no seu 40º aniversario
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén a súa colaboración co Concello ribadaviense no marco da estratexia de apoio ás mostras de referencia para as artes escénicas galegas
- O Centro Dramático Galego estreará no festival 'Nada se sabe', en coprodución con Culturactiva, como parte das actividades coas que tamén está a conmemorar as súas catro décadas de traxectoria
- Recoñecidos nomes do teatro e a danza de dentro e fóra de Galicia danse cita nesta edición que, segundo a organización, será a máis plural, inclusiva e festiva da súa historia
López Campos anuncia a licitación das obras para restaurar o retablo da igrexa de San Xián de Laíño de Dodro
- A actuación conta cun prazo previsto de cinco meses e unha achega de 35.000 € para resolver os danos provocados pola humidade e afectación dos térmites
- Con estes traballos, a Xunta de Galicia completa a restauración dos tres retablos desta igrexa parroquial
A Xunta concederá 20 premios extraordinarios ao rendemento académico ao alumnado que remate este curso a ESO con resultados excelentes
- As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 6 de xullo para optar a lograr un galardón dotado con 1.000€ e un diploma acreditativo
A Xunta abre o luns o prazo para inscribirse nos minicampamentos de verán
- As actividades enmárcanse na campaña 'O teu mellor verán' da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e ofrecen 700 prazas para cativada entre 9 e 14 anos
- As solicitudes poderán enviarse a partir das 12,00 horas e a adxudicación de prazas será por rigorosa orde ata cubrir a totalidade da oferta
López Campos refírese a Rosalía de Castro como a muller referente da cultura galega
- Asiste á inauguración da xornadas poéticas-multilingüe 'Rosalía en Camiño 2024', coas que colabora a Xunta
- Gaba esta iniciativa da Fundación Rosalía de Castro porque "axuda a manter o vivo un dos legados máis importantes da literatura universal"
- A quinta edición reunirá ata sábado seis poetas de toda a península na Casa de Rosalía, en Padrón, e no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela
Miércoles 5 Junio 2024
A Xunta pon en marcha os traballos para dotar a Adro Vello dunha aula interpretativa
- O espazo estará situado ao carón da igrexa de San Vicente do Grove e contará con diferentes paneis, información textual e gráfica e unha maqueta do xacemento
- Esta nova intervención, dotada con 17.500€, dá continuidade aos traballos impulsados polo Goberno nos últimos anos coa colaboración da Universidade de Vigo
Anxo M. Lorenzo anima á cidadanía a gozar da cultura na Feira do Libro de Ourense
- O director xeral de Cultura participa na inauguración da quinta parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia
- Ata o sábado están previstas unha trintena de actividades entre presentacións de obras, sinatura de libros ou propostas para o público infantil
López Campos analiza co alcalde de Lalín proxectos culturais de relevancia para o concello
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, continuou hoxe coa rolda de contactos que ten en marcha con diferentes rexedores municipais para coñecer as súas necesidades no eido da cultura, a lingua e a xuventude cunha xuntanza co alcalde de Lalín, José Crespo, na que analizaron diversos temas de relevancia para este municipio. Nesta ocasión, o representante do Goberno galego ...
Estudantes de galego en Londres participan en Galicia no programa Viaxe da Lingua 2024, co que colabora a Xunta
- Ténselles preparado un amplo abano de actividades vencelladas coa cultura, arquitectura e natureza en diferentes cidades e vilas galegas
A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición Solpores e amenceres de Galicia, organizada polo Grupo Lúdica7
Madrid, 5 de xuño de 2024 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición Solpores e amenceres de Galicia, organizada por Lúdica7. Esta exposición recolle fotografías realizadas por fotógrafos entusiastas da paisaxe galega en dous momentos do día: o amencer e o atardecer. A mostra forma parte dos libros editados conxuntamente por Clúster de Turismo de Galicia e Grupo Comunicación e Des...
Martes 4 Junio 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol reúnese con membros da directiva da Sociedad Filarmónica Ferrolana para estudar vías de colaboración
Ferrol, 4 de xuño de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa vicepresidenta da Sociedad Filarmónica Ferrolana, Araceli Torres, e o vogal da entidade, Fernando Coll Barros, coa finalidade de estudar posibles vías de colaboración. Martina Aneiros aproveitou a ocasión para loar o traballo levado a cabo pola Filarmónica Ferrolana ao longo dos seus 75 anos de historia e ...
A Cidade da Cultura celebra o Día da Música cun concerto de Budiño acompañado por novos talentos do 'neo-tradicional' galego
- As voces, percusión, guitarra, electrónica e acordeón de Tania Caamaño, Inés Salvado (De Vacas), Andrés Boutureira e Fran Barcia, sumaranse ao gaiteiro no escenario da Praza central do Gaiás
- Budiño presentará o seu último disco, 'Branca vela', unha obra coral na que segue a explorar a combinación de ritmos tradicionais coa vangarda electrónica
- O concerto será o venres 21 de xuño ás 21 horas, con entrada de balde
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid, asistiu aos Premios Internacionais Rei de España de Xornalismo 2024
Madrid, 4 de xuño de 2024 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na entrega dos Premios Internacionais Rei de España de Xornalismo 2024, os máis prestixiosos do ámbito iberoamericano, dotados con 10.000 euros por categoría, o que os sitúa ao nivel dos Pulitzer. Os galardóns, aos que concorreron 293 candidaturas de 21 países do ámbito panibérico (Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba...
A Xunta aproveitará o potencial dos neofalantes para fomentar o uso do galego entre a mocidade
- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, anunciou no Parlamento a renovación da colaboración coa USC para avanzar no estudo do neofalantismo
- O obxectivo deste acordo é analizar o proceso de incorporación o uso do galego por parte de persoas que teñen outro idioma como primeira lingua
- Dividido en tres fases, dará continuidade ao portal neofalantes.gal e creará novos recursos como unha canle de contacto entre distintos sectores
José López Campos recibe a Asociación Galega de Produtoras Independentes para tratar os retos inmediatos do audiovisual galego
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude reúnese cunha representación de Agapi, o principal colectivo empresarial do sector en Galicia, que este ano celebra o seu 30º aniversario con máis de 35 compañías asociadas
A Xunta renovou a cuberta da igrexa parroquial de Carballido, en Lugo, cun investimento de 115.000 euros
- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a intervención serviu para resolver o problema de filtración de humidades no templo, situado no Camiño Primitivo
Lunes 3 Junio 2024
López Campos resalta a "máxima protección" do Corpus Christi no seu primeiro ano como BIC
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asiste á ofrenda floral en homenaxe aos alfombristas falecidos
- É a primeira edición que se celebra tras a declaración da festa como Ben de Interese Cultural, na categoría de patrimonio inmaterial
Lara Meneses destaca o papel da rede de residencias xuvenís da Xunta no apoio á formación académica da mocidade
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude oferta este curso 2023/2024 máis de 224 prazas, das cales un 9% están reservadas para vítimas de violencia de xénero
O director de Industrias Culturais acompaña o equipo de 'Así chegou a noite' nunha das xornadas de rodaxe no Grove
O Grove (Pontevedra), 3 de xuño de 2024 O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou esta tarde o set de rodaxe de Así chegou a noite no concello do Grove, onde se sitúan varias das localizacións desta nova longametraxe do director pontevedrés Ángel Santos. A compañía galega Maruxiña Films encabeza a produción deste novo título do audiovisual galego, para o que conta cunha subvención da Xunta de máis ...
A Xunta convoca 13 bolsas de formación en materia de vivenda para titulados universitarios
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con máis 196.800 euros para financiar esta iniciativa formativa, incluíndo tamén a achega á Seguridade Social
- Os bolseiros desenvolverán a formación no Instituto Galego de Vivenda e Solo durante un período de 12 meses, susceptibles de ampliación por 6 meses máis
- Convócanse 5 bolsas para titulados no grao en Arquitectura, 1 para Arquitectura Técnica, 6 para Dereito e 1 para Economía
- O prazo de presentación de solicitudes é de 1 mes contado a partir de mañá
- Os bolseiros deben ter rematado o grao exixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020, acreditar competencia en lingua galega no nivel Celga 4 e non ter emprego remunerado no momento da solicitude
Domingo 2 Junio 2024
A Xunta abre mañá as inscricións nos campamentos de xuventude para maiores de 18 anos
- En total hai 200 prazas dispoñibles que se distribúen en cinco programas diferentes e serán adxudicadas por orde de recepción
- A oferta enmárcase nas actividades da Campaña de Verán 2024 da Dirección Xeral de Xuventude, que recupera estes campamentos para persoas entre 18 e 30 anos
A Xunta organiza unha vintena de actividades para celebrar a Semana Internacional dos Arquivos
- Visitas teatralizadas e xornadas de portas abertas, xunto a obradoiros, conferencias, e propostas musicais para achegarlle á cidadanía a actividade dos cinco arquivos xestionados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- O Arquivo de Galicia e o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra inauguran exposicións co gallo desta efeméride
Sábado 1 Junio 2024
López Campos asiste á Feira da Sidra na Estrada
A Estrada (Pontevedra), 1 de xuño de 2024 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe á Festa da Sidra, que tradicionalmente se celebra na praza do Concello deste municipio pontevedrés. ...
Diego Calvo e José López asisten ao partido de fútbol entre a Selección galega e Panamá
Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiron ao partido de fútbol entre a selección galega e Panamá, celebrado hoxe no estadio vigués Abanca Balaídos. O encontro, que contou co apoio da Xunta, supuxo a volta do combinado galego ao terreo de xogo despois de oito anos sen competir. ...
O Gaiás oferta co campamento de natureza "Raíces e ás" unha alternativa de conciliación no verán ao tempo que fomenta a conciencia ambiental na infancia
- Trátase dunha iniciativa concibida para fomentar entre as novas xeracións valores como a igualdade, o traballo en equipo, o vencello coa natureza ou a creatividade
- En total ofrece 80 prazas para a rapazada de entre 4 e 14 anos, que gozarán de actividades lúdicas e formativas na última semana de xuño e a primeira de setembro
- O programa inclúe propostas como a construción de refuxios de morcegos e hoteis de insectos, recoñecemento de aves, árbores ou plantas, xincanas ambientais, e ata unha noite de acampada no Bosque de Galicia para os nenos e nenas de maior idade
Viernes 31 Mayo 2024
Lara Meneses enxalza o papel da Rede de Espazos Xoves da Xunta para ofrecerlle á mocidade oferta de lecer nun ambiente saudable
Tui (Pontevedra), 31 de maio de 2024 A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou hoxe o Espazo Xove de Tui, onde puxo en valor o papel destes recursos da Xunta de Galicia para ofrecerlle á mocidade "oferta de lecer e de balde en espazos de encontro nun ambiente saudable". Durante a súa visita a un ensaio dunha compañía artística nada neste centro xuvenil, Lara Meneses sinalou o importante papel que fan os 12 Espazos Xove espallado...
López Campos salienta que a homenaxe de No bico un cantar á Xeración Nós demostra a "vixencia do seu legado extraordinario" entre os máis novos
- O grupo, formado por estudantes dos conservatorios galegos de música profesional, de centros de ensino musical de concellos galegos e parte do coro infantil da Orquestra Sinfónica de Galicia, interpreta poemas de Otero Pedrayo, Risco e Álvaro de las Casas
- A iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, a dirección do mestre Maximino Zumalave e o acompañamento da formación Hércules Brass
A Xunta abre o prazo para participar no Plan Proxecta , ao que este curso se adheriron 685 centros
- A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita unha actividade no IES de Ordes co gallo da publicación desta convocatoria
- Así mesmo, faise pública a resolución provisional de centros plurilingües, modelo co que contarán 511 centros a partir de setembro
- O Portal Educativo publica tamén a resolución do programa E-Dixgal, no que participarán o vindeiro curso 613 centros
- Deste xeito, a Consellería de Educación avanza na preparación do próximo curso a través de distintos programas aos que os centros se poden sumar voluntariamente
Diego Calvo e Valentín García participan no partido 'A outra Irmandiña'
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, representaron esta mañá á Xunta no partido de fútbol A Outra Irmandiña, que se disputou esta mañá no campo federativo de Coia, en Vigo e reuniu a un elenco de persoeiros do audiovisual galego, exfutbolistas e xornalistas. Este encontro de persoeiros da vida social galega serve de antesala ao partido desta tarde no estadio Aban...
A Xunta reflexiona sobre a preservación do patrimonio sonoro galego nunha xornada no Gaiás
- O encontro, organizado pola Biblioteca de Galicia, pon en valor o papel destas institucións para a conservación da música como parte do legado cultural dun pobo
- O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destaca o traballo das bibliotecas "grazas ao que se pode hoxe en día realizar investigacións sobre esta temática"
López Campos salienta a importancia cultural da Festa Indiana de Ribadeo
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe no Pazo de San Roque na presentación da IX Edición da Festa Indiana de Ribadeo, onde destacou a importancia cultural desta cita que se celebrará días 12, 13 e 14 de xullo. Na presentación, o representante da Xunta de Galicia subliñou a relevancia desta festividade para poñer en valor o que supuxo a emigración para...
O conselleiro de Cultura reúnese coa Asociación Galega de Empresas Musicais para abordar o traballo conxunto a prol do sector
- López Campos recibe a xunta directiva deste colectivo, do que forman parte preto de 50 compañías da industria musical galega
- Ademais das liñas de apoio desenvolvidas actualmente pola Xunta, tratáronse posibles accións futuras a partir dos resultados dun recente estudo de autodiagnose do sector, impulsado pola propia AGEM
Jueves 30 Mayo 2024
O conselleiro de Cultura agradece a implicación do sector en 'Galicia Escena PRO'
- Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, agradeceu hoxe a implicación do sector na celebración de Galicia Escena PRO, a feira promovida pola Xunta en colaboración coa asociación Escena Galega para dinamizar as artes escénicas.
- Fíxoo no marco da representación do espectáculo Ceibe, de Fran Sieira, ao que asistiu acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Compre lembrar que esta é unha das actividades incluídas na programación deste evento, que remata hoxe despois de ofrecer 20 espectáculos, 12 presentacións, dúas mesas redondas e un concerto.
A Xunta licita as obras de restauración do templo votivo de Panxón por máis de 360.000 euros
- A actuación conta cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polo paso do tempo neste ben de Nigrán
- Para levar a cabo esta intervención, os técnicos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude supervisaron a elaboración dun modelo 3D do edificio
- Situado ao pé do Camiño de Santiago, esta é unha das obras máis características do arquitecto Antonio Palacios
López Campos enxalza a conexión artística entre Galicia e Portugal na presentación do Festival IKFEM
- O certame de música relacionada co piano e os instrumentos da familia do teclado celébrase do 17 ao 21 de xullo en Tui e Valença do Minho con concertos únicos como o do cantautor luso Salvador Sobral
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude destaca a "oportunidade que supón unir artistas do mundo hispano, galego e lusófono para o enriquecendo da oferta cultural aos dous lados do Miño"
A solicitude de praza nas escolas oficiais de idiomas para o próximo curso será do 24 de xuño ao 5 de xullo
- Os estudantes de novo acceso deberá realizar unha preinscrición nesas datas e, de obter praza, formalizará a matrícula entre o 9 e o 19 de xullo
- Para os alumnos que continúan estudos o prazo de matrícula vai do 18 ao 28 de xuño
O Museo de Belas Artes da Coruña amosa 100 obras de importantes artistas galegos do século XX, doadas por particulares nestes últimos oito anos
- A exposición recompila pezas de creadores recoñecidos como Sotomayor, Laxeiro, Elena Gago, María del Carmen Corredoira ou Xaime Quesada, entre outros moitos
- Anxo M. Lorenzo enxalza a xenerosidade das persoas doantes, dos que puxo en valor o seu "altruísmo" para o "enriquecemento do patrimonio artístico de Galicia"
Miércoles 29 Mayo 2024
A Xunta organiza un campo de voluntariado internacional nas Illas Cíes para un cento de mozos
- Lara Meneses salienta os valores de respecto ao patrimonio natural que se lle fomenta á mocidade a través da oferta da Campaña de Verán de Xuventude
- A rapazada voluntaria colaborará en tarefas de carácter ambiental, que compaxinará con actividades de lecer e tempo libre
- O programa de verán deste ano oferta 695 prazas en 44 campos de voluntariado repartidos por toda Galicia
13 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
3 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Jueves 30 Mayo 2024
Fichero PDF Descargar PDF
El fichero pertenece al artículo:RESOLUCIÓN de 21 de mayo de 2024, de la Dirección General de Centros y Recursos Humanos, por la que se nombra y se hace pública la composición de los tribunales que juzgarán los procedimientos selectivos de acceso al cuerpo de inspectores de Educación y al cuerpo de profesores de enseñanza secundaria, al cuerpo de profesores de escuelas oficiales de idiomas, al cuerpo de maestros y al cuerpo de profesores especialistas en sectores singulares de la formación profesional, y procedimiento de adquisición de nuevas especialidades por parte del personal funcionario de carrera de los cuerpos de profesores de enseñanza secundaria, profesores de escuelas oficiales de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares de la formación profesional y maestros de la Comunidad Autónoma de Galicia (código de procedimiento ED001A) (Diario Oficial de Galicia número 32, de 14 de febrero).
- Términos detectados:
- lingua
Lunes 13 Mayo 2024
Fichero PDF Descargar PDF
El fichero pertenece al artículo:ORDEN de 29 de abril de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras que regirán las ayudas destinadas a la colaboración en la financiación de intervenciones arqueológicas y se convocan para el año 2024 (código de procedimiento CT104B).
- Términos detectados:
- lingua
Viernes 16 Febrero 2024
Fichero PDF Descargar PDF
El fichero pertenece al artículo:RESOLUCIÓN de 6 de febrero de 2024, de la Secretaría General de Política Lingüística, por la que se anuncia, con carácter voluntario y gratuito, la convocatoria de cursos de lengua gallega preparatorios de las pruebas para obtener los certificados de lengua gallega Celga 2, Celga 3 y Celga 4.
- Términos detectados:
- lingua