O delegado territorial da Xunta visita o stand da Asociación de Persoas Xordas de Ourense co gallo do 'Día Nacional da Lingua de Signos'
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Ourense, 14 de xuño de 2024
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o stand da Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU) co gallo do 'Día Nacional da Lingua de Signos', onde amosou o compromiso do Goberno galego coas persoas xordas e con discapacidade auditiva, e especificamente cun aspecto tan importante para o seu desenvolvemento como a comunicación.