A Xunta organiza unha vintena de actividades para celebrar a Semana Internacional dos Arquivos

Imagen del artículo A Xunta organiza unha vintena de actividades para celebrar a Semana Internacional dos Arquivos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Visitas teatralizadas e xornadas de portas abertas, xunto a obradoiros, conferencias, e propostas musicais para achegarlle á cidadanía a actividade dos cinco arquivos xestionados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
  • O Arquivo de Galicia e o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra inauguran exposicións co gallo desta efeméride

Santiago de Compostela, 2 de xuño do 2024

A Xunta de Galicia programa unha vintena de actividades para todos os públicos para celebrar o Día Internacional dos Arquivos, que se conmemora o vindeiro domingo 9 de xuño, coa intención de achegar o seu traballo á cidadanía e que coñezan de primeira man e dun xeito lúdico o importante labor que realizan de conservación e protección do noso patrimonio. A partir de mañá, e durante os vindeiros días, organizaranse xornadas de portas abertas, visitas guiadas —algunhas delas teatralizadas—, obradoiros, conferencias, actividades musicais e didácticas nos cinco arquivos xestionados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

 

Cómpre destacar que a programación para o festexo desta data inclúe a inauguración de dúas exposicións: unha, no Arquivo de Galicia, situado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela; e a outra, no Arquivo Histórico provincial de Pontevedra. Ambas as dúas estarán aberta ao público a partir do vindeiro venres, día 7.

 

Arquivo de Galicia

A mostra que inaugurará o Arquivo de Galicia leva por título Mentes no labirinto. Saúde mental, Cultura e Inclusión. Nela, mostraranse documentos que custodia esta institución provenientes do Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela, e tamén do antigo Hospital Psiquiátrico de Toén e do seu herdeiro, o Hospital Psiquiátrico de Piñor, en Ourense.

 

Estes fondos ilustran a historia destas institucións sanitarias e o tratamento das enfermidades mentais en Galicia desde finais do século XIX ata a actualidade. A exposición ten como obxectivo sensibilizar sobre o problema de saúde mental e darlle visibilidade na procura de desestigmatizar estas enfermidades.

 

Ademais desta mostra, aberta ata o 17 de outubro, o Arquivo de Galicia organizará durante toda a semana, do 3 ao 7 de xuño, xornadas de portas abertas para que as persoas que o soliciten poidan visitar as súas instalacións. O horario destas visitas é de 9 a 14 horas.

 

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

A segunda das mostras que se inaugurará ex profeso para conmemorar a Semana Internacional dos Arquivos é Mosteiros e conventos: unha mirada ao seu pasado, no Arquivo Histórico provincial de Pontevedra. Nesta exposición recompílanse documentos textuais e gráficos onde se plasma a historia, a evolución e a importancia dos mosteiros e conventos da provincia de Pontevedra.

 

Para completar esta mostra, o profesor da área de Historia Moderna da Universidade de Santiago (USC) Camilo J. Fernández impartirá unha conferencia o venres, día 7, sobre a historia das ordes beneditinas e cistercienses na provincia de Pontevedra, que se emitirá en directo polas redes sociais da institución.

 

Finalmente, rematarase a xornada cunha actuación de Su Garrido, cantante, música e compositora galega, nomeada aos Premios Martín Códax na categoría de canción de autora en 2023. Este concerto tamén poderá seguirse polas redes sociais do Arquivo histórico Provincial de Pontevedra.

 

Arquivo do Reino de Galicia

No Arquivo do Reino de Galicia, na cidade da Coruña, organizaranse, os días 5 e 7, visitas guiadas ás súas instalacións, nas que as persoas visitantes coñecerán os contidos e as funcións desta institución. En concreto, poderán ver unha breve mostra de selección de documentos que custodia e as persoas que participen nesta actividade terán a oportunidade de coñecer o laboratorio de restauración, na que o persoal técnico explicarán polo miúdo estas tarefas.

 

Ademais desta actividade, o xoves, día 6, celébrase ás 17,00 horas un obradoiro documental sobre a educación na Galicia do século XVIII, a través dos documentos cos que conta o arquivo. Esta xornada, completarase, ás 19 horas, cunha conferencia de Alfredo Vigo Trasancos, catedrático de Historia da Arte, quen abordará os cambios no deseño arquitectónico da cidade da Coruña na zona da Mariña e cidade vella.

 

Arquivo Histórico Provincial de Lugo

En Lugo, no Arquivo Histórico Provincial edítase, co gallo desta efeméride, un tríptico dedicado ao fotógrafo Juan José Vivancos, para o que se fará unha presentación aberta ao público nas súas instalacións.

 

Arquivo Histórico Provincial de Ourense

En Ourense, durante esta semana celebraranse visitas teatralizadas, os días 4 e 5, para dar a coñecer o legado histórico e artístico que os franciscanos deixaron na cidade de Ourense. Ademais, os días 4, 5 e 6 impartirase un obradoiro para divulgar a escrita dos monxes nos pergamiños.

 

Todas as persoas interesadas en participar nalgunha das actividades destes cinco arquivos poden consultar máis información sobre elas nas páxinas web de cada un deles. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
236712 {"title":"A Xunta organiza unha vintena de actividades para celebrar a Semana Internacional dos Arquivos","published_date":"2024-06-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150713\/SemanaInternacionalArquivos.jpg","id":"236712"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-02/236712-xunta-organiza-unha-vintena-actividades-celebrar-semana-internacional-dos-arquivos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.