As tres universidades públicas galegas ofertarán 17.000 prazas de grao e másteres o vindeiro curso

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Autorízanse o Grao Dual en Enxeñaría de Automoción da Universidade de Vigo e sete másteres, catro deles interuniversitarios entre a USC, a UVigo e a UDC 
  • Román Rodríguez denuncia o retraso da verificación definitiva da oferta por parte do Goberno central, que debería terse aprobado xa
  • Tamén se ratificou a proposta de matrículas universitarias gratuítas a partir de setembro, como paso previo para a aprobación no Consello da Xunta
  • Reitérase o compromiso da Xunta para garantir a contratación de axudantes doutores por parte das universidades malia a falta de concrecións e crédito do Goberno central
Imagen del artículo As tres universidades públicas galegas ofertarán 17.000 prazas de grao e másteres o vindeiro curso
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

As tres universidades públicas galegas ofertarán arredor de 17.000 prazas o vindeiro curso 2024-25, tras a incorporación de novos títulos de grao e máster aos que lles vén de dar o visto e prace o Consello Galego de Universidades, cuxa reunión de hoxe presidiu o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez. 

O titular do departamento educativo do Goberno Galego explicou que desde Galicia se seguen dando pasos para pechar a oferta do próximo curso pese ao retraso do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que, a través da Conferencia General de Política Universitaria, "ten a última palabra" para autorizar a oferta definitiva. Como denunciou, a proposta que Galicia eleva á Conferencia de Política Universitaria aprobábase sempre entre finais de maio ou principios de xuño. Sen embargo, este ano, a día de hoxe nin sequera está convocada a reunión, co conseguinte bloqueo.

No que atinxe ás titulacións, condicionado á resolución de verificación favorable por parte do Consejo de Universidades a nivel estatal, o Consello Galego de Universidades na súa reunión de hoxe autorizou a implantación do Grao Dual en Enxeñaría de Automoción, da Universidade de Vigo. Será o primeiro deste tipo que se implante en Galicia e contará cun total de 20 prazas. 

En canto aos másteres universitarios públicos, o Consello de Universidades autorizou sete másteres universitarios (catro deles interuniversitarios), aínda que dous deles non se implantarán aínda o vindeiro ano por decisión autónoma das propias universidades. 

Así pois, están autorizados e prevese a implantación para o próximo curso dos másteres interuniversitarios entre as tres universidades públicas en Biofabricación, Internet das Cousas-IoT e Ensino do Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua (aínda que neste último a Universidade de Vigo non vai ofertar prazas o vindeiro curso). 

Pola súa banda, autorizouse o máster en Biociencias Moleculares na Universidade de Santiago de Compostela e o máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable na Universidade da Coruña. 

Tamén quedaron autorizados hoxe o máster interuniversitario en Economía Circular entre a USC, a UVigo e a UDC, pero que as propias universidades acordaron non ofertar  aínda para o vindeiro ano, así como o máster en Cronicidade e Novos Modelos de Atención Sociosanitaria da UDC, que tamén acordou non ofertar aínda prazas pese a obter xa a autorización. 

Taxas universitarias gratuítas

O Consello Galego de Universidades tamén deu o visto e prace á acción da Xunta para implantar a gratuidade da primeira matrícula universitaria para os alumnos de grao a partir de setembro, que se materializará tras a aprobación por parte do Consello da Xunta.

A Consellería presentou ao órgano de consulta e asesoramento universitario esta medida pioneira de apoio ás familias galegas para os estudos universitarios dos seus fillos, con matrícula de balde para todos os que se matriculan por primeira vez, así como para o resto dos cursos en función da porcentaxe de aprobados.

Apoio á contratación de profesorado

Por outra banda, o Consello Galego de Universidades analizou a situación do profesorado universitario tras a entrada en vigor da nova Lei de Universidades, que implica unha redución das horas de docencia para o profesorado asociado e o axudante doutor e, en consecuencia, a necesidade de cobertura das mesmas mediante a convocatoria de novas prazas para asegurar o normal funcionamento das titulacións.

A este respecto, Román Rodríguez denunciou a "falta de transparencia, a improvisación, o nulo talante negociador e o cambio das regras de xogo" do Goberno do Estado durante todo o proceso e, sobre todo, "o escurantismo"  en canto á dotación dos fondos estatais para financiar as novas prazas.

Cómpre lembrar que o pasado mes de abril, o Goberno central impuxo ás comunidades un acordo no que o Ministerio financiaba o 66% das prazas durante seis anos e as administracións autonómicas o restante 33%. Porén, agora o Ministerio comprométese só á financiación do 60% das prazas e só durante catro meses, deixando no aire como se vai proceder ao pagamento desa porcentaxe ata 2030. Porén obriga ás comunidades a asinar un acordo no que as compromete a asumir o 40% das prazas ata 2030.

En todo caso, o conselleiro subliñou que a Xunta "vai actuar con absoluta responsabilidade" para cumprir o compromiso acadado cos tres reitores neste eido e, para ilo, xa está mantendo reunións de traballo entre a Consellería de Educación e de Facenda e as tres universidades para dar solución a un problema "xerado polo Goberno central e que agora nos toca ás comunidades autónomas arranxar".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/06/2024
265725 {"title":"As tres universidades públicas galegas ofertarán 17.000 prazas de grao e másteres o vindeiro curso","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/191031+estudiantes+campus+01a.jpg","id":"265725"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265725-as-tres-universidades-publicas-galegas-ofertaran-17-000-prazas-grao-e-masteres-vindeiro-curso https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.