A Xunta convoca 13 bolsas de formación en materia de vivenda para titulados universitarios

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con máis 196.800 euros para financiar esta iniciativa formativa, incluíndo tamén a achega á Seguridade Social
  • Os bolseiros desenvolverán a formación no Instituto Galego de Vivenda e Solo durante un período de 12 meses, susceptibles de ampliación por 6 meses máis
  • Convócanse 5 bolsas para titulados no grao en Arquitectura, 1 para Arquitectura Técnica, 6 para Dereito e 1 para Economía
  • O prazo de presentación de solicitudes é de 1 mes contado a partir de mañá
  • Os bolseiros deben ter rematado o grao exixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020, acreditar competencia en lingua galega no nivel Celga 4 e non ter emprego remunerado no momento da solicitude

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2023

A consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), convoca 13 bolsas de formación en materia de vivenda para titulados universitarios.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta nova convocatoria, á que se destinará un orzamento de 196.800 euros para financiar esta iniciativa formativa, incluíndo tamén a achega á Seguridade Social. Ademais sumarase o custe do seguro de responsabilidade civil para accidentes.

Os bolseiros desenvolverán a súa formación no Instituto Galego de Vivenda e Solo durante un período de 12 meses, susceptibles de ampliación por 6 meses máis.

O obxectivo da Resolución é convocar 5 bolsas para titulados no grao en Arquitectura, 1 bolsa para o caso de Arquitectura Técnica, 6 para graduados en Dereito e 1 en Economía.

Os beneficiarios destas prácticas contarán cunha retribución económica de 1.200 euros brutos ao mes.

Persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias desta iniciativa son todas aquelas persoas que no momento de presentar a solicitude reúnan unha serie de requisitos, como ter rematado o grao esixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020.

Os demandantes da citada bolsa tamén deben ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4 ou superior, non ter sido obxecto doutra iniciativa de formación do IGVS ou doutra similar nin ter emprego remunerado.

Esta convocatoria dálle continuidade ás que vén realizando o Instituto Galego da Vivenda e Solo nos últimos anos. Así, os bolseiros da última convocatoria atópanse xa en pleno desenvolvemento da súa formación, restándolle 6 meses de duración da prórroga da bolsa.

O Goberno galego, con este tipo de iniciativas, continúa a facilitar a realización de prácticas complementarias aos estudos teóricos e favorecer o acceso ao mercado laboral de estudantes que rematasen recentemente a súa formación superior.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) no prazo dun mes, a contar desde mañá. No seguintes enlaces ao DOG pode consultarse toda a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240603/AnuncioC3Q2-220524-0005_gl.html e https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240603/AnuncioC3Q2-220524-0006_gl.html.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
239460 {"title":"A Xunta convoca 13 bolsas de formación en materia de vivenda para titulados universitarios","published_date":"2024-06-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"239460"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-03/239460-xunta-convoca-13-bolsas-formacion-materia-vivenda-titulados-universitarios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.