A Xunta renovou a cuberta da igrexa parroquial de Carballido, en Lugo, cun investimento de 115.000 euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a intervención serviu para resolver o problema de filtración de humidades no templo, situado no Camiño Primitivo

Lugo, 3 de xuño de 2024.

A Xunta renovou a cuberta da igrexa parroquial de San Martiño de Carballido, no municipio de Lugo, grazas a un investimento de 115.140 euros da Axencia Turismo de Galicia.

O delegado territorial, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado da actuación e explicou que serviu para resolver o problema de filtración de humidades que supoñía un risco mesmo para a conservación dos elementos interiores. Ademais, procedeuse a unha mellora das paredes interiores e limpeza da fachada con medios non agresivos para eliminar a vexetación.

O templo está situado no Camiño Primitivo e rexistra unha importante afluencia de peregrinos durante todo o ano, especialmente en primavera e no verán. Neste sentido, Arias lembrou que a Xunta traballa para diversificar e promover todos os itinerarios xacobeos co propósito de repartir a peregrinación polas diferentes rutas no horizonte do Ano Santo 2027; "coa vista posta neste obxectivo, estamos a facer un importante labor de conservación do patrimonio cultural", apuntou.

Un 23% máis de peregrinos

O delegado territorial destacou que o Camiño sigue batendo récords este ano e contabilizou o peregrino número 100.000 o 13 de maio, "antes que nunca, o que revela que está cada vez máis desestacionalizado". No que respecta ao Camiño Primitivo, ata onte rexistrara un total de 6.075 peregrinos, un 23% máis que entre xaneiro e maio do pasado exercicio.

"En todo caso -concluíu-, o substancial non son as cifras, senón a experiencia que leva cada un dos peregrinos que cruza Galicia, e a elo contribúe en boa medida o estado dos recursos naturais e patrimoniais que vai atopando, e por suposto, das igrexas que vai visitando".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
241297 {"title":"A Xunta renovou a cuberta da igrexa parroquial de Carballido, en Lugo, cun investimento de 115.000 euros","published_date":"2024-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/905933\/030624+Reforma+Igrexa+de+Carballido+1.jfif","id":"241297"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-04/241297-xunta-renovou-cuberta-da-igrexa-parroquial-carballido-lugo-cun-investimento-115-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.