López Campos enxalza a conexión artística entre Galicia e Portugal na presentación do Festival IKFEM

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O certame de música relacionada co piano e os instrumentos da familia do teclado celébrase do 17 ao 21 de xullo en Tui e Valença do Minho con concertos únicos como o do cantautor luso Salvador Sobral
  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude destaca a "oportunidade que supón unir artistas do mundo hispano, galego e lusófono para o enriquecendo da oferta cultural aos dous lados do Miño"

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou esta mañá o Festival IKFEM, centrado na música relacionada cos instrumentos de teclado, e que celebra a súa 12ª edición do 17 ao 21 de xullo en Tui e Valença do Minho co apoio da Xunta de Galicia. O evento transfronteirizo, que une o talento artístico da península, contará con actuacións en enclaves de especial interese patrimonial como a Igrexa de Santo Domingo de Tui.

Tal e como explicou o titular de Cultura da Xunta, nesta edición o certame ofrecerá concertos únicos como os protagonizados polo cantautor Salvador Sobral xunto co pianista Marco Mezquida ou a soprano María Hinojosa co galego Daniel Pereira ao teclado. Neste senso, José López Campos, enxalzou a "oportunidade tan especial que ofrece o festival unindo artistas do mundo hispano, galego e lusófono, que raras veces se poden conectar".  Ademais, dixo, "é un evento que reforza os lazos entre Galicia e Portugal e enriquece unha oferta cultural de calidade aos dous lados do Miño".

O representante do Goberno galego tamén destacou a singularidade dos espazos, dando conta dos lugares históricos onde se organiza a programación e da peculiaridade de converter a ponte internacional que une Tui e Valença en escenario de varias das propostas.

Música e promoción doutras disciplinas artísticas

Rock sinfónico, jazz, música contemporánea e clásica protagonizan o programa desta edición, con actuacións como a do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e o organista galego Adrián Regueiro; a unión dos pianistas Chano Domínguez e Mário Laginha; ou un concerto da Orquestra Sinfónica Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O evento complétase con actividades como son os diálogos con artistas e axentes sociais e distintos obradoiros, ademais dunha mostra que pon en valor o talento luso e español cunha selección sobre distintas disciplinas como o teatro, a danza, a literatura, a artesanía e mesmo a enogastronomía.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
231249 {"title":"López Campos enxalza a conexión artística entre Galicia e Portugal na presentación do Festival IKFEM","published_date":"2024-05-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150710\/240530_Festival_x-1.JPG","id":"231249"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-30/231249-lopez-campos-enxalza-conexion-artistica-galicia-e-portugal-na-presentacion-do-festival-ikfem https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.