López Campos refírese a Rosalía de Castro como a muller referente da cultura galega

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Asiste á inauguración da xornadas poéticas-multilingüe 'Rosalía en Camiño 2024', coas que colabora a Xunta
  • Gaba esta iniciativa da Fundación Rosalía de Castro porque "axuda a manter o vivo un dos legados máis importantes da literatura universal"
  • A quinta edición reunirá ata sábado seis poetas de toda a península na Casa de Rosalía, en Padrón, e no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela

Padrón (A Coruña), 6 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, referiuse hoxe a Rosalía de Castro como "a muller referente da Cultura galega". Fíxoo durante a inauguración das xornadas poéticas Rosalía en camiño 2024 coas que a Xunta colabora, na que foi a súa primeira visita á Casa-Museo de Rosalía dentro da rolda prevista coas fundacións de autor que realizará por toda a comunidade.

Precisamente, o acto de presentación, ao que asistiu acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, celebrouse na Casa-Museo de Rosalía de Padrón que, xunto co Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acollerá desde hoxe e ata o vindeiro sábado, día 8, os recitais multilingües de seis poetas provenientes do País Vasco, Cataluña, Asturias, Portugal e Galicia, que participan nesta quinta edición, comisariada, un ano máis, pola poeta galega Chus Pato.

López Campos puxo en valor o papel que xogan estas xornadas á hora de "engrandecer e manter vivo o legado dunha figura referente non só de Galicia, senón da literatura universal". De igual xeito, gabou a "gran calidade" do programa, "como reflicten os nomes dos e das poetas participantes".

Recitais, encontros e actuación musical

Nesta edición, serán protagonistas dos recitais Bernardo Atxaga (País Vasco), Pol Guasch (Cataluña), Miguel Rodríguez Monteavaro (Asturias), Andrea C. Faria (Portugal) e Brenda Mondelo e Andrea Nunes, desde Galicia. Ademais de recitais, as e os autores convidados manterán xuntanzas abertas co público para profundar e intercambiar impresións respecto ás súas obras e perspectivas poéticas.

Rosalía en Camiño 2024 contará como peche da súa programación, o vindeiro sábado, día 8, cun espectáculo de poesía, música e imaxe dirixido polo poeta Miguel Rodríguez Monteavaro, canda o artista sonoro Andrés Rodrigues e o cineasta Iván Torres. Ademais, como cada ano, a Fundación Rosalía publicará un libro con poemas de cada autor e autora, incluíndo un texto en diálogo con Rosalía de Castro. Todas as persoas que asistan ao evento poderán levalo de balde.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246133 {"title":"López Campos refírese a Rosalía de Castro como a muller referente da cultura galega","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150776\/20240606_lopez_01.jpg","id":"246133"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246133-lopez-campos-refirese-rosalia-castro-como-muller-referente-da-cultura-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.