A Xunta celebra en Lugo a Semana da Administración Aberta cunha mesa redonda sobre as últimas rehabilitacións da catedral

Imagen del artículo A Xunta celebra en Lugo a Semana da Administración Aberta cunha mesa redonda sobre as últimas rehabilitacións da catedral

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dará a coñecer o froito das investigacións  arqueolóxicas e guiará unha visita ás recentes intervencións no templo e á Domus do Mitreo

Lugo, 12 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia celebra en Lugo a Semana da Administración Aberta cunha mesa redonda na que informará das últimas obras de rehabilitación levadas a cabo na Catedral lucense, á que seguirán senllas visitas guiadas para  comprobar in situ o resultado das intervencións e para coñecer en detalle o xacemento arqueolóxico da Domus do Mitreo.

O coloquio terá lugar na Casa do Saber este venres, 14 de xuño, ás 17.00 horas, está aberto a todas as persoas interesadas ata completar aforo e será inaugurado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua.

Contará coa participación de arquitectos, restauradores e arqueólogos involucrados nos traballos, que explicarán en que consistiron, os seus obxectivos, os problemas suscitados e os resultados obtidos. As intervencións centráronse fundamentalmente no claustro catedralicio pero tamén se realizaron outras actuacións complementarias, alcanzando un investimento de 625.000 euros.

Neste sentido, ademais das tarefas de conservación e restauración, tamén se desenvolveron investigacións arqueolóxicas que permitiron ter un mellor coñecemento sobre a evolución histórica do monumento, destacando a constatación dunha importante necrópole existente no subsolo do claustro e do adro catedralicio, e tamén a existencia dunha das grandes cloacas de saneamento que existía na antiga cidade romana de Lucus Augusti, a cal transcorre de leste a oeste polo subsolo do claustro catedralicio a unha profundidade de máis de 4 metros.

A Semana da Administración Aberta é unha iniciativa de ámbito mundial impulsada pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week) para achegar a acción administrativa á cidadanía, en aras de facilitar a transparencia e a participación cidadá.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
258892 {"title":"A Xunta celebra en Lugo a Semana da Administración Aberta cunha mesa redonda sobre as últimas rehabilitacións da catedral","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/120624+Acto+Semana+Administraci%C3%B3n+Aberta.jpeg","id":"258892"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/258892-xunta-celebra-lugo-semana-da-administracion-aberta-cunha-mesa-redonda-as-ultimas-rehabilitacions-da-catedral https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.