Todas las noticias de c. do mar; en Galicia en los últimos 30 días
134 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Lunes 1 Julio 2024
Villares anuncia ás confrarías que a Xunta xa ten en marcha a convocatoria de axudas de 1,75 M€ para a restauración da biodividersidade e dos ecosistemas mariños
- Desta cantidade, o 57% corresponde á aportación da anualidade de 2024 e o 42,8% restante á de 2025. Como novidade serán subvencionables os traballos de restauración realizados directamente polos mariscadores
- Están destinadas a fomentar unha pesca sostible, á conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, mediante o desenvolvemento de actividades de protección dos hábitats, incluídos bancos naturais, zonas de cría e reprodución de especies
- Dende 2019 rexeneráronse máis de 10 millóns de m2 e as entidades beneficiarias levan sementados ao redor de 277 millóns de unidades de ameixa
Rueda salienta o papel de 'Historia Marítima de Galicia' á hora de entender a comunidade como unha das maiores potencias pesqueiras
Vigo, 1 de xullo de 2024 O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á presentación do libro Historia Marítima de Galicia de Enrique López Veiga en Vigo, onde salientou que esta obra permite entender a importancia da actividade marítima na economía galega e que converte á comunidade nunha das maiores potencias pesqueiras. Durante o acto, no que estivo acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, animou á cidad...
Domingo 30 Junio 2024
Alfonso Villares asiste á XLV Rapa das Bestas do Campo do Oso
Mondoñedo (Lugo), 30 de xuño de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asiste á XLV Rapa das Bestas do Campo do Oso, en Mondoñedo. ...
Jueves 27 Junio 2024
Alfonso Villares destaca a contribución das hatchery á sustentabilidade e competitividade do sector marisqueiro fronte os desafíos do cambio climático
- O responsable autonómico resaltou das instalacións que permiten o aproveitamento dos recursos, emprega enerxías limpas e utiliza un sistema de produción amable co medio, o que o fai compatible cos ecosistemas mariños e terrestres da zona
- A implantación de criadeiros en augas autóctonas plantexa importantes ventaxas sobre as foráneas que non sobreviven no Atlántico nun contexto no que a oferta non cubre a demanda do mercado
Villares avoga por unha descarbonización da frota asumible para o sector e baixo os criterios de competitividade e de respecto ao medio ambiente
- A Consellería está a colaborar coa UDC, a Fundación Marlnnleg, o Clúster Naval galego e a Bretaña francesa nunha programación de futuro e cuxas propostas serán enviadas a Bruxelas para garantir unha descarbonización gradual, equilibrada e viable
- O titular autonómico reclama á Comisión Europea os recursos financieiros necesarios para incentivar esta revolución tecnolóxica e impulsar as modificacións necesarias nunha frota que só en Galicia, a máis relevante da UE, está composta por 4.200 buques
- A Autoridade Portuaria de Vigo está liderando esta transición con iniciativas como o deseño dunha ferramenta de análise para aumentar a capacidade de pesca con novos combustibles ou coa actualización do Sistema Educativo Europeo
Miércoles 26 Junio 2024
A Xunta ratifica o seu compromiso coa Fundación Traslatio e o Festival Iacobus Maris Experience para traer a Vigo os grandes veleiros
- A delegada da Xunta, Ana Ortiz, presentou o evento que se celebrará na dársena da Laxe do 24 ao 28 de xullo
- O festival contará con actividades para nenos e maiores, xogos infantís, casetas de comida e bebida, concertos e visitas guiadas
A Consellería do Mar aproveita a Fancy Food Show para reforzar a presenza dos produtos pesqueiros galegos no mercado estadounidense
Nova York (EUA), 26 de xuño de 2024 A Consellería do Mar continúa afondando na promoción dos produtos pesqueiros galegos a nivel internacional mediante a participación na nova edición da Summer Fancy Food Show de Nova York. Así, dentro do stand xenérico de España, a Xunta adecuou un espazo propio no que están presentes seis empresas coexpositoras do sector: Conservas La Brújula, Conservas Portomar, Fish Factory, Conservas e Refrixerad...
Martes 25 Junio 2024
Alfonso Villares pon en valor o desenvolvemento polo CIMA de 11 novos proxectos de investigación por valor próximo a 1,4 millóns de euros
- O titular de Mar destaca o traballo científico desenvolvido polos centros científicos autonómicos en favor da actividade pesqueira e marisqueira e a súa contribución á xestión racional e eficaz dos recursos mariños
- Presentáronse tres proxectos entre os que destaca o dirixido a obtención de estirpes de berberecho tolerantes ao descensos de salinidade no que participan o campus de Lugo da USC e a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra
A Xunta entrega as bandeiras azuis ao concello de Burela
Lugo, 25 de xuño de 2024 O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, fixo entrega esta mañá á alcaldesa de Burela, Carmela López, das bandeiras azuis concedidas este ano a este concello mariñán. En concreto, o Concello de Burela acadou este recoñecemento para as praias de A Marosa e O Portelo, o barco museo Reina del Carmen, o centro de educación ambiental Gaia e a ruta do litoral burelés. Arias sinalou que estes recoñecementos po...
Lunes 24 Junio 2024
A Xunta de Galicia inviste máis de 150.000 euros na renovación da envolvente da nave de xeo de Muxía
- O conselleiro do Mar visitou as obras consistentes na reposición das fachadas e a cuberta do edificio e que se atopan en fase moi avanzada
Domingo 23 Junio 2024
Villares enxalza o Camiño de Santiago como canle de difusión da cultura mariñeira e gastronómica galega
Vigo, 23 de xuño de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destaca o Camiño de Santiago como canle excepcional de difusión da cultura mariñeira e gastronómica galega na que a dieta atlántica xoga un papel protagonista grazas á riqueza, variedade e sabor da despensa mariña de Galicia. Así o manifestou na recepción a 40 peregrinos da Asociación Amigos do Camiño do Mar que remataron este domingo a ruta Xacobea iniciada en Ribadeo....
Viernes 21 Junio 2024
A Xunta aposta pola formación dos profesionais do mar para o desenvolvemento do pescaturismo e o turismo mariñeiro
Noia (A Coruña), 21 de xuño de 2024 A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, participou na entrega de diplomas no Casino de Noia dos cursos de turismo mariñeiro para marisqueo a pé e pesca turismo que impartiu o Galp Costa Sostible desde febreiro ata maio. As accións formativas foron realizadas en horario de mañá e de tarde co obxectivo de facilitar a asistencia en función da dispoñibilidade dos asistentes, part...
A Xunta colabora con Culturmar na organización do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
- A Consellería do Mar asinou un novo convenio coa entidade co obxectivo de promover a defensa do patrimonio marítimo material e inmaterial
- O Goberno galego aportou, desde o ano 2009, máis de 426.000 euros para a realización do Encontro de Embarcacións de Galicia
- O Plan da Cultura Marítima de Galicia. Horizonte 2030 promovido pola administración autonómica potencia o sector marítimo-pesqueiro, clave no desenvolvemento económico e social de Galicia
Jueves 20 Junio 2024
A Xunta lanza a web de Redemar para achegar a súa actividade e o coñecemento adquirido ao sector pesqueiro e ao gran público
- O portal, que se desenvolveu en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, amosa o traballo desta rede de colaboración entre os profesionais e os organismos científicos galegos
- En 2023 Redemar desenvolveu nove proxectos de investigación e viu incrementado o seu orzamento un 42% este ano ata o 1,8 millóns de euros
Miércoles 19 Junio 2024
Alfonso Villares destaca o liderado de Ribeira na pesca de baixura e anima a cidadanía a aproveitar o San Xoán para consumir a mellor sardiña galega
- A lonxa ribeirense está acaparando a maioría das descargas desta especie este ano marcado polas boas capturas aínda que a maioría da flota do cerco continúa no cantábrico apurando a campaña do bocarte
- O titular de Mar agarda que este ano se poidan superar as cifras do ano pasado no que se rexistraron 18.700 toneladas en capturas e se acadou unha facturación de 17,6 millóns de euros
Martes 18 Junio 2024
A Xunta cualifica de "chapuza" a sementeira realizada polo Goberno central tras a dragaxe da ría do Burgo e reclama que se cumpra co marcado no proxecto
- A Consellería do Mar sinala que só foron sementadas dúas das catro especies existentes previamente ás obras, en menos unidades das necesarias para unha correcta rexeneración e polos propios obreiros da obra, sen a cualificación necesaria
- Villaverde recorda que a obra foi proxectada no Goberno de Rajoy e que, se ben foi licitada por 40 millóns de euros, finalmente foi adxudicada por menos de 27 millóns, un aforro que podería reverter nas 80 familias afectadas por esta actuación
- Reclama ao Executivo estatal que cumpra cos compromisos adquiridos como promotores da dragaxe e responsables exclusivos das compensacións e reiterou o apoio da Xunta ás demandas do sector
Alfonso Villares preside a reunión do Padroado de Cetmar, que aprobou as contas do exercicio 2023
Vigo, 18 de xuño de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu hoxe en Vigo a reunión do Padroado do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, que aprobou as contas do exercicio 2023, cando a institución galega superou os 4 millóns de euros en ingresos, fundamentalmente pola súa actividade na execución de proxectos e servizos no ámbito da investigación mariña. No transcurso da reunión, a directora-xerente de CETMAR, Palo...
Lunes 17 Junio 2024
A Xunta critica que se cargue nos axustes constantes á actividade da flota a mellora do estado dos caladoiros comunitarios
- O responsable autonómico sinala que que se ben hai indicios de sustentabilidade ambiental e económicos, grazas a caída do coste do gasóleo, estes non teñen traslado en termos sociais
- Destacou que son os caladoiros onde opera a frota galega onde se percibe unha mellora da situación dos recursos pesqueiros así como a importancia de afondar no análise dos factores externos que inflúen no estado das pesqueiras
- Tamén indicou a necesidade de revisar a implantación de TAC plurianuais seguindo pautas de equilibrio e non a baixa así como que estas sexan debatidas coas CC.AA. co obxectivo de aportar datos que permitan alzas e novos axustes
Viernes 14 Junio 2024
Villares sitúa ao Grupo Pereira como referente en integración vertical, abarcando todas as fases do proceso produtivo ata a venda do produto final
- Puxo en valor o carácter social e empresarial desta entidade, dentro do proceso produtivo que achega preto do 5 % do PIB galego; ratificando o seu liderado no eido da exportación
- Grupo Pereira dispón de filiais en África e América do Sur e recentemente alcanzou un novo fito coa botadura dun novo buque arrasteiro, o Argos Berbés, que operará no caladoiro de Malvinas
Alfonso Villares visita a exposición "Retrato de un bosque de laminarias" que conxuga o respecto pola pesca coa innovación
Vigo, 14 de xuño de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a exposición "Retrato de un bosque de laminarias" da artista viguesa Elena Alonso, e que se pode visitar no Museo do Mar de Galicia na cidade olívica ata o 30 de xuño. A mostra é unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, a través da Consellería que dirixe Villares, a Autoridade Portuaria de Vigo, o Museo e o Campus do Mar vigués. A mostra é o resultado dun prox...
Jueves 13 Junio 2024
A Xunta traslada o seu labor e compromiso a prol da mellora da clasificación microbiolóxica das zonas de produción marisqueira de Cedeira e Valdoviño
- A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá unha reunión con representantes de ambos concellos e a confraría de Cedeira para analizar a situación dos bancos marisqueiros da ría e posibles medidas para mellorala
A Xunta sitúa o sector agroalimentario como unha das potencias económicas da nosa comunidade na entrega dos X Premios Galicia Alimentación
- María José Gómez vinculou a alimentación coa identidade propia dos galegos e sinalou que nela "conflúen moitos dos trazos que nos identifican dentro e fóra das nosas fronteiras"
- Ademais, a conselleira reafirmou o apoio do Goberno galego ao sector primario mediante estratexias sectoriais, axudas e medidas de protección, certificación e promoción da calidade diferenciada dos produtos alimentarios, como serán as sete feiras en cidades
- O titular de Mar destacou a calidade e a innovación dos produtos galegos, que se sitúan como excepcionais no mercado nacional e internacional
Alfonso Villares destaca a proxección exterior do liderado galego no ámbito pesqueiro con compañías que operan en catro continentes
- O titular de Mar sitúa o desenvolvemento de modelos de negocio integrados que vaian desde a extracción da materia prima ata a súa comercialización, a aposta pola xeración de valor engadido e pola sustentabilidade como os mellores piares do sector
- O responsable autonómico puxo en valor a traxectoria do Grupo Profand, fundado no 2011, que na actualidade ten presenza en nove países repartidos en catro continentes converténdose no segunda maior compañía pesqueira de España
- Tamén reclamou ao Goberno central celeridade para tramitar o comprometido "mini-Perte" para a cadea mar industria que permitiría activar novas inversións e acelerar a súa transformación e modernización
Miércoles 12 Junio 2024
Villares destaca no Parlamento co programa Marlimpo promovido pola Xunta permitiu a retirada de 425 toneladas de residuos das costas galegas
- Foron un total de 36 os proxectos desenvolvidos nos últimos catro anos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños que permitiron extraer do litoral restos de vidro, cerámica, madeira ou plásticos
- Sinalou que nas 309 limpezas activas realizadas e as recollidas nas xornadas de traballo de pesca ou marisqueo involucraron a arredor de 1.200 persoas e a 145 embarcacións de confrarías de pescadores repartidos por toda Galicia
Alfonso Villares pon en valor a calidade dos produtos do mar e insiste no fomento do seu consumo dende o interior de Pontevedra
A Estrada (Pontevedra), 12 de xuño de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a peixería Chedas así comos as peixerías do Novo Mercado da Estrada onde puxo en valor os esforzos realizados desde a Xunta na promoción continúa dos produtos pesqueiros galegos tanto na costa como no interior da comunidade. O titular de Mar, acompañado polo rexedor estradense, Gonzalo Louzao, enxalzou a calidade e sabor do peixe e marisco galegos e...
Martes 11 Junio 2024
Alfonso Villares anima a consumir peixe polos seus beneficios á saúde e o impulso que xera na actividade do sector marítimo-pesqueiro
Vilanova de Arousa (Pontevedra), 11 de xuño de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a Praza de Abastos de Vilanova de Arousa para visitar as peixerías alí presentes e destacar xunto aos profesionais que se encargan da venda de peixes e mariscos a importancia do seu consumo tanto polos beneficios para a saúde que aporta como polo positivo impacto que se xera no sector marítimo-pesqueiro galego. Nesta liña reivindicou a dieta...
A Xunta de Galicia ultima a humanización e mellora da seguridade viaria no acceso ao porto de Raxó, orzamentada en máis de 900.000 euros
- O conselleiro do Mar visitou os traballos en execución, cofinanciados por Portos de Galicia e o Concello de Poio e que inclúen tamén a rede de instalación de servizos urbanos
Lunes 10 Junio 2024
Alfonso Villares destaca os peixes e mariscos galegos como elementos diferenciais e de excelencia da despensa galega
- O titular de Mar pon en valor esta iniciativa solidaria que este ano é en beneficio da Asociación Galega Síndrome Fráxil e que reúne a de chefs de renome nacional e internacional
- O responsable autonómico resaltou o auxe e a innovación que hai detrás das novas xeracións de cociñeiros galegos con novas reinterpretacións nas que os produtos do mar de Galicia son os protagonistas
Viernes 7 Junio 2024
Belén do Campo anima á cidadanía a participar no Festival Mar de Mares que acolle A Coruña e no que a Xunta pon en valor os produtos pesqueiros galegos
- A delegada territorial participou na apertura do evento coa inauguración da exposición "O noso rastro no mar" e subliñou o apoio do Goberno galego a través da campaña Galicia sabe Amar
Jueves 6 Junio 2024
Alfonso Villares enxalza a esencial contribución da acuicultura galega para alcanzar a soberanía alimentaria e a sustentabilidade do sector
- O responsable autonómico destaca que o Goberno galego seguirá apostando por este tipo de iniciativas que contribúen a impulsar a competitividade dunha actividade estratéxica e con gran potencial de crecemento
- A industria dos cultivos mariños é fundamental para a economía de Galicia, pois conta con preto de 2.600 empresas que xeran 5.600 empregos e que en 2023 lograron unha facturación de 232 millóns de euros
Miércoles 5 Junio 2024
Alfonso Villares sinala como imprescindibles as iniciativas dirixidas a promocionar os produtos do mar para revitalizar o seu consumo
- O responsable autonómico destaca que esta acción reforza outras desenvolvidas pola Xunta como GALICIA SABE AMAR ou AMAR GALICIA que poñen o foco na calidade da materia prima e na profesionalidade e saber facer da xente do mar
- Tamén reclamou a implicación doutras administracións na tarefa de impulsar o consumo deste tipo de alimentos, con importantes beneficios para a saúde e volveu a demandar ao Goberno central a rebaixa do IVE do peixe, mariscos e conservas
- A Asociación Galega de Empresas Depuradoras de Moluscos (Agade) da continuidade a unha campaña posta en marcha a principios de ano que percorrerá todo o territorio galego con actividades como showcookings e catas de produto
Alfonso Villares traslada ao alcalde de Rianxo o apoio da Xunta á nova edición da Festa da Xouba
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, no que trasladou o compromiso de apoio e colaboración da Consellería do Mar de cara a celebración da nova edición da Festa da Xouba que acolle o municipio coruñés. Un evento gastronómico de auténtica exaltación deste peixe que conta con selo de calidade propio Xouba de Rianxo- Pesca Ar...
A Consellería do Mar seguirá impulsando medidas que favorezan o consumo e a comercialización dos produtos pesqueiros
- Antonio Basanta confirma que o obxectivo é dispoñer de máis e mellor materia prima, manter a calidade das producións, incidir na identificación e na diferenciación e fomentar a ampliación de mercados
- Con esta finalidade, o departamento que dirixe Alfonso Villares, aumentou nun 30 % o investimento na dinamización mercantil e na promoción do consumo
Martes 4 Junio 2024
A Xunta inviste 650.000 € na ampliación de prazas de pantalán no porto de Celeiro, en Viveiro
- O conselleiro do Mar visitou a dársena na que se están a executar os traballos que permitirán a creación de 18 novas prazas de 3ª lista e 52 para náutica recreativa
A Xunta inviste 650.000 € na ampliación de prazas de pantalán no porto de Celeiro, en Viveiro
- O conselleiro do Mar visitou a dársena na que se están a executar os traballos que permitirán a creación de 18 novas prazas de 3ª lista e 52 para náutica recreativa
Domingo 2 Junio 2024
Belén do Campo destaca a presenza dos mellores barcos e patróns na Coruña esta fin de semana na Regata Infanta Elena de clase J-80
A Coruña, 2 de xuño de 2024 A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou, esta tarde, no XXVII Campionato de España Infanta Elena J-80. A representante do Goberno autonómico destacou que "durante este fin de semana, a privilexiada baía coruñesa acolleu aos mellores barcos e aos mellores patróns de España na modalidade J-80. Esta categoría é coñecida pola súa desafiante e emocionante navegación, xa que estes veleiros están dese...
Sábado 1 Junio 2024
O INTECMAR organiza unhas novas xornadas de portas abertas para dar a coñecer o extraordinario labor que realiza en prol do control do medio mariño
- Os participantes comprobarán a funcionalidade deste centro, creado en 1.992, para dar cumprimento á lexislación vixente en materia de calidade de produción de moluscos e outros organismos, contribuíndo á protección do medio mariño
- Trátase dun Instituto de recoñecido prestixio, avalado recentemente coa Medalla Institución 2024 ANFACO-CECOPESCA e, en 2022, polo Colexio Oficial de Biológos de Galicia como Institución do Ano
O conselleiro do Mar clausura en Mondoñedo as xornadas "Os Camiños de Santiago a Galicia. O seu coñecemento e divulgación"
Mondoñedo (Lugo), 1 de xuño de 2024 O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, clausurou este sábado as xornadas "Os Camiños de Santiago en Galicia. O seu coñecemento e divulgación", organizadas pola Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (Fegac), e nas que destacou os distintos roteiros como elementos dinamizadores da economía ligados á cultura e ao turismo. Villares felicitou aos organizadores e expresou a v...
Jueves 30 Mayo 2024
A Xunta traslada a súa colaboración ao Goberno central para que asuma o abono das compensacións ao sector como promotora da dragaxe da Ría do Burgo
- Desde a Consellería do Mar sinalan que o Goberno galego ven colaborando desde o inicio desta actuación aportando a información precisa para a realización dos cálculos das compensacións económicas aos profesionais afectados
- Desde a administración autonómica recordan que a declaración de impacto ambiental do Executivo estatal sinala que o cese de actividade inclúe o período que transcorre desde que finalice a obra ata que os bivalvos acaden un tamaño comercial
- Traslada a vontade de colaborar na realización de proxectos que encaixen dentro das liñas de axudas existentes e no marco das competencias autonómicas nesta materia
Miércoles 29 Mayo 2024
Alfonso Villares pide ao Goberno central que rectifique e abandone a negativa de rebaixar o IVE aos produtos do mar
- O titular de Mar volve alzar a voz en apoio á cadea produtiva, pois a decisión unilateral do Executivo central prexudica notablemente ao sector marítimo-pesqueiro e ás súas industrias transformadoras
- Destaca que diminuír ou eliminar este imposto revertiría tanto no aumento do consumo, ao ser considerado como alimento de primeira necesidade, como na xeración de emprego
Martes 28 Mayo 2024
Villares pon en marcha a mesa de traballo do marisqueo na que canalizar o traballo dos técnicos autonómicos en favor da actividade produtiva
- O responsable autonómico destaca a experiencia e profesionalidade do persoal da Consellería do Mar e dos centros de investigación galegos como a mellor garantía para atopar solucións ante os desafíos actuais do sector
- Na xornada os diferentes departamentos compartiron as liñas de traballo que están a desenvolver, as necesidades detectadas así como o análise desde diferentes perspectivas da situación actual
- Este primeiro encontro serviu como punto de partida e será complementado con novas reunións internas das diferentes unidades para afondar nos obxectivos plantexados de cara a unha nova xornada no vindeiro mes de xuño
Alfonso Villares enxalza o novo programa da universidade intercontinental da empresa que sitúa a Galicia á vangarda na formación en xestión pesqueira
- O responsable autonómico destaca a importancia de manter un equilibrio entre as capacidades de pesca existentes e os recursos pesqueiros dispoñibles para garantir a conservación dos recursos e a necesaria soberanía alimentaria
- Tamén sinalou á UIE como aliada do sector contribuíndo co desenvolvemento de estratexias e competencias formativas adaptativas que faciliten a remuda xeracional e ao reforzo do liderado da nosa comunidade no ámbito da pesca
- O programa xurde da demanda dun dos sectores máis importantes de Galicia e está deseñado coa innovación, a sustentabilidade e a perspectiva global como eixos centrais pensando nunha industria esencial na produción sostible dos alimentos
Lunes 27 Mayo 2024
Alfonso Villares anuncia ás federacións de confrarías novas axudas ao sector para a rexeneración dos bancos marisqueiros
- A previsión é publicar no mes de xuño tres liñas de axudas, dúas delas para apoiar a rexeneración dos bancos marisqueiros e a restauración da biodiversidade e outra liña de carácter extraordinario ás entidades asociativas do sector pesqueiro
- É a terceira xuntanza desde que tomou posesión e na que tamén se rendeu contas dos encontros mantidos coas confrarías das zonas da Mariña, Ferrol e Ortegal para abordar as necesidades específicas das diferentes entidades
- Este martes haberá a primeira reunión da Mesa de Traballo do Marisqueo conformada por persoal técnico dos departamentos territoriais e servizos centrais, do CIMA, o Intecmar e o Cetmar para establecer liñas de traballo e áreas de interese específicas
Domingo 26 Mayo 2024
Diego Calvo e Alfonso Villares asisten ao partido do Rácing de Ferrol na penúltima xornada da segunda división
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiron esta tarde no estadio da Malata xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, ao partido entre o Racing Club Ferrol e o Club Deportivo Leganés correspondente á 41ª xornada da Liga Hypermotion. O empate neste encontro impediu o ascenso directo do Leganés á Primeira División mentres que o conxunto ferrolán...
Viernes 24 Mayo 2024
Alfonso Villares sitúa a innovación no ámbito mariño como peza chave para avanzar na resiliencia e sustentabilidade da acuicultura galega
- O responsable autonómico enxalza como modelo a elaboración do Índice de Resiliencia Operativa do proceso de cultivo de mexillón na ría de Arousa como grupo de investigación REDE da Universidade de Vigo
- Este taller está enmarcado nun dos proxectos da Misión de Adaptación ao Cambio Climático da Comisión Europea co obxectivo de buscar solucións transformadoras de adaptación aos efectos do quentamento global
- O reforzo da captación de datos climáticos, a utilización de sistemas tecnolóxicos compartidos para mellorar o fluxo de información e proporcionar asistencias técnicas que facilite a adopción de tecnoloxías punteiras entre as principais conclusións
Galicia comparte experiencias e estratexias na promoción dos produtos pesqueiros con Perú
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado pola directora-xerente da Fundación do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), Paloma Rueda, mantivo un encontro cunha delegación do Perú composta polo director de Promoción e Formalización Pesqueira Artesanal, Ricardo Contreras, e do coordinador executivo do Programa Nacional 'A Comer Peixe', Félix Fabian no marco do proxecto '2023- SANPerú' que l...
Jueves 23 Mayo 2024
Alfonso Villares pon en valor a fortaleza e a competitividade do sector pesqueiro galego como piares da súa presenza internacional
- O responsable autonómico destaca a importancia de que as compañías galegas dominen todas as fases da produción, desde a captura da materia prima, ata comercialización do produto final para xerar un maior valor engadido
- Tamén enxalza os esforzos do conxunto da cadea mar-industria para afondar na súa transformación e modernización dirixidas a garantir a sustentabilidade da actividade pesqueira e lamentou que non se vexa acompañados por un Perte á altura
- O titular de Mar amosa a súa preocupación pola crise diplomática con Arxentina e insta a todas as administracións a traballar con mesura e responsabilidade como o Goberno galego en favor dos intereses compartidos a ambos lados do Atlántico
Villares destaca as melloras na habitabilidade e seguridade nos buques galegos e os seus efectos nas condicións de traballo dos profesionais
- O titular de Mar subliñou as importantes sinerxías creadas entre as empresas pesqueiras da comunidade e os estaleiros no proceso de modernización da frota contribuíndo ao crecemento económico de Galicia
- A Pobra do Caramiñal consolídase como porto de entrada de calamar complementando as descargas de túnidos para proveer de materia prima a industria da conserva e do conxelado da comarca do Barbanza
- O responsable autonómico lamentou que só sexa a Xunta quen aporte recursos en apoio do sector marisqueiro cando o Estado dispón de 40 veces máis recursos e amosou o seu escepticismo sobre os efectos da moción aprobada no Senado
Portos de Galicia outorga títulos para a xestión de espazos públicos con bonificacións de ata o 90 % en Muxía, Laxe, O Freixo, A Guarda e Ortigueira
- Entre as instalacións suxeitas á redución de taxas atópanse edificios de lonxa, estaleiros, estacións marítimas e aulas de formación
Miércoles 22 Mayo 2024
Villares garante en Baleira o apoio decidido da xunta á acuicultura galega, sector ao que a consellería destinará este ano máis 20,6 millóns de euros
- Destaca que apostar por estes centros produtivos ten efectos positivos na economía e na creación de emprego, respectando a legalidade e o coidado do medio ambiente, pero tamén no compromiso de dar vida ao rural e atallar o reto demográfico
- O responsable autonómico louvou o traballo no ámbito da innovación que desenvolve esta compañía a través de diferentes proxectos de investigación que considera claves para asegurar a sustentabilidade e competitividade do sector
Portos de Galicia e o Concello de Mañón asinan un convenio de colaboración para o mantemento das canalizacións de depuración de augas
- O ente público autoriza á Administración local a intervención en zona portuaria para as tarefas relativas á rede de saneamento en Bares e O Barqueiro
O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia presenta os seus avances nunha asemblea que reúne en Santiago a máis de 170 investigadores
- Durante a xuntanza, que tivo lugar hoxe na Cidade da Cultura, desenvolvéronse 36 relatorios agrupados en 5 paneis por parte de expertos de 10 institucións
- A xornada serviu para presentar aos membros do comité experto externo, un órgano consultivo independente que prestará asesoramento e apoio estratéxico
Martes 21 Mayo 2024
A Xunta de Galicia adxudica o servizo mantemento das instalacións eléctricas dos portos autonómicos durante 3 anos por 1,9 millóns de euros
- José Antonio Álvarez informou de que o contrato contempla a posibilidade de prórroga por 2 anualidades máis ata un valor total de 3,6 millóns
- Inclúe todas as obras de prevención, reparación e novas instalacións para a conservación do conxunto do subministro eléctrico das 122 dársenas de titularidade autonómica
Alfonso Villares mantén un encontro de traballo con Anmupesca para analizar as necesidades do sector
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro de traballo con representantes da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) para analizar as necesidades e demandas das profesionais do mar. Na xuntanza o responsable autonómico trasladou á presidenta do colectivo, Rita Míguez, a vontade de traballar man a man co sector no marco dun modelo de xestión de cogobernanza co obxectivo...
A Xunta apoia a actividade marisqueira de Galicia con axudas que superan os 11 M€
- Con este obxectivo, a Consellería do Mar fixo unha encomenda de xestión a Seaga para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños por valor de 1,3 M€ e incrementou nun 20 %, con respecto a 2023, a achega para mellorar a produtividade dos bancos marisqueos con perda de produción
- Villaverde adianta que proximamente se proxecta publicar a concesión directa de axudas extraordinarias, por valor de máis de 400.000 €, ás entidades asociativas ante os graves acontementos ambientais co fin de garantir a súa viabilidade
- Insta ao Goberno a corrixir a súa negativa a axudar ao sector do mar galego, sobre todo ao marisqueo, ao non tramitar a declaración de zona catastrófica nas rías para compensar as perdas pola mortaldade severa nas poboacións de bivalvos
Viernes 17 Mayo 2024
Villares pon en valor a excelencia e a calidade do produto que sae das lonxas galegas nas xornadas de xarda de Ribadeo
Ribadeo, 17 de maio de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, pon en valor a excelencia e a calidade do produto que sae das lonxas galegas nas Xornadas de Xarda de Ribadeo. Villares felicitou ao Concello e a Acisa por esta iniciativa que ten por obxectivo contribuír á promoción do consumo do peixe como parte dunha dieta saudable e equilibrada. O conselleiro indicou que esta e outras iniciativas coas que colabora a Xunta teñen como fin...
Jueves 16 Mayo 2024
Villares avoga polo equilibrio entre o respecto ambiental e a sustentabilidade económica para que a pesca e a acuicultura sigan sendo prioritarios no litoral galego
- Destaca a importancia da colaboración do sector coa administración para enxalzar o valor engadido desta especie e aumentar así a súa demanda no mercado e o incremento do seu prezo
- Adianta que o Goberno galego seguirá a traballar para que se lle conceda un trato xusto ao tecido produtivo do mar, esencial para o futuro de Galicia
Miércoles 15 Mayo 2024
Villares confirma que a Xunta traballa intensamente nun plan dotado con 123 M€ para impulsar a competitividade e sostibilidade do marisqueo
- Afirma que, para unha solución adaptada a cada zona de marisqueo, se está a traballar intensamente cos centros de investigación e os técnicos; un traballo para o que a Xunta de Galicia continúa sen o apoio do Goberno central
- Destaca que a viaxe institucional a Arxentina reforzou as vías de comunicación e apoio aos intereses das empresas pesqueiras galegas que desenvolven a súa actividade no país suramericano
A Consellería do Mar avanza na creación de mesas de traballo cos centros de investigación mariña para abordar a situación actual da actividade marisqueira
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024 A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo un encontro por videoconferencia cos responsables dos diferentes centros de investigación mariña dependentes da Consellería do Mar -Intecmar, Cetmar e CiMA- co obxectivo de avanzar na constitución de mesas de traballo nas que abordar posibles novas solucións con efectos a curto prazo sobre a situación actual da actividade ma...
Manuel Pardo pon en valor a LIII Edición da Festa do Peixe de Bande
- A abundancia de peixe ríos da zona foi un factor importante que influíu na elección de Bande como sede do campionato de pesca, amparado pola Federación Galega
- Durante os días don certame, hai moitas outras actividades dispoñibles ademais de música e festa
- Nas semanas previas á festa realízase o concurso 'Peixiños'. Este certame está dirixido a nenos e nenas de infantil e educación primaria da comarca da Baixa Limia
Martes 14 Mayo 2024
Alfonso Villares sitúa Galicia á vangarda na defensa da cultura marítima e enxalza o Pcuma como folla de ruta das actuacións con horizonte no 2030
- O responsable autonómico sinala o potencial da comunidade neste ámbito con máis de 1.600 km de costa, 16 rías e 80 concellos costeiros nos que se concentra a metade da poboación galega
- A estratexia galega recolle 100 accións dirixidas a conservar, estender e promover a cultura marítima mediante a creación dun sistema galego que permita converxer recursos e que potencie espazos culturais a través de empresas tradicionais do mar
- Este foro supón o punto de inicio do proxecto SEALabHaus impulsado pola Universidade da Coruña que ten como obxectivo a creación dunha plataforma que serva para difundir iniciativas que axuden a transformar o ecosistema costeiro
Villares recoñece o traballo das peixerías na promoción da calidade do peixe e mariscos galegos
Ames (A Coruña), 14 de maio de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, puxo en valor o importante papel das peixerías na promoción da calidade e sabor do peixe e mariscos galegos así como o seu consumo como parte dunha dieta equilibrada como atlántica. Así o manifestou durante a visita á peixería Ollomol no municipio coruñés de Ames onde destacou os beneficios para a saúde que presentan os produtos do mar pola súa riqueza nutrit...
Lunes 13 Mayo 2024
Alfonso Villares aborda co alcalde de Ponteceso posibles actuacións no espazo portuario de Corme
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, para abordar novas vías de colaboración así como estudar posibles actuacións de mellora nos espazos portuarios deste concello coruñés. O titular de Mar tratou co rexedor da localidade as necesidades existentes ...
Domingo 12 Mayo 2024
Alfonso Villares sitúa o comercio de proximidade "como elemento estratéxico para a difusión e promoción dos produtos do noso mar"
Ribadeo, 12 de maio de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, sitúa o comercio de proximidade "como elemento estratéxico para a difusión e promoción dos produtos do noso mar". Así o indicou logo de participar no programa Domingueo en Ribadeo, que impulsan conxuntamente a entidade local e Acisa co fin de fomentar a economía local. Domingueo en Ribadeo xurde como unha alternativa de lecer e un polo de atracción do turismo nesta loca...
Viernes 10 Mayo 2024
Alfonso Villares cualifica de "falta de respecto" a negativa do Estado a declarar como zona catastrófica os bancos marisqueiros das rías galegas
- O titular de Mar amosa a súa sorpresa pola resposta e denuncia co Executivo estatal responda máis de 5 meses despois a través dunha nota de prensa sinalando que nin tramitaron a solicitude realizada polo Goberno autonómico
- O responsable autonómico tamén critica que as mesmas formacións que sosteñen o Goberno central sexan as que sosteñen as pancartas dicindo defender as reclamacións do sector marisqueiro galego
A delegada territorial da Xunta en Ferrol e o presidente da Autoridade Portuaria abordan a evolución dos traballos na fachada marítima
Ferrol, 10 de maio de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro co presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao (APFSC), Francisco Barea, co que abordou o estado de execución das obras de fomento da mobilidade na fachada marítima de Ferrol que está a executar a Autoridade Portuaria co apoio económico do Goberno galego. As actuacións, que se desenvolven en varias fases, contan cu...
Jueves 9 Mayo 2024
Villares destaca a importancia de traballar no reforzo dos lazos pesqueiros de Galicia con Arxentina
Redondela (Pontevedra), 9 de maio de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, resaltou o reforzo das relacións económicas no ámbito pesqueiro entre Galicia e Arxentina tras a viaxe institucional ao país suramericano. Así o dixo durante unha visita ás instalacións das empresas Puerto Vieira e Copemar no concello pontevedrés de Redondela onde subliñou que é esencial que todas as administracións traballen no mesmo sentido, coidando o...
Villares pon en valor a potencia pesqueira galega e pide que se escoiten as súas necesidades en Europa
Vigo, 9 de maio de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a potencia e vigor da cadea mar-industria galega e reclamou que as súas demandas sexan atendidas polas institucións comunitarias. Así o manifestou durante o encontro cos responsables da empresa Pescapuerta que enmarcou nunha ronda de contactos con diferentes entidades do sector pesqueiros cos que manter un diálogo fluído para coñecer as súas demandas e necesidades e ...
Dez portos de titularidade autonómica consiguen o distintivo bandeira azul 2024
- ADEAC, entidade promotora dos galardóns, distinguiu nesta edición ao Real Club Náutico de Ribadeo, Club Náutico de Sada, Sadamar, Real Club Náutico de Portosín, Club Náutico Portonovo, Monte Real Club de Iates de Baiona, Real Club Náutico Rodeira de Cangas, Nauta Sanxenxo, Real Club Náutico de Sanxenxo e Porto Deportivo Pedras Negras
Miércoles 8 Mayo 2024
Villares defende a revisión da política pesqueira común como prioridade na axenda europea co fin de garantir o futuro do sector
- O titular de Mar fixo un chamamento "á reflexión conxunta", pois a convocatoria de eleccións europeas "tenos que levar a repensar Europa desde unha Galicia unida"
- Considera que se abre un escenario para atender a demandas de todas as concas marítimas e comezar un debate político que conduza a unha nova PPC, na que se reequilibren os seus alicerces sociais, económicos e ambientais
- Trátase de evitar decisións que impiden a supervivencia de parte da frota como o Regulamento de Execución, recorrido ante o Tribunal Superior de Xustiza da UE pola OPP-7 de Burela e no que o Goberno galego participa como coadxuvante
A Xunta destaca no día de Europa o papel da Unión Europea no desenvolvemento da actividade pesqueira
Vigo, 8 de maio de 2024 O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, asistiu ao acto con motivo da celebración do Día de Europa na sala de exposición permanente do Museo do Mar de Galicia e organizado pola Axencia Europea de Control da Pesca. O responsable autonómico destacou, acompañado pola directora desta institución comunitaria, Susan Steele, o importante papel que xoga a Unión Europea no desen...
A Xunta apoia a iniciativa Competemar para favorecer a internacionalización das empresas pesqueiras
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024 O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou na inauguración na capital galega do primeiro módulo do curso formativo posto en marcha no marco do programa para a Mellora Competitiva das Empresas do Mar (Competemar) organizado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e que está financiado pola Consellería do Mar. O obxectivo é formar aos responsa...
Martes 7 Mayo 2024
Alfonso Villares destaca que a ampliación do Museo de Mar de Noia dá valor engadido á cultura e ao patrimonio mariños e á economía local
Noia (A Coruña ), 7 de maio de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou que a colaboración da Xunta de Galicia para ampliar o Museo do Mar de Noia dá valor engadido á cultura e ao patrimonio mariños e á economía local. Así o indicou na visita realizada a estas instalacións, na que estivo acompañado da Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, e do alcalde da localidade, Santiago Freire, e que foron me...
Villares aborda coas federacións de confrarías o deseño de novas medidas de avance no marco do Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo
- A segunda xuntanza dentro dunha intensa axenda de contactos previstos ao longo de todo mes de maio que servirán para afondar no modelo de cogobernanza do sector co obxectivo de configurar as futuras actuacións en apoio da actividade marisqueira
- A base deses encontros serán as reunións con cada confraría para estudar con detalle as circunstancias e necesidades de cada unha para que sexan recollidas nas accións a desenvolver polo Goberno galego
- O titular de Mar destacou tamén a constitución de mesas de traballo con expertos dos centros de investigación autonómicos e os biólogos dos pósitos no que analizar a situación actual e aportar solucións técnicas aos problemas multifactoriais existentes
Lunes 6 Mayo 2024
A delegada territorial en Ferrol aborda coa xerente do GALP Golfo Ártabro Norte o estado de tramitación dos proxectos financiados co FEMPA 2021-2027
Ferrol, 6 de maio de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho á xerente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte, Tamara Tilve, coa que abordou o estado de tramitación dos proxectos financiados nesta área territorial ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)...
A Xunta reforza a súa aposta por Navalia a través do sector naval galego con encontros coas delegacións internacionais e visitas a empresas de Vigo
- A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, mantivo este luns unha reunión co director executivo da feira viguesa que se celebrará do 21 ao 23 de maio
- O evento contará cunha xornada de difusión e networking entre empresas, así como unha misión inversa que permitirá a visita de firmas de dez países do mundo
Marta Villaverde toma posesión como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu esta mañá a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009. Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionaria de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo ...
Domingo 5 Mayo 2024
A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar o sistema de control na produción de moluscos bivalvos en Nova Zelandia
- Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo en diferentes países, atendendo á invitación da Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria europea
- O 1 de maio entrou en vigor o acordo de libre comercio entre este país das antípodas e a UE que ratificou a Comisión Europea a finais de 2023
Viernes 3 Mayo 2024
Martina Aneiros acude aos actos de homenaxe ao Cristo dos Navegantes, patrón da Policía Portuaria
Ferrol, 3 de maio de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acudiu esta mañá aos actos con motivo da homenaxe ao Cristo dos Navegantes, patrón da Policía Portuaria, organizados pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao. Dentro da programación, tivo lugar unha misa presidida polo bispo da Diócese Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, e un ágape posterior na Sala Curuxeiras. ...
A Xunta participa no simulacro organizado pola Armada no porto da Coruña
- A actividade consistiu na neutralización dun incidente terrorista a bordo dun buque de pasaxe simulado polo cruceiro 'Costa Diadema', que foi secuestrado por persoas armadas con explosivos e armas convencionais
Martes 30 Abril 2024
Alfonso Villares traslada ao alcalde de Mañón os avances na tramitación da reversión da caseta do Porto de Bares
- O conselleiro do Mar abordou otros asuntos de interese para o municipio como a reparación do dique flotante danado a causa dun temporal do nordés o pasado 21 de abril
Lunes 29 Abril 2024
Xunta e Autoridade Portuaria analizan os retos de futuro do porto coruñés
- A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no seu primeiro encontro institucional co Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado
Domingo 28 Abril 2024
A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar o sistema de control na produción de moluscos bivalvos en Nova Zelandia
- Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo en diferentes países, atendendo á invitación da Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria europea
- O próximo día 1 de maio entrará en vigor o acordo de libre comercio entre este país das antípodas e a UE que ratificou a Comisión Europea a finais de 2023
Sábado 27 Abril 2024
Alfonso Villares subliña a importancia de conservar o patrimonio inmaterial vencellado a costa galega
Cervo (Lugo), 27 de abril de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu á presentación do libro "Mariña inmaterial. Xeografías mítica e sagradas" do antropólogo galego Rafael Quintía no que se recolle o resultado das investigacións realizadas dentro do programa "Mariña Inmaterial", que consiste en accións socioculturais deslocalizadas, realizadas en espazos singulares co fin de dinamizar, divulgar e actualizar o patrimonio in...
Viernes 26 Abril 2024
Marta Barreiro toma posesión como nova secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
- Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024
- O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu esta mañá a toma de posesión de Marta Barreiro como nova secretaria xeral técnica, en subsitución de Silvia Cortiñas que viña desempeñando estas función desde setembro do 2020. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionaria de carreira da Administración Local con habilitación de carácter estatal da subescala de Secretaría-Intervención dende o 2007. Pertence ao corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 2011. Foi secretaria da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo dende o 15 de marzo de 2013 ata a actualidade. Alí o titular de Mar agradeceu o traballo e dedicación ao longo dos últimos anos desempeñado por Silvia Cortiñas ao servizo de Galicia e o seu sector pesqueiro e felicitou a Marta Barreiro polo novo nomeamento e o seu compromiso co mar de Galicia ao asumir esta nova responsabilidade.
Jueves 25 Abril 2024
Alfonso Villares agradece ao sector o apoio á Lei do Litoral galega e aposta pola cogobernanza para abordar o deseño de novas medidas nesta lexislatura
- Primeira xuntanza tras a toma de posesión do responsable autonómico que considera que a sentenza do Tribunal Constitucional abre un novo escenario para o desenvolvemento da política pesqueira na comunidade
- O titular de Mar analiza cos presidentes das federacións de confrarías a situación actual na que se atopa o sector pesqueiro e pon en valor o diálogo fluído entre o Goberno galego e o conxunto da cadea mar-industria
- Reclama ao Estado a posta en marcha de axudas e recorda que ata o momento a Xunta é a única administración que mobilizou recursos para compensar aos profesionais afectados polos danos causados polas fortes precipitacións nos bancos marisqueiros
Amplíanse a case 8,2 millóns de euros as axudas para a mellora das infraestruturas e equipamentos de lonxas e portos pesqueiros tras unha alta demanda
- Os proxectos presentados superan con creces o orzamento inicial, o que leva a elevar un 70 % ou en 3.370.000 euros a contía que estaba prevista para este exercicio
- Estas accións permitirán continuar os avances na seguridade e condicións de traballo dos profesionais do mar e na eficiencia enerxética e protección ambiental
- Actuarase na conservación das descargas de peixe e marisco e a súa trazabilidade e en preparar instalacións portuarias para afrontar inclemencias polo cambio climático
Miércoles 24 Abril 2024
Alfonso Villares aborda con representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación as principais demandas pendentes co sector pesqueiro
- O titular de Mar pediu claridade ao Goberno central sobre a tramitación da zona catastrófica e as axudas aos profesionais afectados pola alta mortaldade de bivalvos causada polos extraordinarias precipitacións no outono
- Desde o Goberno galego estase a seguir con atención o procedemento de tramitación do Perte pesqueiro que consideran insuficientemente dotado con só 40 millóns de euros respecto ao peso do conxunto da cadea mar-industria galega que factura anualmente 9.000 millóns de euros
- O representante autonómico manifestou a súa satisfacción polo aval do Tribunal Constitucional á lei do Litoral de Galicia e destacou a seguridade xurídica que proporciona esta norma ás actividades da cadea mar-industria na costa
Martes 23 Abril 2024
Galicia reclamará á Eurocámara que saia elixida en xuño que faga da politica pesqueira común unha prioridade e garanta un futuro sostible ao sector
- A comunidade galega e a Bretaña francesa, coma copresidentas do grupo de pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa, CRPM, mantiveron audiencias de traballo en Estrasburgo con europarlamentarios de cara aos próximos comicios
- Daniel Cueff e Antonio Basanta defenderon ante Gabriel Mato ou Pierre Karleskind que a próxima Eurocámara debe retomar a revisión da PPC co obxectivo final de reequilibrar os seus alicerces sociais, económicos e ambientais
- Maior voz para sector e rexións, a cualificación das confrarías coma organizacións de produtores, unhas políticas que primen a pesca ou contar no organigrama da Comisión Europea cun comisario específico para o mar, algunhas das propostas
Galicia reclamará á Eurocámara que saia elixida en xuño que faga da política pesqueira común unha prioridade e garanta un futuro sostible ao sector
- A comunidade galega e a Bretaña francesa, coma copresidentas do grupo de pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa, CRPM, mantiveron audiencias de traballo en Estrasburgo con europarlamentarios de cara aos próximos comicios
- Daniel Cueff e Antonio Basanta defenderon ante Gabriel Mato ou Pierre Karleskind que a próxima Eurocámara debe retomar a revisión da PPC co obxectivo final de reequilibrar os seus alicerces sociais, económicos e ambientais
- Maior voz para sector e rexións, defender o labor das confrarías de pescadores, unhas políticas que primen a pesca artesanal ou contar no organigrama da Comisión Europea cun comisario específico para o mar, algunhas das propostas
A Xunta afonda na internacionalización dos produtos pesqueiros coa promoción da calidade e sabor do peixe e marisco galegos na Seafood Expo Global
- O titular de Mar visitou o stand da Consellería do Mar no que están presentes 38 empresas expositoras que dispoñen dun centro de negocio no que manter encontros con potenciais clientes
- Alfonso Villares mantivo un encontro coa secretaria do Gabinete de Asuntos Rurais e Reforma Agraria do goberno de Escocia, Mairi Gougeon, para abordar posibles vías de colaboración entre ambas rexións no ámbito pesqueiro
- A cidade condal acolle ata o 25 de abril a feira máis grande do mundo de peixe e marisco na que o ano pasado participaron máis de 2.000 empresas expositoras e que foi visitada por provedores, medios e profesionais de máis de 150 países
Lunes 22 Abril 2024
Oia renova a "Estrada Vella" grazas ás axudas para embelecemento do litoral da Xunta
- O delegado territorial visitou o resultado das obras e destacou a importancia da colaboración entre os concellos e o goberno autonómico
- Esta convocatoria de axudas deixou máis de 460.000 euros en sete concellos da área territorial de Pontevedra
- Oia recibiu ademais 15.000 euros para a elaboración dunha guía turística dixital como parte de outra liña de axudas da mesma convocatoria
Galicia presume en Gourmets da calidade dos seus produtos do agro e do mar e resalta que carnes, peixes, mariscos e conservas son a base dunha dieta saudable
- Alfonso Villares aposta por reforzar a promoción para acadar novos récords nas exportacións dos produtos do mar como o de 2023 e insta a favorecer o consumo interno coa rebaixa do IVE duns alimentos que melloran a calidade de vida
- A Consellería do Mar está presente na feira cun posto que acolle a 23 empresas coexpositoras da cadea mar-industria e no que se desenvolverán varias degustacións
- A de Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, alberga no seu espazo a 36 empresas e tamén desenvolverá catas e demostracións de cociña
Sábado 20 Abril 2024
Alfonso Villares reivindica o imprescindible labor que fan os veterinarios en Galicia tanto no sector gandeiro como na actividade pesqueira
Lugo, 20 de abril de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu esta mañá ao acto de benvida co que arrincou en Lugo a Asemblea Anual de Empresas Veterinarias de Galicia, onde recordou tanto a súa formación como membro de dita profesión, licenciado como veterinario pola USC, como os anos nos que exerceu a mesma entre 1996 e 2007. Unha actividade que correu parella á súa implicación na política local do seu concello natal na Ma...
Viernes 19 Abril 2024
Alfonso Villares destaca a innovación e sustentabilidade como os mellores piares nos que sustentar a actividade pesqueira do futuro
- O titular de Mar sinalou a extracción de algas como exemplo do esforzo do sector pesqueiro galego de diversificar a súa produción ampliando a súa oferta de produtos poñendo en valor a variedade e riqueza dos alimentos que ofrecen as rías galegas
- A empresa Portos-Muíños leva desde o ano 1998 traballando na comercialización das verduras do mar cunha vendas que superan as 400 toneladas anuais grazas a un amplo catálogo de produtos ecolóxicos en diversas presentacións
- O responsable autonómico puxo en valor o modelo de negocio da compañía, á vangarda no desenvolvemento de criadeiros de algas e ourizos de mar, logrando importantes avances para o cultivo a escala comercial desta última especie
A Xunta reclama en Bruxelas recursos comunitarios e unha firme aposta pola formación para abordar con éxito o proceso de descarbonización no mundo do mar
Bruxelas (Bélxica), 19 de abril de 2024 O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou este venres en Bruxelas nas xornadas de traballo da Energy Transition Partnership da UE centradas, nesta ocasión, nas habilidades precisas para abordar con éxito a transición enerxética no mundo do mar. Galicia acude a todos estes foros tanto para dar conta dos pasos que están a dar tanto a Xunta como os ac...
Portos de Galicia outorga concesións para a xestión de lonxa ás confrarías de Moaña, Pontedeume, Ribadeo, Noia e Vilaxoán
- As taxas que terán que abonar pola ocupación do solo portuario polos edificios das rulas contan cunha bonificación do 90 %
Jueves 18 Abril 2024
Alfonso Villares destaca o papel do Igafa na formación de profesionais no ámbito dos cultivos mariños e como provedor de semente para o sector
- Nestas instalacións contan con 1,5 millóns de unidades de ameixa babosa en tamaño larvario, outros 2 millóns que superan o milímetro que se suman as 10.000 unidades que serán entregadas proximamente ás confrarías da zona
- En decembro se incorporaron catro bolseiros que traballarán durante dous anos nos minicriadeiros desta instalación co obxectivo de sacar ao mercado laboral novos profesionais con experiencia nesta actividade
- Este curso hai 82 persoas formándose nos ciclos de cultivos acuícolas e mergullo que se suman ás 340 persoas que realizaron algúns dos cursos 28 cursos de formación non regrada ofertados
A Xunta promocionará a calidade diferenciada dos produtos alimentarios galegos da man de preto de 60 empresas no Salón Gourmets de Madrid
- O Goberno autonómico, coa súa presenza en eventos deste tipo, reforza o seu compromiso pola posta en valor destes produtos
- A Consellería do Medio Rural participa nesta feira a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, cun posto institucional de 490 metros cadrados e unha Aula de Experiencias de Calidade na que terán cabida 36 empresas
- Pola súa banda, a Consellería do Mar leva o mellor sabor do peixe e mariscos de Galicia cun espazo expositivo propio no que estarán presentes 23 empresas da cadea mar-industria co obxectivo de promocionar a calidade e sabor dos produtos do mar galegos
Cetmar e 12 institucións de 5 países traballan nunha investigación europea para reducir a captura incidental de megafauna mariña ameazada
- O proxecto Reduce buscará a colaboración de todas as partes interesadas para abordar este desafío e contribuír a unha xestión pesqueira más sostible
- Coordinada pola Universidade de Barcelona, trátase dunha iniciativa de investigación financiada pola Comisión Europea a través do programa Horizonte Europa
- A reunión de lanzamento terá lugar desde hoxe e ata o sábado na cidade condal, no que será o encontro de inicio de catro anos de traballo conxunto
Miércoles 17 Abril 2024
Alfonso Villares destaca o papel de espazos como o Museo Massó á hora de divulgar a cultura mariñeira dunha actividade estratéxica como a conserveira
Bueu (Pontevedra), 17 de abril de 2023 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitaron hoxe o Museo Massó de Bueu, onde exerceu como anfitriona e guía a directora do centro, Covadonga López de Prado. Esta institución, que vai camino de ser centenaria, iniciou a súa labor de divulgación en 1932, cando os irmáns Massó atenderon á recomendación de Guillermo ...
Alfonso Villares pon en valor o papel dos depuradores de moluscos na distribución e venda do mellor marisco galego nos mercados
- O titular de Mar trasladou o apoio da Xunta a un sector esencial para a cadea mar-industria cun importante peso na economía galega e cunha facturación media anual de preto de 450 millóns de euros ao ano
- Reivindicou a lei do Litoral de Galicia, recorrida polo Goberno central ante o Tribunal Constitucional, como a mellor ferramenta para proporcionar a seguridade xurídica necesaria para o desenvolvemento desta actividade
- O responsable autonómico tamén criticou a reiterada negativa á demanda do sector de rebaixar o IVE ao peixe e marisco a pesar dos informes de organismos independentes que avalan a utilidade desta medida
A Xunta participa en Mahón no debate aberto a escala europea para proceder da forma máis axeitada á descarbonización dos portos e buques
Mahón (Menorca), 17 de abril de 2024 O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou este mércores en Mahón, Menorca, nas mesas de traballo do 'Evento Nacional WestMED Prototipos para a descarbonización de portos, buques pesqueiros e recreativos', cita que se enmarca no debate aberto no seo da UE para definir un futuro con menores emisións e impacto ambiental da frota. Na xornada que se realizo...
Lunes 15 Abril 2024
Portos de Galicia somete a información pública unha addenda á avaliación ambiental da dragaxe de Foz tras a ampliación das zonas ZEPA polo MITECO
- O Ministerio vén de ampliar a declaración de Zona de Especial Protección para as Aves a todo o litoral galego coa conseguinte afectación á tramitación das obras portuarias
- As obras para a dársena focense contan cun orzamento previsto dun millón de euros
Portos de Galicia licita por máis de 650.000 euros as obras de rehabilitación e mellora do peirao mexilloeiro de Moaña
- Os traballos permitirán reconstruír o peirao recuperando a liña de atracada ao longo de toda a estrutura
Viernes 12 Abril 2024
Portos de Galicia saca a concurso a explotación das gasolineiras dos portos de Ribeira, Portocubelo, Meloxo e Cambados
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024 A entidade pública Portos de Galicia ven de iniciar o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para a explotación das estacións de subministro de combustible de Ribeira (tanto a de embarcacións como a de vehículos), Portocubelo (Carnota), Meloxo (O Grove) e Cambados. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia. Tal como contempla a resolución, o prazo de presenta...
Portos de Galicia saca a concurso a concesión de dúas naves de almacenaxe de mercadorías en Ribadeo
Santiago, 12 de abril de 2024 A entidade pública Portos de Galicia ven de iniciar o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para o uso de dúas naves de almacenaxe de mercadorías no porto lucense de Ribadeo. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia. Tal como contempla a resolución, o prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir de mañá, polo que rematará o 13 de maio ás 14 hor...
Portos de Galicia licita por máis de 1,4 millóns de euros as obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove, en Cambados
- Os traballos permitirán dotar ao edificio dunha nova zona para a limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación
Miércoles 10 Abril 2024
Portos de Galicia outorga autorización para a ocupación dos locais de deportes náuticos e remo de Cangas e Vilaxoán
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024 Portos de Galicia vén de outorgar autorización para a ocupación dos locais de deportes náuticos e adestramento de remo nos portos de Cangas e Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). Trátase de sendas autorizacións aos concellos destas dúas localidades costeiras para o desenvolvemento de actividade en ambas instalacións situadas en dominio público portuario. No caso de Cangas, o edificio acolle acti...
Lunes 8 Abril 2024
A Consellería do Mar destaca a importancia de promover o consumo de peixes e mariscos en comedores colectivos e de conquistar o padal dos máis novos
A Coruña, 9 de abril de 2024 O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou este luns na mesa redonda Comer ben en comedores colectivos sostibles. Garantías de calidade e boas prácticas dos produtos que se celebrou no Galicia Fórum Gastronómico. Acompañado por José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible e mod...
Domingo 7 Abril 2024
Alfonso Villares destaca a importante relación de Cabo Verde e Galicia en materia pesqueira e o peso social e económico da comunidade deste país na Mariña
- Resalta a relevancia tanto da presencia da frota e as industrias galegas no arquipélago africano como da colonia caboverdiana nos barcos con porto base en Burela
- A Consellería do Mar participará este ano nunha nova edición de Expomar en Mindelo cun stand e empresas coexpositoras na que será a décima presencia nesta feira
Sábado 6 Abril 2024
Alfonso Villares destaca a calidade do marisco galego e anima ao seu consumo na Festa do Berberecho de Foz
Foz (Lugo), 6 de abril de 2024 O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, destacou a calidade do marisco galego, as súas propiedades nutritivas e culinarias únicas e os grandes beneficios para a saúde que hai detrás do seu consumo. Así o manifestou o responsable autonómico na XXII edición da Festa do Berberecho de Foz, onde participou na degustación deste bivalvo. O titular de Mar puxo tamén en valor o inconfundible sabor dest...
Viernes 5 Abril 2024
Alfonso Villares reclama ante a frota do cerco a revisión á alza das cotas pesqueiras establecidas en augas comunitarias para este ano
- O titular de Mar sostén esta demanda no contido do ditame emitido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que avala a decisión adoptada polos 27 na que se fixaban os TAC no ano 2020
- O conselleiro pon en valor a necesidade dunha política pesqueira comunitaria equilibrada dirixida a unha tripla sustentabilidade: a medio ambiental, a social e a económica
- Neste encontro, organizado pola Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga), abórdase con expertos e responsables gobernamentais as oportunidades e retos de futuro polos que atravesa o sector
Jueves 4 Abril 2024
Alfonso Villares resalta o histórico papel das mulleres no desenvolvemento do sector pesqueiro galego
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024 O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, puxo en valor o importante papel crucial que tiveron as mulleres no desenvolvemento do sector pesqueiro galego, particularmente na industria da conserva. Así o manifestou, acompañado polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, durante a visita á exposición 'As mulleres e o mar' organizada pola Fundación Juana de Vega no...
Miércoles 3 Abril 2024
A Xunta aborda coa confraría e o Concello de Laxe as necesidades portuarias e avanza investimentos en pavimentos e iluminación Led de preto de 150.000 €
Laxe (A Coruña), 3 de abril de 2024 O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, acudiu a un encontro institucional co alcalde de Laxe, Francisco Charlín Oróns, mariscador e mariñeiro, e cos representantes da confraría de pescadores Santa María da Atalaia. Nesta reunión abordáronse as necesidades dos profesionais do pósito en materia de infraestruturas por...
O Consello de administración do Intecmar aborda a ampliación do orzamento deste ano para colaborar en investigacións europeas
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024 O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, presidiu hoxe a reunión do consello de administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) na que a súa directora, Covadonga Salgado, informou sobre a actividade do centro e que serviu para aprobar as contas de 2023 e para analizar a modificación no orzamento para este ano. A entidade verá incrementados en preto de...
Alfonso Villares pon en valor a pesca artesanal como modelo de sustentabilidade e destaca a pescada de volanta como sinónimo de calidade, frescura e sabor
- O conselleiro resalta a traxectoria desta empresa, fundada no 2005, referente nacional na distribución desta especie da que se comercializaron na rula cedeirense 670 toneladas o ano pasado
- Juan García Pesca participou xunto con armadores 'volanteiros' locais na creación da etiqueta DoNorte co obxectivo de que este produto, moi valorado nos mercados, sexa facilmente recoñecido polos consumidores
- O responsable autonómico sinalou a importancia do conxunto da cadea mar-industria nos concellos costeiros como motores de actividade económica e xeración de emprego de calidade
Martes 2 Abril 2024
A Xunta investirá máis de 115.000 € en melloras nos pavimentos do porto de Ortigueira
- Alfonso Villares visitou a dársena na que se renovará o firme da explanada do peirao deportivo e o vial situado na parte posterior dos xardíns
- Tamén se realizarán obras deste tipo noutras dúas instalacións portuarias do norte da provincia da Coruña, as de Cedeira e Cariño
Viernes 29 Marzo 2024
Alfonso Villares destaca o mexillón como xoia gastronómica e símbolo da calidade e sabor do marisco galego
Ribadeo (Lugo), 29 de marzo de 2024 O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, puxo en valor o mexillón como xoia gastronómica e como símbolo da calidade e sabor do marisco galego. Así o manifestou na celebración da I Degustación de Mexillón organizada pola asociación de veciños O Cantal de Rinlo, no concello lucense de Ribadeo, na que se resaltaron as calidades culinarias deste bivalvo así como as súas propiedades nutricion...
Miércoles 27 Marzo 2024
A Consellería do Mar enxalza que a confraría de Ferrol referende coa II Festa do Marisco a súa aposta pola gastronomía que ten orixe na ría
Ferrol (A Coruña), 27 de marzo de 2024 O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, enxalzou á confraría de pescadores ferrolá por referendar a súa aposta gastronómica polos produtos que veñen da ría de Ferrol coa celebración da II Festa do Marisco. Destacou o representante da Xunta como proba do dinamismo e da vontade do pósito de poñer en valor o traballo dos seus socios, facendo partícipe ao conxunto dos seus veciños e a ...
As escolas náuticas de Ferrol e Vigo formarán por primeira vez a trinta futuros oficiais de ponte a través da rede
- Cunha duración de 80 horas, estes dous cursos de teleformación permitirán o aumento de atribucións para os posuidores do título de patrón costeiro polivalente
- A web da Consellería do Mar recollerá tamén un manual dixital para patrón local de pesca, sección de máquinas e sección de ponte e común que ten como obxecto de mellorar, automatizar e facer máis eficaces os procesos formativos
Martes 26 Marzo 2024
A veda do polbo en Galicia terá lugar en maio e xuño este ano e analízanse medidas complementarias para 2025
- A veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan do polbo, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable
- Consellería do Mar e sector están a traballar nun novo plan para o vindeiro exercicio que pretende ampliar a veda, dotándoa de apoio económico, extremar o control e contar con máis e mellores datos da situación da especie para optimizar a súa xestión
Lunes 25 Marzo 2024
A Consellería do Mar apoia as demandas da asistencia técnica da confraría coruñesa para que a sementeira da ría do Burgo se realice con todas as garantías
- A xefatura territorial enviou hoxe escritos aos responsables do pósito e a Costas coa análise da proposta da adxudicataria da dragaxe nos que sinala que de momento resulta imposible autorizar as sementeiras de moluscos solicitadas para o 8 de abril
- Entre a información que se lle reclama están o cronograma dos traballos de acondicionamento previos a sementar dos bancos marisqueiros e os pasos e responsables do proceso de devolver as ameixas e berberechos á zona
Galicia participará ata final de ano en 14 feiras que levarán os produtos das empresas do mar da comunidade polos principais mercados do mundo
- Despois da exitosa presenza de 25 coexpositores do sector transformador en Alimentaria 2024 en Barcelona en abril acudirase ao Fórum Gastronómico na Coruña, o Salón Gourmets de Madrid e a Seafood Expo Global de novo na Cidade Condal
- A Consellería do Mar reforzou este ano nun 30% os fondos para a dinamización dos mercados, dos produtos de calidade diferenciada e do consumo dos alimentos do mar, mobilizando preto de 42 millóns de euros.
Viernes 22 Marzo 2024
A Xunta denuncia que a tramitación do novo regulamento xeral de Costas do Estado exhibe as mesmas eivas que a do anulado polo Tribunal Supremo
- O Executivo galego censura que a consulta pública previa sobre esta normativa recolle xeneralidades incompatibles coa obriga legal de poñer a disposición da cidadanía toda a información necesaria para emitir unha opinión fundamentada
- Ángeles Vázquez advirte de que o Goberno central podería aprobar o mesmo texto que anulou a Xustiza ou endurecelo en cuestións como os prazos das concesións pois non explica que quere facer co litoral e coas actividades que se desenvolven nel
- A vicepresidenta segunda en funcións cuestiona a pretensión de ampliar a extensión da titularidade do dominio público marítimo-terrestre -que vai en prexuízo da propiedade privada e das competencias das autonomías e dos concellos- e defende a necesidade de abordar a normativa cun enfoque local e integrado
- Alfonso Villares lamenta os ataques continuos do Ministerio de Transición Ecolóxica contra un sector estratéxico como o marítimo-pesqueiro e reclama fórmulas que aporten voz ás comunidades e aos representantes desta actividade
Alfonso Villares enxalza os traballos para elevar a produtividade dos bancos marisqueiros que realizan profesionais como os da cooperativa Ría de Arousa
- O conselleiro destaca a xestión que realizan nas praias de Abanqueiro este organismo cooperativo, un dos maiores no litoral galego con máis de catrocentos socios
- Abordou a posible recuperación e posta en marcha das súas 'hatcheries' para criar ameixa e poder contribuír ás necesidades de semente do propio colectivo e da ría
- No seus máis de 50 anos de historia a cooperativa diversificouse e potenciou a xeración de valor coa posta en marcha dunha depuradora e dunha cetaria
Miércoles 20 Marzo 2024
Galicia demanda ante a UE a defensa das zonas dependendentes da pesca, da actividade artesanal e políticas a favor da remuda xeracional no sector
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024 O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica en funcións, Antonio Basanta, participou este mércores na conversa organizada polo Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia na que abordou as 'Achegas de Galicia á Política Pesqueira Común (PPC)', destacando entre os puntos máis importantes que se demandan desde a comunidade á hora de reformar a PPC a necesidade...
A Xunta anima aos concellos e ao sector mar-industria a participar na consulta pública previa do regulamento de costas para frear a pretensión do Goberno central de expulsar as instalacións asentadas no litoral
- O Goberno autonómico denuncia a falta de transparencia do Executivo central na tramitación dunha norma que foi anulada polo Tribunal Supremo e que pretende avanzar no seu obxectivo de eliminar calquera vestixio de presenza humana da costa independentemente do seu impacto social e económico
- Ángeles Vázquez lamenta que se trata dunha consulta formal pero non real pois non se prevén cambios importantes no texto, que parte de premisas erradas como que a costa está masificada ou datos que equiparan Galicia co Mediterráneo
- A vicepresidenta segunda en funcións traslada o apoio da Xunta na defensa dos intereses das instalacións asentadas en dominio público marítimo-terrestre co fin de evitar prexuízos no desenvolvemento futuro da súa actividade
- Alfonso Villares aposta por avanzar na colaboración co complexo mar-industria galego para defender a persoas e empresas que xeran riqueza na súa contorna e contribúen a fixar poboación nas zonas costeiras
Alfonso Villares enxalza o músculo da conserva galega como fonte de emprego de calidade e a súa gran capacidade exportadora
- O conselleiro sinala que o sector conserveiro galego representa máis do 75% da produción nacional e un 69% da facturación que ronda os 900 millóns de euros anuais, comercializando os seus produtos en 130 países
- Conservas Cortizo procesa cada ano ao redor de 5.000 toneladas de peixe e marisco de excelente calidade que sumado á posta en marcha dun laboratorio propio de calidade o fixo merecedora de obter o selo Galicia Calidade
- O responsable autonómico resaltou a elaboración da man do sector do Plan Estratéxico da Conserva de Galicia 2022-2030 e a mobilización desde 2022 de 135 millóns de euros no conxunto do sector transformador
Lunes 18 Marzo 2024
A Xunta colabora con preto de medio cento de empresas do sector para enxalzar a calidade da produción galega na feira internacional Alimentaria de Barcelona
- O Goberno autonómico tamén organiza diferentes actividades para os asistentes, como catas comentadas, talleres e demostracións de cociña co fin de promocionar os produtos galegos de calidade diferenciada
- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu hoxe á primeira xornada deste evento, onde resaltou a importancia de participar neste tipo de feiras para poñer en valor a produción alimentaria galega diferenciada
- A Consellería do Mar conta cun espazo propio para o sector pesqueiro no que están presentes máis dunha vintena de empresas co obxectivo de coñecer as últimas tendencias do mercado e alcanzar acordos comerciais con novos clientes
Domingo 17 Marzo 2024
Alfonso Villares destaca a expansión de Mariscos Ribadeo como exemplo da puxanza da comercialización dos produtos pesqueiros
Ribadeo (Lugo), 17 de marzo de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a puxanza do sector da comercialización de produtos pesqueiros e seu papel como fonte de riqueza e xeración de emprego de calidade nas economías dos concellos costeiros. Neste sentido se expresou o titular de Mar durante o ágape celebrado no novo establecemento da empresa Mariscos Ribadeo na localidade lucense coa que expande a súa actividade de negocio equ...
Sábado 16 Marzo 2024
Alfonso Villares enxalza a calidade e sabor do ourizo da Mariña na XXXI festa gastronómica dedicada a este marisco en San Ciprián
Cervo (Lugo), 16 de marzo de 2024 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a excelente calidade e sabor do ourizo galego e a importancia da celebración deste tipo de citas gastronómicas na difusión das propiedades culinarias destes equinodermos, dos que se comercializaron máis de 43 toneladas o ano pasado xerando unha facturación de máis de 500.000 euros nas lonxas lucenses, así como a promoción do consumo entre a cidadanía. O t...
Viernes 15 Marzo 2024
A Xunta defende no 'Smart Agrifood Submit' de Sevilla os pasos que está a dar Galicia no eido da economía azul para avanzar na resiliencia e sostibilidade
Sevilla, 15 de marzo de 2024 Galicia pretende continuar a ser un referente europeo e mundial en sostibilidade da actividade marítimo-pesqueira e das comunidades costeiras, e con este obxectivo continúa avanzando seguindo como guía a Axenda da Economía Azul Sustentable de Galicia. Sobre esta estratexia falou o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, na súa participación no foro 'Smart Agrifood Summi...
A Xunta investirá máis de 260.000 euros en melloras nos pavimentos dos portos da Mariña Lucense
- Alfonso Villares visitou a dársena de Viveiro na que se actuará sobre a explanada de acceso ao peirao deportivo e viarios de conexión cun orzamento de 95.000 euros
1 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Título | Presupuesto total | Admin. Convocante | Departamento | Plazo de solicitud | Fecha de publicación | Beneficiario | Sector económico |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Convenio de colaboración entre a C. do Mar e o Consello regulador do mexillón de Galicia | 40.000,00 € | Galicia | Consellería del mar | 2024-12-30 | 2024-02-07 | Personas jurídicas que no desarrollan actividad económica | Acuicultura |
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.