Oia renova a "Estrada Vella" grazas ás axudas para embelecemento do litoral da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial visitou o resultado das obras e destacou a importancia da colaboración entre os concellos e o goberno autonómico
  • Esta convocatoria de axudas deixou máis de 460.000 euros en sete concellos da área territorial de Pontevedra
  • Oia recibiu ademais 15.000 euros para a elaboración dunha guía turística dixital como parte de outra liña de axudas da mesma convocatoria

Oia (Pontevedra), 22 de abril de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Concello de Oia, onde comprobou o resultado das obras levadas a cabo grazas ás axudas para o embelecemento do litoral galego da Xunta.

Así, o concello de Oia recibiu 43.500 euros dentro da liña para transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral. Esta achega foi utilizada para a mellora das drenaxes, da accesibilidade e da integración paisaxística da chamada "Estrada Vella", unha vía de preto de 2.6 quilómetros cunha gran importancia histórica e cultural e pola que, ademais, pasa o Camiño Portugués na súa variante pola costa.

Trátase da primeira convocatoria da liña de axudas para levar a cabo acciones de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística do Litoral, posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos Next Generation.

O delegado territorial destacou a importancia das axudas para o embelecemento do litoral que no pasado 2023 destinaron máis de 460.000 euros a sete concellos da área territorial de Pontevedra: "A costa é un dos motores económicos e culturais de Galicia, tanto pola relevancia do noso sector pesqueiro e marisqueiro, como por tratarse dun atractivo turístico que cada ano atrae á nosa terra a millares de visitantes".

Cabe destacar que esta convocatoria de axudas contemplaba tamén outras dúas liñas de financiamento: Unha para unha transición accesible e inclusiva para un turismo máis competitivo, e outra para o fomento da transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral. Como parte desta segunda liña, o concello de Oia recibiu outra achega de 15.000 euros que utilizou para a elaboración dunha guía turística interactiva.

Agustín Reguera rematou a visita lembrando a importancia de manter unha boa comunicación e colaboración entre institucións que permita "coñecer as necesidades dos concellos, de forma a idear plans de axudas e iniciativas que revertan a favor dos galegos e galegas". O delegado adiantou unha maior inversión nos concellos da área territorial de Pontevedra na resolución da convocatoria deste 2024.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23742 {"title":"Oia renova a \"Estrada Vella\" grazas ás axudas para embelecemento do litoral da Xunta","published_date":"2024-04-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887184\/1OIA+LITORAL.jpeg","id":"23742"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-22/23742-oia-renova-estrada-vella-grazas-as-axudas-embelecemento-do-litoral-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.