A Xunta colabora con Culturmar na organización do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería do Mar asinou un novo convenio coa entidade co obxectivo de promover a defensa do patrimonio marítimo material e inmaterial
  • O Goberno galego aportou, desde o ano 2009, máis de 426.000 euros para a realización do Encontro de Embarcacións de Galicia
  • O Plan da Cultura Marítima de Galicia. Horizonte 2030 promovido pola administración autonómica potencia o sector marítimo-pesqueiro, clave no desenvolvemento económico e social de Galicia

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo unha reunión de traballo coa directiva da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) para asinar un novo convenio co fin de financiar con 28.500 euros as actuacións previstas ata o 30 de novembro de 2024, consistentes na dinamización das embarcacións tradicionais.

Neste sentido, o titular de Mar puxo en valor o traballo de Culturmar na promoción e visibilización da frota tradicional galega a través de accións como este encontro que tivo lugar, na súa última edición no 2023, no porto de Sada. O representante autonómico trasladou aos organizadores o compromiso da Xunta con esta iniciativa coa que a Consellería do Mar colabora loxística e economicamente, así como con outras actuacións en defensa do patrimonio marítimo tradicional.

Con todo, o Executivo autonómico colaborou no sustento económico da realización do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia desde o ano 2009, achegando ata 2023, máis de 426.000 euros. Na mesma liña, a colaboración da Consellería do Mar neste período foi de máis de 243.000 euros.

A XVII edición celebrarase en Ribeira no ano 2025. Mediante a concentración das embarcacións tradicionais representativas do patrimonio galego, preténdese potenciar os atractivos turísticos das comunidades da beiramar, axudando á xeración dun turismo sostible. Ao encontro están convidadas todas as asociacións pertencentes a Cultumar, entidades afíns procedentes de Portugal, Irlanda, Francia, Euskadi, Cataluña, Andalucía, Levante e Illas Baleares, ademais de particulares e institucións de interese cultural e patrimonial.

Un mar que define a Galicia e ás súas xentes

Neste ámbito, desde a Xunta púxose en marcha o Plan da Cultura Marítima de Galicia. Horizonte 2030 que ten como finalidade promover a protección e consolidación do patrimonio galego vencellado ao mar, como construcións, obxectos e creacións inmateriais. Este proxecto resulta de gran valor porque explica a transformación do territorio e o modo de vida da xente do mar, a súa construción social e cultural ao longo do tempo e a evolución dos seus oficios e técnicas. Grazas a este, dáse un paso máis na protección da identidade mariñeira galega que, segundo pasen os anos, medrará aínda máis pois o sector marítimo-pesqueiro seguirá sendo clave para o desenvolvemento económico e social de Galicia.

O proxecto é de suma importancia tendo en conta que Galicia conta con máis de 1.600 quilómetros de costa, tres provincias con mar e máis da metade da poboación (preto do 55 %) vive no litoral. Esta situación fixo que as actividades vencelladas co mar definisen un gran número de oficios e o propio modo de vida da xente, dando lugar a unha cultura característica e de gran valor. Por iso, o plan pretende converterse nun instrumento capaz de favorecer a xestión integral deses vestixios e dalos a coñecer fóra da comunidade. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280487 {"title":"A Xunta colabora con Culturmar na organización do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/20240619+conselleiro+reuni%C3%B3n+culturmar+3.JPG","id":"280487"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280487-xunta-colabora-culturmar-na-organizacion-do-xvii-encontro-embarcacions-tradicionais-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.