Alfonso Villares anima a consumir peixe polos seus beneficios á saúde e o impulso que xera na actividade do sector marítimo-pesqueiro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 11 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a Praza de Abastos de Vilanova de Arousa para visitar as peixerías alí presentes e destacar xunto aos profesionais que se encargan da venda de peixes e mariscos a importancia do seu consumo tanto polos beneficios para a saúde que aporta como polo positivo impacto que se xera no sector marítimo-pesqueiro galego. Nesta liña reivindicou a dieta atlántica como sinónimo de benestar e calidade de vida na que os produtos pesqueiros son os auténticos protagonistas á vez que puxo en valor a calidade e sabor que hai detrás dos produtos do mar de Galicia, enxalzando o modelo da pesca artesanal e de proximidade como fórmula sostible e respectuosa cos recursos mariños.

O responsable autonómico, acompañado polo rexedor local, Gonzalo Durán, animou á cidadanía a consumir máis peixe e marisco das rías galegas e louvou o importante papel dos profesionais responsables de rexentar estes establecementos no ámbito da promoción e difusión das calidades destes alimentos grazas á relación directa e de confianza que manteñen cos consumidores. Tamén recordou que desde a Consellería do Mar se mantén activa a campaña AMAR GALICIA co obxectivo de difundir a calidade dos produtos do mar, a variedade e o sabor único que se ofrece en peixerías e mercados e sobre o fundamental apoio que supón adquirir a produción dos milleiros de familias que viven do mar e as súas industrias na comunidade. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
256548 {"title":"Alfonso Villares anima a consumir peixe polos seus beneficios á saúde e o impulso que xera na actividade do sector marítimo-pesqueiro","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278516\/20240611+conselleiro+visita+Praza+Abastos+Vilanova+1.jpg","id":"256548"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/256548-alfonso-villares-anima-consumir-peixe-polos-seus-beneficios-saude-e-impulso-xera-na-actividade-do-sector-maritimo-pesqueiro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.