Alfonso Villares destaca o liderado de Ribeira na pesca de baixura e anima a cidadanía a aproveitar o San Xoán para consumir a mellor sardiña galega

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A lonxa ribeirense está acaparando a maioría das descargas desta especie este ano marcado polas boas capturas aínda que a maioría da flota do cerco continúa no cantábrico apurando a campaña do bocarte
  • O titular de Mar agarda que este ano se poidan superar as cifras do ano pasado no que se rexistraron 18.700 toneladas en capturas e se acadou unha facturación de 17,6 millóns de euros

Ribeira (A Coruña), 19 de xuño do 2024

O conselleiro do Mar asistiu na lonxa de Ribeira á descarga de sardiña, especie moi apreciada nestas datas ante a proximidade de San Xoán que é cando se dispara o seu consumo, onde enxalzou a súa calidade e sabor e animou á cidadanía a aproveitar esta festividade para consumir, máis se cabe, peixe galego. Así o dixo desde o porto que xunto co de Corcubión están concentrando no que levamos de ano a maioría das descargas a nivel galego que xa deixaron unha facturación 1,3 millóns de euros na rula ribeirense.

Con todo, este inicio de campaña está marcado polas boas capturas e polo feito de que a maioría da frota do cerco aínda se atopa no cantábrico apurando a campaña do bocarte o que está influíndo na cantidade de produto que está a chegar estes días aos mercados. Sen embargo, a incorporación ao longo desta semana á pesqueira da sardiña de cerqueiros de portos como Ribeira, Portosín, Camariñas e Malpica, entre outros, permitirá un aumento nas cifras de capturas en liña co rexistrado o pasado ano.

Nesta liña, o responsable autonómico detallou que os barcos que xa están a faenar están completando as cotas todos os días o que reforza as boas expectativas para este ano confirmando a total recuperación desta especie. Así recordou que a campaña 2023 arroxou cifras récord con más de 18.700 toneladas e unha facturación 17,6 millóns de euros. Neste sentido, puxo en valor o bo comportamento dos prezos que polo momento se sitúan en 1,04 euros, lixeiramente por enriba da campaña anterior nestas mesmas datas, polo que agárdase que se poda chegar a uns ingresos parellos ao 2023.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
277332 {"title":"Alfonso Villares destaca o liderado de Ribeira na pesca de baixura e anima a cidadanía a aproveitar o San Xoán para consumir a mellor sardiña galega","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/20240619+conselleiro+descarga+sardi%C3%B1a+Ribeira+1.JPG","id":"277332"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/277332-alfonso-villares-destaca-liderado-ribeira-na-pesca-baixura-e-anima-cidadania-aproveitar-san-xoan-consumir-mellor-sardina-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.