Alfonso Villares destaca a innovación e sustentabilidade como os mellores piares nos que sustentar a actividade pesqueira do futuro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Mar sinalou a extracción de algas como exemplo do esforzo do sector pesqueiro galego de diversificar a súa produción ampliando a súa oferta de produtos poñendo en valor a variedade e riqueza dos alimentos que ofrecen as rías galegas
  • A empresa Portos-Muíños leva desde o ano 1998 traballando na comercialización das verduras do mar cunha vendas que superan as 400 toneladas anuais grazas a un amplo catálogo de produtos ecolóxicos en diversas presentacións
  • O responsable autonómico puxo en valor o modelo de negocio da compañía, á vangarda no desenvolvemento de criadeiros de algas e ourizos de mar, logrando importantes avances para o cultivo a escala comercial desta última especie

Sada (A Coruña), 19 de abril de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a innovación e a sustentabilidade como os mellores piares nos que sustentar a actividade pesqueira do futuro. Así o manifestou durante a visita ás instalacións da empresa Porto-Muíños no municipio coruñés de Sada onde resaltou a traxectoria do conxunto da cadea mar-industria galega no seu constante esforzo por sacar o máximo proveito á rica, variada e nutritiva despensa que se agocha baixo as augas das rías galegas. Un labor sen o cal non se entendería a posición de liderado internacional que mantén o sector pesqueiro galego.

Nesta liña o titular de Mar sinalou a extracción de algas como exemplo dese traballo que permite diversificar a produción a un maior número de especies e por outro lado ampliar a oferta de produtos con novos alimentos de gran calidade, sabor e cunha propiedades nutricionais excepcionais. Así puxo de exemplo a traxectoria da empresa Porto-Muíños, especializada na produción, distribución e venda das verduras do mar, que desde a súa fundación 1998 apostou polas posibilidades deste produto do cal comercializan 400 toneladas anuais de 30 especies diferentes en distintos formatos que van desde as infusións, condimentos, pastas, en fresco, en conserva ou en po.

O responsable autonómico enxalzou o modelo de negocio da compañía que en moi pouco tempo logrou que un produto sen valor comercial sexa hoxe un manxar de alta calidade e valor nutritivo exportado a outros países espallados polos cinco continentes. Todo, ademais, cunha clara aposta pola sustentabilidade a innovación e a investigación, procurando continuamente novas áreas de negocio dentro do mundo da alimentación e a saúde. Un investimento polo I+D pola que é pioneira en España na instalación de cultivos de algas mariñas co obxectivo de contribuír á conservación do medio natural e a explotación sostible dos recursos.

Á vangarda

A través da empresa Algafrés, vinculada ao grupo Porto-Muíños, puxeron en marcha un proxecto novidoso de cultivo de algas mariñas en terra a través da planta  experimental situada no porto de Sada co obxectivo era fornecer o cultivo exterior. A planta conta con 24 tanques de 2.000 litros de auga limpa de mar no que se cultivan ao redor de 5.000 quilos de alga. Un sistema que supón vantaxes como o total control da calidade da auga e o menor risco do proceso de extracción respecto as silvestres.

Ademais, a empresa leva tempo traballando no desenvolvendo do cultivo do ourizo de mar conseguindo importantes avances de cara ao seu cultivo comercial logrando cifras de sementas nunca alcanzadas ata o momento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23704 galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23704-alfonso-villares-destaca-innovacion-e-sustentabilidade-como-os-mellores-piares-nos-sustentar-actividade-pesqueira-do-futuro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.