A Xunta ratifica o seu compromiso coa Fundación Traslatio e o Festival Iacobus Maris Experience para traer a Vigo os grandes veleiros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada da Xunta, Ana Ortiz, presentou o evento que se celebrará na dársena da Laxe do 24 ao 28 de xullo
  • O festival contará con actividades para nenos e maiores, xogos infantís, casetas de comida e bebida, concertos e visitas guiadas

Vigo, 26 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este mércores a terceira edición do festival Iacobus Maris Experience, que converterá a Vigo durante cinco días, do 24 ao 28 de xullo, nunha grande festa marítima. Nun acto celebrado no peirao de Portocultura, no que tamén estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana; o comandante naval, Antonio Couce, e o director do festival, Celso Gonzñalez, a representante autonómica ratificou o compromiso do Goberno galego a esta nova edición do evento que se celebrará na dársena da Laxe.

Un ano máis e tras a grande acollida en 2022 e 2023 do festival de grandes veleiros, a Fundación Traslatio, con patrocinio da Xunta de Galicia e colaboración do Porto de Vigo, organiza este ano con numerosas actividades e talleres, acompañado por un espazo gastronómico de cociña do mar e música en directo para todos os públicos e familias.

"É para min unha honra presentar hoxe un espectáculo único que a cidade non vivía desde hai moitos anos e que grazas á implicación da Xunta podemos gozar de novo". A delegada territorial apuntou que os grandes veleiros tamén traen peregrinos a Vigo. "Como xa sabedes, e ademais é fácil comprobar cada día, a afluencia de peregrinos disparouse neste ano 2024 (máis de 30.000 camiñantes a estas alturas) e xa se bateron todos os récords. As cifras dannos a razón e avalan o apoio da Xunta ás iniciativas para promover o espírito xacobeo", sinalou.

Ademais, volveu recalcar o apoio decidido da Xunta para que Vigo sexa sede de eventos marítimos de gran relevancia: "Por iso hoxe referendamos o noso compromiso, e xa sabedes que contades coa Xunta na vosa proxección, porque a través deste roteiro marítimo a imaxe de Vigo e Galicia seguirá dando a volta ao mundo"

"Capitán Miranda", "Evangelina", "Vera Cruz"...

Así, participará no festival o "Capitán Miranda", buque escola de Uruguay que serviu orixinalmente como barco hidrográfico para investigación oceanográfica e elaboración de cartas mariñas. Tamén a goleta galega "Evangelina", a carabela portuguesa "Vera Cruz" ou a fragata "Shtandart" participarán no festival, que contará igualmente con barcos da Asociación de Mariñeiros Tradicionais de Bouzas.

Visor "Nautilus" e buque "Hidria Segundo"

Outro dos atractivos do evento serán as visitas ao visor submarino "Nautilus", o observatorio baixo o mar onde pode observarse o avance do crecemento da flora e fauna mediante un proxecto ecolóxico no marco da estratexia bluegrowth. Tamén se poderá visitar o barco de vapor "Hidria Segundo", único en toda España, e que ofrece desde un percorrido guiado polo barco ata talleres para grandes e pequenos onde a diversión está asegurada.

"Sons do Porto"

Outro aspecto importante será a música en directo con "Sons do Porto", concertos con grupos locais. Tampouco faltará a comida no espazo gastronómico, desde o máis tradicional ata a nova cociña galega ou os obradoiros e programas radiofónicos de música.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289118 {"title":"A Xunta ratifica o seu compromiso coa Fundación Traslatio e o Festival Iacobus Maris Experience para traer a Vigo os grandes veleiros","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/94812-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289118"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289118-xunta-ratifica-seu-compromiso-coa-fundacion-traslatio-e-festival-iacobus-maris-experience-traer-vigo-os-grandes-veleiros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.