Villares recoñece o traballo das peixerías na promoción da calidade do peixe e mariscos galegos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Ames (A Coruña), 14 de maio de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, puxo en valor o importante papel das peixerías na promoción da calidade e sabor do peixe e mariscos galegos así como o seu consumo como parte dunha dieta equilibrada como atlántica. Así o manifestou durante a visita á peixería Ollomol no municipio coruñés de Ames onde destacou os beneficios para a saúde que presentan os produtos do mar pola súa riqueza nutritiva e apostou por promover entre a cidadanía as súas propiedades culinarias. Nesta liña, o responsable autonómico sinalou que estes puntos de venda teñen unha función esencial, grazas á relación directa e de confianza cos consumidores, no asesoramento dos seus clientes difundindo e promocionando a excelencia dos produtos pesqueiros galegos.

Alfonso Villares entregou aos responsables do establecemento material da campaña AMAR GALICIA posta en marcha polo departamento que dirixe co obxectivo de promover a confianza na calidade dos produtos do mar. O conselleiro indicou que esta e outras iniciativas postas en marcha pola Xunta teñen como obxectivo aumentar o consumo destes alimentos en apoio á cadea mar-industria, estratéxica para a economía galega, da que dependen 50.000 empregos e que representa o 5% do PIB da comunidade. Por ese motivo fixo un chamamento aos fogares e establecementos hostaleiros para que consuman produto galego e difundan todas as súas bondades e a altísima calidade dos produtos do mar galegos.

Críticas ao Estado

O conselleiro tamén lamentou a decisión do Goberno central de negar a declaración de zona catastrófica aos bancos marisqueiros a pesar das extraordinarias precipitacións acaecidas no outono pasado. Tamén sinalou que ás formacións que sosteñen ao Executivo estatal, "que segue sen axudar ao marisqueo galego" aclarou, sexan as mesmas que acoden ás manifestacións como a de onte en Ribeira. "Son eles os que, polo visto, non ven motivos para que o sector poda acceder a esta medida que permitiría recibir máis recursos en apoio da actividade marisqueira" rematou.

 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24334 {"title":"Villares recoñece o traballo das peixerías na promoción da calidade do peixe e mariscos galegos","published_date":"2024-05-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053337\/20240514+conselleiro+visita+peixer%C3%ADa+Ollomol+Ames+1.jpg","id":"24334"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-14/24334-villares-reconece-traballo-das-peixerias-na-promocion-da-calidade-do-peixe-e-mariscos-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.