Alfonso Villares enxalza o músculo da conserva galega como fonte de emprego de calidade e a súa gran capacidade exportadora

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro sinala que o sector conserveiro galego representa máis do 75% da produción nacional e un 69% da facturación que ronda os 900 millóns de euros anuais, comercializando os seus produtos en 130 países 
  • Conservas Cortizo procesa cada ano ao redor de 5.000 toneladas de peixe e marisco de excelente calidade que sumado á posta en marcha dun laboratorio propio de calidade o fixo merecedora de obter o selo Galicia Calidade
  • O responsable autonómico resaltou a elaboración da man do sector do Plan Estratéxico da Conserva de Galicia 2022-2030 e a mobilización desde 2022 de 135 millóns de euros no conxunto do sector transformador 

Rianxo (A Coruña), 20 de marzo de 2024

O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, enxalzou hoxe o músculo do sector conserveiro galego como motor económico e fonte de emprego de calidade así como a súa capacidade exportadora. Así o dixo durante a visita ás instalacións de Conserva Cortizo no municipio coruñés de Rianxo onde puxo en valor a traxectoria desta empresa familiar baseada na utilización dunha excelente materia e o coidado da mesma durante o proceso de elaboración artesanal e tradicional dos seus produtos para ofrecer aos consumidores o mellor sabor dos nosos mares.

O responsable autonómico destacou que grazas ao traballo de empresas como Conservas Cortizo a nosa comunidade mantén o liderado nacional na elaboración destes produtos acaparando o 75% da produción e o 69% da facturación que ronda os 900 millóns de euros anuais. Tamén sinalou a capacidade exportadora do sector levando os seus produtos a 130 países o que demostra o recoñecemento da calidade e sabor da conserva galega nos mercados internacionais.

O conselleiro puxo o foco nas excepcionais calidades do peixe e marisco galegos e na profesionalidade e experiencia do sector como principais claves do seu éxito e, nesa liña, indicou á empresa rianxeira como exemplo, procesando cada ano ao redor de 5.000 toneladas de materia prima. Por outro lado, louvou os esforzos da compañía por innovar e mellorar os seus produtos así como por velar pola súa calidade e seguridade alimentaria cun laboratorio propio de control. Un traballo que permitiu a súa inclusión no selo de Galicia Calidade.

Plan Estratéxico

Alfonso Villares resaltou o compromiso do Goberno galego de apoiar ao sector conserveiro e ao conxunto da actividade transformadora de produtos da pesca cualificando esta industria como estratéxica para a economía galega. O titular de Mar resaltou como fito deste apoio a elaboración do Plan Estratéxico da Conserva de Galicia 2022-2030 como folla de ruta no que se recollen 80 medidas para xerar un maior valor engadido. Tamén subliñou que estanse a mobilizar 135 millóns de euros desde o 2022 en apoio ao sector conserveiro e da industria de elaborados pesqueiros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23144 {"title":"Alfonso Villares enxalza o músculo da conserva galega como fonte de emprego de calidade e a súa gran capacidade exportadora","published_date":"2024-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773444\/20240320+conselleiro+visita+Conservas+Cortizo+10.jpg","id":"23144"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-20/23144-alfonso-villares-enxalza-musculo-da-conserva-galega-como-fonte-emprego-calidade-e-sua-gran-capacidade-exportadora https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.