A Consellería do Mar avanza na creación de mesas de traballo cos centros de investigación mariña para abordar a situación actual da actividade marisqueira

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo un encontro por videoconferencia cos responsables dos diferentes centros de investigación mariña dependentes da Consellería do Mar -Intecmar, Cetmar e CiMA- co obxectivo de avanzar na constitución de mesas de traballo nas que abordar posibles novas solucións con efectos a curto prazo sobre a situación actual da actividade marisqueira en Galicia. Na xuntanza sinalouse a necesidade de intercambiar ideas entre os diferentes equipos de investigadores poñendo en común experiencias e iniciativas que permitan alcanzar conclusións sobre as cales elaborar novas propostas.

Esta primeira reunión serviu como punto de partida a unha iniciativa acordada recentemente coas federacións de confrarías galegas. Está previsto que se celebre un novo encontro nas vindeiras semanas no que participarán persoal técnico da Consellería do Mar (técnicos, biólogos de zona e axentes de extensión), e persoal investigador para compartir as actuais liñas de traballo das distintas unidades e o coñecemento acumulado ata o momento. Deste xeito estableceranse xuntanzas periódicas nas que se irán analizando as medidas que se vaian poñendo en marcha así como outros asuntos de interese neste ámbito. En paralelo, se celebrarán outros encontros co propio sector e as súas asistencias técnicas nas que compartir as medidas propostas nas mesas de traballo e coordinar a súa execución.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24384 {"title":"A Consellería do Mar avanza na creación de mesas de traballo cos centros de investigación mariña para abordar a situación actual da actividade marisqueira","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053340\/20240515+DX+Desenvolvemento+Pesqueiro+videoconferencia+organizaci%C3%B3n+mesas+de+traballo+1.jpg","id":"24384"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24384-conselleria-do-mar-avanza-na-creacion-mesas-traballo-cos-centros-investigacion-marina-abordar-situacion-actual-da-actividade-marisqueira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.