Belén do Campo anima á cidadanía a participar no Festival Mar de Mares que acolle A Coruña e no que a Xunta pon en valor os produtos pesqueiros galegos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial participou na apertura do evento coa inauguración da exposición "O noso rastro no mar" e subliñou o apoio do Goberno galego a través da campaña Galicia sabe Amar

A Coruña, 7 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou, esta mañá, na apertura da undécima edición do Festival Mar de Mares -que terá lugar desde hoxe e ata o 16 de xuño- coa inauguración da exposición "O noso rastro no mar". A delegada  destacou na súa intervención que "este festival non só celebra a nosa relación co mar, senón que tamén nos convida a reflexionar sobre a súa fraxilidade".

Belén do Campo subliñou que Mar de Mares bríndanos a oportunidade de educarnos, de tomar conciencia e de comprometernos a ser gardiáns responsables da nosa contorna mariña e lembrou que "durante os próximos días, A Coruña transformarase nun vibrante escaparate de actividades culturais, educativas e recreativas".

No festival de 2024 a Xunta de Galicia volve facer un importante esforzo por dar a coñecer e poñer en valor os produtos da artesanía e da industria alimentaria ligada ao mar a través do Mercado do Mar, que esta vez terá lugar no Mercado de San Agustín. Este evento permitirá degustar os mellores produtos mariños de Galicia nun ambiente festivo e cheo de sorpresas.

A delegada da Xunta recalcou para finalizar que "a través da campaña Galicia sabe Amar estamos a realizar unha intensa promoción do consumo de produtos do mar frescos e en conserva". "Este tipo de accións -subliñou- son a nosa forma de devolverlle ao sector todo o que nos dá: traballo, esforzo e sacrificio. Son, en definitiva, amor ao mar de Galicia".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
248963 {"title":"Belén do Campo anima á cidadanía a participar no Festival Mar de Mares que acolle A Coruña e no que a Xunta pon en valor os produtos pesqueiros galegos","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150734\/20240607_docampo_mardemares_004.jpg","id":"248963"} galicia C. do Mar; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248963-belen-do-campo-anima-cidadania-participar-festival-mar-mares-acolle-coruna-e-xunta-pon-valor-os-produtos-pesqueiros-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.