Galicia comparte experiencias e estratexias na promoción dos produtos pesqueiros con Perú

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado pola directora-xerente da Fundación do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), Paloma Rueda, mantivo un encontro cunha delegación do Perú composta polo director de Promoción e Formalización Pesqueira Artesanal, Ricardo Contreras, e do coordinador executivo do Programa Nacional 'A Comer Peixe', Félix Fabian no marco do proxecto '2023- SANPerú' que leva a cabo o Cetmar e o Ministerio da Produción do país suramericano.

O obxectivo foi coñecer de primeira man o sector pesqueiro galego e os programas que se desenvolven desde a Xunta de promoción do consumo de peixe e marisco. O responsable autonómico puxo en valor a experiencia acumulada pola comunidade, referente internacional no ámbito pesqueiro, e sinalou a importancia deste tipo de proxectos nos que compartir coñecementos e iniciativas en favor da actividade pesqueira, esencial para a seguridade e soberanía alimentaria das nacións.

O Goberno galego leva anos realizando accións dirixidas a fomentar a presenza dos alimentos mariños na dieta da cidadanía apoiándose na súa variedade, propiedades culinarias e riqueza en nutrientes polo que presenta importantes beneficios para a saúde. Entre as campañas en execución está VAI DE PEIXE dirixida á xente nova e difundida en exclusiva en redes sociais. Tamén GALICIA SABE AMAR, herdeira de O MAR QUE NOS MOVE e de O NOSO MAR, MARCA, que cunha mensaxe fresca e atractiva pon o acento na calidade do produto difundindo a súa mensaxe a través de catro foodtrucks que percorren todo o territorio con novidosas propostas de petiscos de produtos mariños e coa organización de cinco foros con chefs e bloggrs temáticos co fío condutos #ACociñaDoMar. Por último TI SI QUE ES UN BO PEIXE que colleu o relevo da exitosa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR dirixida aos escolares e que alcanzou desde o 2021 a máis de 14.000 nenos e nenas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
218954 {"title":"Galicia comparte experiencias e estratexias na promoción dos produtos pesqueiros con Perú","published_date":"2024-05-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053367\/20240524+conselleiro+Peru.jpeg","id":"218954"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-24/218954-galicia-comparte-experiencias-e-estratexias-na-promocion-dos-produtos-pesqueiros-peru https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.