A Xunta de Galicia ultima a humanización e mellora da seguridade viaria no acceso ao porto de Raxó, orzamentada en máis de 900.000 euros

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro do Mar visitou os traballos en execución, cofinanciados por Portos de Galicia e o Concello de Poio e que inclúen tamén a rede de instalación de servizos urbanos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Poio (Pontevedra), 11 de xuño de 2024

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia está a traballar na última fase das obras de remodelación, humanización e mellora da seguridade viaria no acceso ao porto de Raxó, no municipio pontevedrés de Poio. Así o confirmou esta mañá o conselleiro Alfonso Villares nunha visita ás obras nas que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, polo alcalde de Poio, Ángel Moldes, e o presidente do ente público, José Antonio Álvarez.

Villares lembrou que os traballos son o resultado dun convenio de colaboración entre Portos de Galicia e o Concello de Poio. A actuación global está orzamentada en máis de 900.000 euros, dos que Portos de Galicia financia o 70%, 640.000 euros, e o Concello de Poio, o 30%, 275.000 euros. O organismo autonómico encargouse ademais da licitación e execución da obra, mentres que o Concello asumirá o mantemento do viario, a vixilancia das instalacións, a regulación do tráfico -garantindo de xeito permanente o acceso ao dique e a actividade portuaria- e a recollida de residuos da zona portuaria.    

As obras teñen por obxectivo humanizar o viario, con criterios máis amables para os peón e inclúe a rede de instalación de servizos urbanos. Ademais integra a demanda de actuar de xeito xeral nas beirarrúas que se atopan fóra do solo de competencia de Portos de Galicia, mellorando un itinerario peonil, separado do tránsito rodado, dende a estrada xeral ata o paseo do porto.

Finalmente, o proxecto inclúe tamén o aumento da calidade do espazo, mediante a colocación de novo mobiliario urbano. Prevese a colocación dun banco lineal de 93 metros de lonxitude, ademais de varandas e papeleiras. Así mesmo, recolle a mellora da eficiencia e estética da rede de alumeado, así como a rede de abastecemento, pluviais e fecais e reforzarase a sinalización.

Integración dos espazos

O responsable autonómico destacou que esta obra vai na dirección de integrar as infraestruturas portuarias cos cascos urbanos das vilas e que tamén permitiu a renovación e mellora dos servizos. Nesta liña, incidiu que desde a Consellería do Mar estase traballando en actuacións en concellos de toda Galicia no ámbito das zonas portuarias e o seu entorno, lugares onde se desenvolve a maior parte da actividade  pesqueira da comunidade, mellorando, á vez a seguridade e condicións de traballo dos profesionais do mar. O titular do Mar sinalou esta iniciativa como exemplo de colaboración entre a administracións, neste caso entre a Xunta e o Concello. Un modelo que agarda poda servir para o desenvolvemento de futuros proxectos noutros municipios.

Bancos marisqueiros

O conselleiro do Mar, puxo en valor a actuación da Xunta que traballou desde o primeiro momento co sector con reunións periódicas cos representantes das distintas federacións de confrarías galegas nas que están deseñando e facendo o seguimento da execución das medidas consensuadas para volver a facer produtivas as rías. Tamén sinalou que paralelamente se están celebrando reunións de traballo entre o persoal técnico da Consellería, as asistencias técnicas das confrarías e o persoal  dos centros de investigación mariña galegos para realizar análises específicos de cada zona para abordar as súas necesidades específicas.

Alfonso Villares destacou que este traballo é imprescindible para garantir o bo uso dos 123 millóns de euros que se ten previsto mobilizar en apoio ao sector no marco do Plan de Competitividade e Sustentabilidade do Marisqueo de Galicia 2024-2025 dotado con 123 millóns de euros. O titular de Mar explicou que o proceso de recuperación dos bancos vai requirir tempo atendendo ao proceso de crecemento dos propios bivalvos ata que alcanzan o seu tamaño comercial que pode superar o ano.

Con todo, reiterou que a rexeneración das zonas de explotación marisqueira é unha prioridade para o Goberno Galego como así o vén demostrando desde o episodio de alta mortaldade de moluscos vivido o pasado outono, unha xestión que contrapuxo coa de outras administracións que a día de hoxe non mobilizaron ningún recurso en favor do sector.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/06/2024
256496 {"title":"A Xunta de Galicia ultima a humanización e mellora da seguridade viaria no acceso ao porto de Raxó, orzamentada en máis de 900.000 euros","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278516\/20240611+conselleiro+visita+obra+humanizacion+acceso+porto+Raxo+1.jpg","id":"256496"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/256496-xunta-galicia-ultima-humanizacion-e-mellora-da-seguridade-viaria-acceso-ao-porto-raxo-orzamentada-mais-900-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.