Portos de Galicia somete a información pública unha addenda á avaliación ambiental da dragaxe de Foz tras a ampliación das zonas ZEPA polo MITECO

  • O Ministerio vén de ampliar a declaración de Zona de Especial Protección para as Aves a todo o litoral galego coa conseguinte afectación á tramitación das obras portuarias
  • As obras para a dársena focense contan cun orzamento previsto dun millón de euros

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024

Portos de Galicia vén de iniciar o trámite de información pública da addenda ao estudo de impacto ambiental das obras de dragaxe do porto do municipio lucense de Foz, nas que o ente público prevé un investimento dun millón de euros. O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o anuncio cun prazo de 30 días hábiles contados a partir de mañá.

Durante este prazo a documentación relativa ao impacto ambiental das futuras obras de dragaxe do porto de Foz estará dispoñible para consulta pública na web de Portos de Galicia. As persoas interesada poden acceder a ela a través da ligazón https://portosdegalicia.gal/es/web/portos-de-galicia/procesos_informacion_publica.

Esta addenda é o resultado do cambio nos criterios de protección ambiental por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, que vén de ampliar a declaración de Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) a todo o litoral galego, incluíndo o dominio público portuario. Esta nova restrición afecta de xeito directo á tramitación das obras portuarias e, no caso de Foz, obrigou á redacción dun estudio de afectación ás aves da contorna do porto, que se engade ao Estudio de Impacto Ambiental, que xa superara o trámite de información pública o pasado mes de novembro.

As obras previstas por Portos de Galicia no peirao de Foz consisten nunha dragaxe plurianual durante os vindeiros 4 anos no acceso ao porto e a dársena pesqueira, cun volume total de material para extraer de máis de 70.000 metros cúbicos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23606 {"title":"Portos de Galicia somete a información pública unha addenda á avaliación ambiental da dragaxe de Foz tras a ampliación das zonas ZEPA polo MITECO","published_date":"2024-04-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23606"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-15/23606-portos-galicia-somete-informacion-publica-unha-addenda-avaliacion-ambiental-da-dragaxe-foz-ampliacion-das-zonas-zepa-polo-miteco https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.