A Consellería do Mar apoia as demandas da asistencia técnica da confraría coruñesa para que a sementeira da ría do Burgo se realice con todas as garantías

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A xefatura territorial enviou hoxe escritos aos responsables do pósito e a Costas coa análise da proposta da adxudicataria da dragaxe nos que sinala que de momento resulta imposible autorizar as sementeiras de moluscos solicitadas para o 8 de abril
  • Entre a información que se lle reclama están o cronograma dos traballos de acondicionamento previos a sementar dos bancos marisqueiros e os pasos e responsables do proceso de devolver as ameixas e berberechos á zona

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024

A Xefatura Territorial da Consellería do Mar en A Coruña remitiu hoxe escritos tanto a confraría de pescadores como a Demarcación de Costas nos que se aporta o informe que da resposta á petición por parte da empresa adxudicataria da obra, que solicitaba comezar a sementeira de bivalvos o día 8 de abril. Segundo o análise realizado polos profesionais do departamento nestes momentos resulta imposible autorizala, pois antes de poder proceder a dar o visto e prace deben terminar de arranxarse os bancos marisqueiros tal e como aprecian no seu informe os biólogos da confraría e completar a información que se lles require desde a xefatura.

No documento remitido polas asistencias técnicas da confraría infórmase de que existe unha incertidume sobre a extensión exacta e batimetría dos bancos marisqueiros. Tampouco información sobre a granulometría e o tipo de sedimento final. Sosteñen que non se realizou a caracterización biolóxica dos bancos marisqueiros. Este informe detalla o estado do banco a data do pasado día 21 e as necesidades de acondicionamento previo que serían adecuadas para a realización o máis exitosa posible de sementeira. Sen estas actuacións considérase que non é posible proceder coa realización da mesma.

As solicitudes de inmersión da concesionaria da obra da dragaxe, todas para ese 8 de abril, totalizan 11,5 millóns de unidades de ameixa babosa e 3 millóns de unidades de berberecho, dentro das 18 millóns de unidades as que ascendería o total da sementeira prevista para a ría do Burgo para as diferentes especies.

A tan so 13 días da data solicitada, a cantidade de actuacións necesarias e por acometer e a extensión dos bancos marisqueiros fan que semelle moi complexo de abordar o procedemento tecnicamente. Tras o análise da documentación aportada, desde a xefatura territorial demandouse á empresa adxudicataria emendar previamente carencias detectadas antes de poder acometer a sementeira.

Reclámase a descrición e cronograma de actuacións para o acondicionamiento dos bancos marisqueiros da ría do Burgo, así como detallar o estado final dos mesmos previo á sementeira, tanto a batimetría como a superficie total e a granulimetría.

Outro punto para o que se require información é o dos criterios de distribución das diferentes especies e cantidades de moluscos que se levarás aos bancos, así como da metodoloxía a empregar para garantir o éxito da sementeira. Entre as demandas está tamén a dun cronograma asumible tecnicamente para este proceso, así como a localización do punto de control de subministro dos bivalvos, se se van a realiza acopios e as condicións de como se conservará a semente, xunto co nome de quen exercerá como responsable técnico da sementeira en todos os seus aspectos. 

Apoio ás demandas do sector marisqueiro

Desde a Consellería do Mar  preténdese, con todas estas demandas, garantir que a sementeira responda ás necesidades e demandas da confraría coruñesa e aos criterios técnicos necesarios para que este procedemento sexa un éxito e garanta no futuro unha actividade sostible económica e ambientalmente ás familias de mariscadores da zona, que precisarán que se manteña o respaldo económico do Goberno central ata que poidan regresar con normalidade a desenvolver o seu traballo como en anos previos á dragaxe.

  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23252 {"title":"A Consellería do Mar apoia as demandas da asistencia técnica da confraría coruñesa para que a sementeira da ría do Burgo se realice con todas as garantías","published_date":"2024-03-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773459\/20231111_villares_cofradia+1.jpg","id":"23252"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-25/23252-conselleria-do-mar-apoia-as-demandas-da-asistencia-tecnica-da-confraria-corunesa-sementeira-da-ria-do-burgo-se-realice-as-garantias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.