Alfonso Villares destaca a calidade do marisco galego e anima ao seu consumo na Festa do Berberecho de Foz

Foz (Lugo), 6 de abril de 2024

O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, destacou a calidade do marisco galego, as súas propiedades nutritivas e culinarias únicas e os grandes beneficios para a saúde que hai detrás do seu consumo. Así o manifestou o responsable autonómico na XXII edición da Festa do Berberecho de Foz, onde participou na degustación deste bivalvo. O titular de Mar puxo tamén en valor o inconfundible sabor deste molusco, un dos produtos imprescindíbeis da cociña galega, e indicou que os eventos gastronómicos son unha fórmula moi axeitada e eficaz para difundir as calidades e promocionar os produtos do mar de Galicia entre a cidadanía.

Nesta liña Alfonso Villares sinalou que estes actos festivos tamén serven como homenaxe e recoñecemento ao bo facer dos profesionais do mar, auténticos artífices de que estes alimentos cheguen nas mellores condicións ao consumidor. Tamén expresou a importancia de apoiar ao sector marítimo-pesqueiro mediante un maior consumo de peixe e marisco, pois contribúese con esta aposta a reforzar unha actividade que é un dos motores económicos de Galicia, que xera emprego de calidade e que sitúa a nosa comunidade como rexión líder a nivel europeo e referente internacional.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23450 {"title":"Alfonso Villares destaca a calidade do marisco galego e anima ao seu consumo na Festa do Berberecho de Foz","published_date":"2024-04-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23450"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-06/23450-alfonso-villares-destaca-calidade-do-marisco-galego-e-anima-ao-seu-consumo-na-festa-do-berberecho-foz https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.