Villares destaca no Parlamento co programa Marlimpo promovido pola Xunta permitiu a retirada de 425 toneladas de residuos das costas galegas

Imagen del artículo Villares destaca no Parlamento co programa Marlimpo promovido pola Xunta permitiu a retirada de 425 toneladas de residuos das costas galegas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Foron un total de 36 os proxectos desenvolvidos nos últimos catro anos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños que permitiron extraer do litoral restos de vidro, cerámica, madeira ou plásticos
  • Sinalou que nas 309 limpezas activas realizadas e as recollidas nas xornadas de traballo de pesca ou marisqueo involucraron a arredor de 1.200 persoas e a 145 embarcacións de confrarías de pescadores repartidos por toda Galicia

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou hoxe no Parlamento que o programa Marlimpo promovido pola Xunta permitiu a recollida entre os anos 2020 e 2023 de preto de 425 toneladas de lixo das costas galegas ao abeiro de 36 proxectos colectivos desenvolvidos no marco das convocatorias de axudas da Consellería do Mar para accións de protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos. Estas accións involucraron  arredor de 1.200 persoas e 145 embarcacións de confrarías de pescadores repartidas por toda Galicia e supuxeron un investimento público de máis de 1,6 millóns de euros.

O responsable autonómico explicou que dentro das recollidas activas destacan, nun primeiro termo, os preto de 133.000 quilos de vidro e cerámica pois constitúen o 32% do total, seguidos de produtos naturais (como algas, pólas ou paus de madeira, entre outros) con máis de 108.700 quilogramos, o 26%; e case 87.000 quilos de plásticos; seguidos en menor medida de residuos de goma como os pneumáticos (8%), metal (5%), téxtiles varios  (3%) e outros materiais variados (5%).

O titular de Mar sinalou que dentro destas iniciativas desenvolvéronse 169 accións para mellorar a concienciación ambiental, a formación e a colaboración entre os axentes implicados. Entre elas charlas e xornadas formativas, material divulgativo, obradoiros, reportaxes de vídeo e exposicións.

Por outra banda, Alfonso Villares informou que na súa execución participaron confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros e outras entidades asociativas do sector en Galicia como as ONG en alianza coas entidades do sector ou conxuntamente cos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

Dos 36 proxectos desenvolvidos, 32 consistiron na recollida activa de lixo por mariscadoras e mariscadores e embarcacións -con días de saída específica para retirar residuos de determinadas zonas- e os catro restantes de recollida pasiva, sacando do litoral os refugallos que chegan nos aparellos durante os traballos ordinarios de pesca ou de extracción de recursos marisqueiros.

En total nos últimos tres anos realizáronse 309 limpezas activas nas que participaron máis de 705 persoas e 30 embarcacións, algunhas delas formando parte de accións desenvolvidas en distintos anos, totalizando case 414 toneladas. Da recollida pasiva formaron parte preto de 470 profesionais do mar e arredor de 115 embarcacións, sumando algo máis de 10,2 toneladas máis á cifra global.

Implicación do sector

O conselleiro do Mar salientou que as iniciativas desenvolvidas ao abeiro das axudas da Consellería do Mar son un exemplo do alto grao de implicación do sector na protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños, como demostra tamén o feito de que máis do 60% dos plans de marisqueo xeral para o período 2021-2023 e preto do 70% dos plans de xestión de recursos específicos de 2022-2024 inclúan accións de recollida de lixo mariño nos seus obxectivos ecolóxicos a tres anos.

Ademais, a cifra de proxectos aumenta progresivamente, o que demostra o interese e a implicación do sector nestas tarefas. De feito, no marco da primeira convocatoria destes apoios -do ano 2020- executáronse cinco proxectos e na última -a de 2023- executáronse doce, é dicir, máis do dobre.

Todas estas iniciativas enmárcanse no plan Marlimpo da Consellería do Mar, co que se pretende contribuír a acadar un ambiente costeiro e mariño limpo, saudable, produtivo e bioloxicamente diverso e unha redución da cantidade de residuos existentes nas zonas costeiras. A través del tamén se busca que os sectores pesqueiro e marisqueiro integren nas súas operativas boas prácticas que contribúan á protección do medio mariño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
259151 {"title":"Villares destaca no Parlamento co programa Marlimpo promovido pola Xunta permitiu a retirada de 425 toneladas de residuos das costas galegas","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278519\/20240612+conselleiro+no+Pleno+do+Parlamento+5.JPG","id":"259151"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/259151-villares-destaca-parlamento-co-programa-marlimpo-promovido-pola-xunta-permitiu-retirada-425-toneladas-residuos-das-costas-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.