Alfonso Villares destaca a contribución das hatchery á sustentabilidade e competitividade do sector marisqueiro fronte os desafíos do cambio climático

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O responsable autonómico resaltou das instalacións que permiten o aproveitamento dos recursos, emprega enerxías limpas e utiliza un sistema de produción amable co medio, o que o fai compatible cos ecosistemas mariños e terrestres da zona
  • A implantación de criadeiros en augas autóctonas plantexa importantes ventaxas sobre as foráneas que non sobreviven no Atlántico nun contexto no que a oferta non cubre a demanda do mercado

Cangas (Pontevedra), 27 de xuño de 2024

O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, manifestou a importante contribución dos criadeiros de moluscos ou hatchery á sustentabilidade e competitividade do sector marisqueiro galego nun contexto actual moi complexo polos efectos do cambio climático. Así, valorou moi positivamente o inicio da actividade do criadeiro Crimoldán, na localidade pontevedresa de Cangas, no acto de inauguración das súas instalacións e destacou que se trata do primeiro e único que hai a día de hoxe na ría de Aldán.

O responsable autonómico explicou a importancia do desenvolvemento desta industria para Galicia como principal rexión pesqueira de Europa xa que reduce a dependencia de proveedores de terceiros países nun contexto no que a oferta de semente non cubre a demanda existente no mercado. Por outro lado, a implantación de criadeiros en augas autóctonas contribúe a alcanzar un maior grao de supervivencia respecto ás producidas noutros mares xa que non logran adaptarse ás condicións do Atlántico.

O titular de Mar resaltou da nova planta o aproveitamento dos recursos mediante a reutilización da auga devolvéndoa ao mar, o emprego de enerxías limpas e renovables, conseguindo a temperatura precisa da auga grazas ao sol e complementándoa cunha caldeira de biomasa e a utilización dun sistema de produción amable co medio grazas ao emprego de esterilizantes, fertilizantes e deterxentes naturais, o que fai este proxecto compatible co ecosistema terrestre e mariño da zona.

Nesta liña puxo en valor o impacto positivo que esta actividade vai a deixar no municipio, mediante o consumo de materiais locais e fomentando o emprego coa creación de cinco novos postos de traballo directos. Por outra banda, é unha industria plenamente compatible con outros sectores económicos como a pesca ou o turismo á vez que presenta importantes beneficios ao enriquecer os bancos de produción coa semente que, doutra forma, non sería posible obter.

As instalacións

A iniciativa é promovida pola empresa galega Narom, con experiencia no desenvolvemento e construción de plantas de cultivos de moluscos en Portugal. As instalacións contan con cunha superficie de 2.965 m2 no que se alberga un edificio que dispón dunha zona seca, con espazo de usos múltiples, despacho, aseos e zona de descanso para o persoal, e unha zona húmida na que se atopan o laboratorio, as piscinas de reprodutores, os tanques de cultivo ou o depósito de acumulación de auga. Fóra, tamén  conta con piscina de fitoplancto xunto co sementeiro e o fitoplancto en bolsas.

A planta ten como obxecto a obtención de semente de ostra rizada, ameixa babosa e ameixa xaponesa e conta cunha capacidade duns 25 millóns de sementes. O proceso de produción abarca desde a posta dos seus reprodutores, na súa fase larvaria e posterior semente, ata alcanzar a talla mínima dun milímetro, coa que sairá para as plantas de cultivo ata que alcancen a denominada "talla de supervivencia", que se considera suficiente para ser sementada nos parques para o seu engorde ata alcanzar a talla comercial. Estímase que a produción conxunta das tres especies alcance os 15 millóns de unidades.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
291811 {"title":"Alfonso Villares destaca a contribución das hatchery á sustentabilidade e competitividade do sector marisqueiro fronte os desafíos do cambio climático","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150825\/20240625+conselleiro+visita+CIMA+2.JPG","id":"291811"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291811-alfonso-villares-destaca-contribucion-das-hatchery-sustentabilidade-e-competitividade-do-sector-marisqueiro-fronte-os-desafios-do-cambio-climatico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.