A Xunta de Galicia adxudica o servizo mantemento das instalacións eléctricas dos portos autonómicos durante 3 anos por 1,9 millóns de euros

  • José Antonio Álvarez informou de que o contrato contempla a posibilidade de prórroga por 2 anualidades máis ata un valor total de 3,6 millóns
  • Inclúe todas as obras de prevención, reparación e novas instalacións para a conservación do conxunto do subministro eléctrico das 122 dársenas de titularidade autonómica

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, respondeu esta mañá a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo en relación co contrato unificado mantemento das instalacións eléctricas de baixa tensión dos 122 portos autonómicos. Ao respecto, asegurou que o ente público adxudicou onte mesmo os cinco lotes que conforman o contrato por un importe de 1,9 millóns de euros para un prazo de 3 anos.

Durante a súa intervención, o presidente de Portos de Galicia informou de que o contrato contempla a posibilidade de prórroga por 2 anualidades máis ata un total de 3,6 millóns de euros. O servizo consiste na realización dos traballos de mantemento das instalacións eléctricas de baixa tensión que se localizan nos portos autonómicos para o seu correcto funcionamento, mellor rendemento enerxético e redución do impacto no medio ambiente.

As instalacións incluídas neste contrato serán as seguintes: instalacións fixas: cadros, aparellos, mecanismos e acometidas; redes eléctricas de baixa tensión: canalizacións ou cableados; alumeado exterior; soportes de alumeado: báculos, columnas ou brazos; instalacións de xeración de enerxía; redes de terra; instalacións de telexestión; controis de accesos e toda a obra civil relacionada coas instalacións eléctricas: arquetas, canalizacións soterradas, cimentación de báculos, columnas ou armarios, entre outras.

O servizo abrangue fundamentalmente todas aquelas actuacións de mantemento preventivo e correctivo -reparacións, modificacións ou ata novas instalacións-, xestión de avarías ou cortes de subministro; inspeccións periódicas; inventario de instalacións ou asistencia técnica en relación ao estado das instalacións. Para unha organización máis eficaz o contrato divídese en 5 lotes por áreas xeográficas, a saber: de Ribadeo a Ares; de Pontedeume a O Pindo (Carnota); de Portubelo a Rañó (Rianxo); de Pontecesures a Corbaceiras (Pontevedra) e de Aguete (Marín) a Tui.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
212535 {"title":"A Xunta de Galicia adxudica o servizo mantemento das instalacións eléctricas dos portos autonómicos durante 3 anos por 1,9 millóns de euros","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"212535"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/212535-xunta-galicia-adxudica-servizo-mantemento-das-instalacions-electricas-dos-portos-autonomicos-3-anos-1-9-millons-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.