Villares sitúa ao Grupo Pereira como referente en integración vertical, abarcando todas as fases do proceso produtivo ata a venda do produto final

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Puxo en valor o carácter social e empresarial desta entidade, dentro do proceso produtivo que achega preto do 5 % do PIB galego; ratificando o seu liderado no eido da exportación
  • Grupo Pereira dispón de filiais en África e América do Sur e recentemente alcanzou un novo fito coa botadura dun novo buque arrasteiro, o Argos Berbés, que operará no caladoiro de Malvinas

Vigo, 14 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, sitúa ao Grupo Pereira como referencia na aposta pola internacionalización e a integración vertical abarcando toda a cadea de valor, desde a extracción da materia prima ata a súa comercialización. Así o trasladou este venres, acompañado da delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e logo de coñecer as instalacións desta compañía, creada na década dos 50 e que integra a máis dunha vintena de empresas dedicadas á pesca, transformación, comercialización e distribución dos produtos mariños.

O máximo responsable da Consellería puxo en valor o seu carácter social e empresarial dentro dunha cadea produtiva que achega preto do 5 % ao Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade autónoma; ratificando así o liderado de Galicia no eido da exportación. O pasado ano saíron do noso territorio o 56 % dos produtos do mar que vendeu España ao estranxeiro, xerando o 52 % do valor; o que supuxo un volume de negocio que superou os 2.700 millóns de euros.

Para o titular de Mar, este Grupo é, por tanto, un claro exemplo de como completar o círculo e afondar na busca de valor engadido co peche da cadea mar-industria, constituíndo un verdadeiro éxito da pesca galega e dun elemento diferenciador no sector primario. Neste senso, Alfonso Villares expresou a vontade colaboradora do departamento que dirixe para seguir apoiando entidades coma esta, que son punteiras grazas ao apoio do Goberno galego, e que se viron beneficiadas das distintas liñas de actuación nas que participa a Consellería para a modernización de equipos, instalacións e sistemas produtivos. É o caso do Fondo Europeo de Pesca (FEP) ou o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Filiais en África e América do Sur

Grupo Pereira dispón de filiais en Senegal, Mauritania, Namibia, Sudáfrica e Malvinas. A súa orixe remóntase ao emprego das primeiras embarcacións que faenaron, principalmente, na zona do Gran Sol. A súa traxectoria vén de ser recoñecida recentemente co XXVII Premio Emprendedor do Ano de EY por Galicia e Asturias, sendo a primeira empresa pesqueira que se alza con este prestixioso galardón.

A compañía alcanzou un novo fito coa recente botadura do Argos Berbés, un moderno arrastreiro de proa invertida construído polos estaleiros de Nodosa e que substituirá ao Argos Vigo. Está previsto que este novo buque, de 85 metros de eslora, que alcanza as 2.499 toneladas GT (arqueo bruto) e clasificado con cota de xeo, poida estrearse de cara a primeira marea en Malvinas no vindeiro 2025.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
266783 {"title":"Villares sitúa ao Grupo Pereira como referente en integración vertical, abarcando todas as fases do proceso produtivo ata a venda do produto final","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/20240614+conselleiro+visita+Grupo+Pereira+1.jpeg","id":"266783"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/266783-villares-situa-ao-grupo-pereira-como-referente-integracion-vertical-abarcando-as-fases-do-proceso-produtivo-ata-venda-do-produto-final https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.