Alfonso Villares pon en valor o papel dos depuradores de moluscos na distribución e venda do mellor marisco galego nos mercados

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Mar trasladou o apoio da Xunta a un sector esencial para a cadea mar-industria cun importante peso na economía galega e cunha facturación media anual de preto de 450 millóns de euros ao ano
  • Reivindicou a lei do Litoral de Galicia, recorrida polo Goberno central ante o Tribunal Constitucional, como a mellor ferramenta para proporcionar a seguridade xurídica necesaria para o desenvolvemento desta actividade
  • O responsable autonómico tamén criticou a reiterada negativa á demanda do sector de rebaixar o IVE ao peixe e marisco a pesar dos informes de organismos independentes que avalan a utilidade desta medida

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 17 de abril de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, puxo en valor o papel dos depuradores de moluscos na distribución e venda do mellor marisco galego nos mercados. Así o manifestou acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, durante a visita ás instalacións de Mariscos Sálvora en Vilaxoán, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, onde destacou que é grazas á profesionalidade e bo facer de empresas como a vilagarciá que chegan aos consumidores os moluscos nas mellores condicións contribuíndo ao prestixio así como á imaxe de excelencia e calidade dos produtos do mar galegos.

O responsable autonómico trasladou o apoio decidido da Xunta ás empresas do sector, esencial para a cadea mar-industria, representado na súa maioría na Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (Agade) que no último ano viu incrementado o seu número de membros ata agrupar ao redor de 60 compañías. As cifras facilitadas por esta entidade amosan a súa importancia na economía galega reflectida na súa facturación media anual de preto de 450 millóns de euros. Unha relevancia que tamén ten o seu traslado no ámbito do emprego de calidade con máis de 1.000 postos de traballo, contribuíndo a dinamizar a economía e fixar poboación dos concellos costeiros.

O titular de Mar reivindicou a Lei do Litoral galega, recorrida polo Goberno central ante o Tribunal Constitucional, por ser un instrumento que recolle, de forma clara e contundente no seu articulado, que o conxunto do sector marítimo-pesqueiro galego é estratéxico e o seu acceso aos recursos, localizacións e caladoiros debe ser prioritario fronte a calquera outro tipo de posibles usos. Por iso reiterou as súas críticas ao Goberno estatal por impugnar unha norma que defende o sector pesqueiro, acuícola e a miticultura galega.  

Rebaixa do IVE

Alfonso Villares expresou o total apoio da Xunta á histórica demanda deste sector ao Estado para que acceda a rebaixar o IVE aos produtos do mar nun contexto tan complexo como o actual cun marcado descenso do consumo de peixe e marisco entre a cidadanía. Por último lamentou a reiterada negativa do Executivo central a esta medida a pesar dos informes de diferentes organismos independentes que sinalan a súa utilidade para incentivar o consumo dos produtos pesqueiros e os seus efectos positivos na actividade económica promovendo a creación de emprego.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23652 {"title":"Alfonso Villares pon en valor o papel dos depuradores de moluscos na distribución e venda do mellor marisco galego nos mercados","published_date":"2024-04-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/84090-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23652"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-17/23652-alfonso-villares-pon-valor-papel-dos-depuradores-moluscos-na-distribucion-e-venda-do-mellor-marisco-galego-nos-mercados https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.