Portos de Galicia saca a concurso a explotación das gasolineiras dos portos de Ribeira, Portocubelo, Meloxo e Cambados

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

A entidade pública Portos de Galicia ven de iniciar o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para a explotación das estacións de subministro de combustible de Ribeira (tanto a de embarcacións como a de vehículos), Portocubelo (Carnota), Meloxo (O Grove) e Cambados. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Tal como contempla a resolución, o prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir de mañá, polo que rematará o 13 de maio ás 14 horas. O prazo de vixencia da concesión das dúas naves para almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima será de ata un máximo de 50 anos. A información detallada sobre as condicións do concurso atópase a disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia e no perfil do contratante.

Todas as gasolineiras incluídas neste concurso adicaranse exclusivamente ao subministro a embarcacións a excepción da estación de subministro específica para vehículos no porto de Ribeira. O prego de condicións recolle en todos os casos a obriga de actualizar e mellorar estas instalacións industriais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23577 {"title":"Portos de Galicia saca a concurso a explotación das gasolineiras dos portos de Ribeira, Portocubelo, Meloxo e Cambados","published_date":"2024-04-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23577"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-12/23577-portos-galicia-saca-concurso-explotacion-das-gasolineiras-dos-portos-ribeira-portocubelo-meloxo-e-cambados https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.