A Xunta reclama en Bruxelas recursos comunitarios e unha firme aposta pola formación para abordar con éxito o proceso de descarbonización no mundo do mar

Imagen del artículo A Xunta reclama en Bruxelas recursos comunitarios e unha firme aposta pola formación para abordar con éxito o proceso de descarbonización no mundo do mar

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Bruxelas (Bélxica), 19 de abril de 2024

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou este venres en Bruxelas nas xornadas de traballo da Energy Transition Partnership da UE centradas, nesta ocasión, nas habilidades precisas para abordar con éxito a transición enerxética no mundo do mar. Galicia acude a todos estes foros tanto para dar conta dos pasos que están a dar tanto a Xunta como os actores do sector marítimo-pesqueiro para avanzar na descarbonización da frota como para defender que este proceso debe realizarse dunha forma realista, asumible e contando co máximo apoio comunitario.

Unha vez se defina a nova tecnoloxía propulsora que substituirá aos motores de combustión, Antonio Basanta defendeu que Galicia, por ser líder europea en pesca e cultivos mariños, tamén será a zona de toda a Unión Europea que maiores recursos precise para realizar o tránsito. Unha das cuestións que dixo que están claras é que haberá que adecuar a formación a todas as tecnoloxías e sistemas que se van utilizar nesta transición enerxética. Son ámbitos, dixo, nos que se está xa traballando, buscando que a  súa evolución vaia en paralelo co fin de dotar ás tripulacións das habilidades necesarias. Defendeu tamén o traballo que, desde Galicia, se está a facer en todas estas áreas con aliados como a Fundación MarinnLeg, o clúster naval Aclunaga ou a Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Coruña.  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23701 galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23701-xunta-reclama-bruxelas-recursos-comunitarios-e-unha-firme-aposta-pola-formacion-abordar-exito-proceso-descarbonizacion-mundo-do-mar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.