A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar o sistema de control na produción de moluscos bivalvos en Nova Zelandia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo en diferentes países, atendendo á invitación da Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria europea
  • O próximo día 1 de maio entrará en vigor o acordo de libre comercio entre este país das antípodas e a UE que ratificou a Comisión Europea a finais de 2023

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2024

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, participará a próxima semana na auditoría prevista para avaliar os sistemas de control na produción de moluscos bivalvos que Nova Zelandia destina á exportación cara a Unión Europea. Esta participación como experta faise en resposta á invitación da Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria (DG Sante) da Comisión Europea, organismo responsable de realizar auditorías, inspeccións e outras actividades relacionadas tanto en países da UE como de fóra dos seus Estados membros. 

O Intecmar, que realiza cada ano máis de 80.000 análises para garantir a calidade e salubridade dos produtos do mar galego, participa dada a súa experiencia neste ámbito en distintos procedementos deste tipo, sumando tanto a propia Salgado como outros profesionais do instituto galego ata 25 participacións en diferentes procesos de auditoría da DG Sante da Comisión Europea como a que se levará a cabo en Nova Zelandia xunto co Ministerio de Industrias Primarias neozenlandés.

A DG Sante realiza estas actividades para garantir que a lexislación dá UE sobre seguridade de alimentos e pensos, saúde e benestar animal e sanidade vexetal se cumpran de forma axeitada ou equivalente, co fin de que os cidadáns europeos podan estar seguros dos alimentos que levan á mesa e das condicións en que se comercializan.   

Na actualidade as relacións comerciais de Nova Zelandia e a UE están a experimentar un forte pulo que se prevé irá a mais cando o próximo 1 de maio entre en vigor o acordo de libre comercio entre este país das antípodas e a UE que ratificou a Comisión Europea a finais de 2023.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23914 {"title":"A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar o sistema de control na produción de moluscos bivalvos en Nova Zelandia","published_date":"2024-04-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887402\/Covadonga+Salgado.jpg","id":"23914"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-28/23914-directora-do-intecmar-participa-nunha-auditoria-da-union-europea-avaliar-sistema-control-na-producion-moluscos-bivalvos-nova-zelandia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.