Alfonso Villares sitúa Galicia á vangarda na defensa da cultura marítima e enxalza o Pcuma como folla de ruta das actuacións con horizonte no 2030

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O responsable autonómico sinala o potencial da comunidade neste ámbito con máis de 1.600 km de costa, 16 rías e 80 concellos costeiros nos que se concentra a metade da poboación galega
  • A estratexia galega recolle 100 accións dirixidas a conservar, estender e promover a cultura marítima mediante a creación dun sistema galego que permita converxer recursos e que potencie espazos culturais a través de empresas tradicionais do mar
  • Este foro supón o punto de inicio do proxecto SEALabHaus impulsado pola Universidade da Coruña que ten como obxectivo a creación dunha plataforma que serva para difundir iniciativas que axuden a transformar o ecosistema costeiro

A Coruña, 14 de maio de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, situou a Galicia á vangarda na defensa da cultura marítima e enxalzou o Plan de Cultura Marítima de Galicia (Pcuma) como folla de ruta das actuacións a realizar co horizonte posto no 2030. Así o manifestou, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Coruña, Belén do Campo, no I Foro Trasnacional SEALabHaus 'Arquitecturas do Mar' celebrado na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, onde salientou o carácter pioneiro deste documento froito dun proceso aberto e participativo cos principais actores implicados e no que se tiveron en conta experiencias previas similares.

O responsable autonómico destacou que a nosa comunidade, con 1.600 km de costa, 16 rías e ao redor de 80 concellos costeiros nos que se concentra máis da metade da poboación galega ten un gran potencial neste ámbito. Nesta liña, indicou que durante séculos foron desenvolvéndose diversas actividades vencelladas ao mar que deron lugar a unha cultura característica de gran valor que fai necesario analizar as conexións e transferencias destas comunidades litorais e do seu patrimonio así como articular unha estratexia que permita unha xestión integral e posta en valor da cultura marítima.

Nesta liña, expuxo que no documento, elaborado en colaboración coa Universidade da Coruña, se recollen 100 accións dirixidas a conservar, estender e promover a cultura marítima mediante a creación dun sistema galego que permita converxer recursos e que potencie espazos culturais a través de empresas tradicionais do mar. Tamén reiterou o compromiso do Goberno galego de continuar traballando neste ámbito para seguir protexendo e recuperando o rico patrimonio marítimo de Galicia para o cal a Lei do Litoral de Galicia resulta unha ferramenta fundamental como marco normativo do desenvolvemento pleno das competencias autonómicas na xestión da costa.

Proxecto SEALabHaus

Este foro, presentado esta mañá pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, reunirá durante dúas xornadas a relatores de gran prestixio como os arquitectos galegos Alfonso Penela, Juan Creus, Covadonga Carrasco, Óscar Fuertes e Iago Fernández, que presentarán proxectos premiados como o acondicionamento do Porto do Son, a rehabilitación do Estaleiro Tradiconal Ciprián en Outes ou a rehabilitación dunha antiga fábrica de salazón como casa rural en Aldán.

A cita serve como punto de arranque do proxecto SEALabHaus impulsado pola Universidade da Coruña e financiado polo programa Interreg Espazo Atlántico 2021-2027 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Esta iniciativa ten como obxectivo a creación dunha plataforma que serva para difundir iniciativas que axuden a transformar, revitalizar e potenciar o ecosistema costeiro, a súa arquitectura, cultura, bens e profesións en equilibrio co mar como factor de resiliencia, benestar e sustentabilidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24345 {"title":"Alfonso Villares sitúa Galicia á vangarda na defensa da cultura marítima e enxalza o Pcuma como folla de ruta das actuacións con horizonte no 2030","published_date":"2024-05-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053337\/20240514+conselleiro+no+foro+SEALabHaus++11.jpg","id":"24345"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-14/24345-alfonso-villares-situa-galicia-vangarda-na-defensa-da-cultura-maritima-e-enxalza-pcuma-como-folla-ruta-das-actuacions-horizonte-2030 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.