A Xunta lanza a web de Redemar para achegar a súa actividade e o coñecemento adquirido ao sector pesqueiro e ao gran público

  • O portal, que se desenvolveu en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, amosa o traballo desta rede de colaboración entre os profesionais e os organismos científicos galegos
  • En 2023 Redemar desenvolveu nove proxectos de investigación e viu incrementado o seu orzamento un 42% este ano ata o 1,8 millóns de euros

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

A Consellería do Mar creou no ano 2022 ao amparo do Programa Operativo para España do anterior Fondo Europeo Marítimo e Pesca (Femp) a rede de colaboración entre o sector pesqueiro e os organismos científicos galegos co obxectivo de fomentar o intercambio e a transferencia de coñecementos e aportar novas respostas aos desafíos presentes e futuros aos que se enfronta a actividade pesqueira. No seu primeiro ano, esta plataforma estivo desenvolvendo a súa misión entorno a seis grupos de traballo e 9 proxectos de investigación que contaron coa participación das tres universidades galegas, do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), das federacións de confrarías Galega e da provincia de Pontevedra así como de máis de 18 pósitos.

Na liña de ampliar as canles de intercambio de información e a visión xerada sobre as actividades do seus membros a Xunta lanza a web de Redemar https://redem' title='https://redemar.xunta.gal/gl">'>https://redemar.xunta.gal/gl">a' title='https://redemar.xunta.gal/gl">'>https://redemar.xunta.gal/gl">r.xunta.gal/gl co obxectivo tamén de que sirva como novo escaparate tanto dentro como fóra do sector do mar no cal dar a coñecer o traballo que se está a desenvolver entre o gran público. Na páxina web os usuarios poderán atopar diferentes apartados nos que coñecer as xuntanzas celebradas, proxectos e actividades executadas e os seus resultados, información dos grupos de traballo así como un espazo no que descargar a documentación necesaria para realizar novas propostas á Rede.

O portal, que se desenvolveu en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), emprega ferramentas de código aberto e garante os requisitos de usabilidade e accesibilidade que estable a Administración autonómica na súa política de presenza en internet.

Novo reforzo

A Xunta dá un novo paso no reforzo da actividade de Redemar que viu incrementado o seu orzamento esta ano nun 42% ata alcanzar o 1,8 millóns de euros. Desde a Consellería do Mar ponse en valor a decidida aposta pola capacidade investigadora galega ao servizo das necesidades reais en materia de ciencia mariña e de aí a necesidade de continuar potenciando esta plataforma como punto de conexión  na que orixinar máis oportunidades de colaboración que permitan constituír novos proxectos de investigación en beneficio do mar de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278721 {"title":"A Xunta lanza a web de Redemar para achegar a súa actividade e o coñecemento adquirido ao sector pesqueiro e ao gran público","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"278721"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278721-xunta-lanza-web-redemar-achegar-sua-actividade-e-conecemento-adquirido-ao-sector-pesqueiro-e-ao-gran-publico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.