Galicia demanda ante a UE a defensa das zonas dependendentes da pesca, da actividade artesanal e políticas a favor da remuda xeracional no sector

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica en funcións, Antonio Basanta, participou este mércores  na conversa organizada polo Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia na que abordou as 'Achegas de Galicia á Política Pesqueira Común (PPC)', destacando entre os puntos máis importantes que se demandan desde a comunidade á hora de reformar a PPC a necesidade de velar polas zonas altamente dependentes da pesca, defender a actividade artesanal e promover a articulación de medidas que propicien a tan necesaria remuda xeracional neste sector estratéxico para a comunidade galega.

Unha década despois desde a última reforma de calado tanto o sector como a propia Xunta demandan cambios importantes que lle devolvan o equilibrio á política pesqueira europea, hoxe escorada cara ao ambientalismo, para que o compoñente social e o económico se sitúen á par como os tres piares do sector marítimo-pesqueiro, reclamou Antonio Basanta. Defendendo sempre a aposta pola sustentabilidade da frota galega, tamén demandou que esta nova PPC se sustente sobre unha base científica sólida e chegue ao conxunto da cadea mar-industria, desde a actividade extractiva e a acuicultura ás empresas transformadoras e os seus traballadores.   

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23158 {"title":"Galicia demanda ante a UE a defensa das zonas dependendentes da pesca, da actividade artesanal e políticas a favor da remuda xeracional no sector","published_date":"2024-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23158"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-20/23158-galicia-demanda-ue-defensa-das-zonas-dependendentes-da-pesca-da-actividade-artesanal-e-politicas-favor-da-remuda-xeracional-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.